Skip to Content

Alumnos do centro

 

Durante cada curso académico entregaraselle aos alumnos matriculados no Centro unha solicitude de Reserva de praza para contar ou non coa súa praza. Esta solicitude ten un prazo de entrega estipulado polo Equipo Directivo (15 días mínimo). No caso de non entregar na Secretaría este documento, o alumno perderá O DEREITO a súa praza para o curso seguinte.

 

As datas de matriculación serán competencia do Equipo Directivo da Escola, podéndose establecer nos meses de xuño/xullo, unha vez rematado o período lectivo, ou no mes de setembro, segundo a organización que o Centro estableza aos efectos oportunos. Para isto estableceranse os prazos oportunos anunciados coa suficiente antelación.

Os alumnos de Mantemento realizarán a matrícula no mes de Setembro unha vez rematada a matriculación dos alumnos de Música en Movemento, Preparatorio, 1º, 2º, 3º, e 4º de Escola. Para estes alumnos reservarase, como mínimo, o 5% das prazas convocadas. 

O alumnado que polo motivo que sexa non efectúe a matrícula nos ditos prazos establecidos, perdendo polo tanto a praza no Centro, poderá presentar unha solicitude de admisión, aportando a documentación requirida perante o Equipo Directivo, que autorizará ou non a matrícula fóra de prazo.



page | by Dr. Radut