Os alumnos, que non teñen formación musical, e queiran acceder á Escola de Música deberán facelo no curso de Preparatorio e deberán cubrir unha solicitude de praza e presentala por Rexistro nas oficinas do Centro durante todo o ano.
Estes alumnos poderán acudir ós Cursos de Captación para Música en Movemento ou Preparatorio (idades de entre 5 e 10 anos aprox.) e realizarán unha clase de proba nestes cursos de captación para ser ordeados nas Listas de Acceso.
Unha vez confeccionada a Lista de Espera, no período de matriculación estipulado polo Equipo Directivo (xuño-xullo), comunicarase o número de alumnos admitidos, quedando o resto nunha Lista de Espera que podería volver a moverse en Setembro-Outubro.