Skip to Content

Alumnos externos

Para todos os alumnos externos que queiran acceder á Escola o Equipo Directivo elaborará unha Lista de Entrada.

Unha vez confeccionada  a Lista, no período de matriculación estipulado polo Equipo Directivo (xuño-xullo), comunicarase o número de alumnos admitidos, quedando o resto nunha Lista de Espera que podería volver a moverse en Setembro-Outubro.

 

Polas características da Escola, compre explicar que teñen preferencia os alumnos das Probas de Acceso de 1º de Grao Profesional e Preparatorio e Música en Movemento da Escola, despóis os alumnos de Acceso a cursos intermedios de Grao Profesional e da Lista de Espera ós cursos “regrados” intermedios da Escola, e finalmente os alumnos de Mantemento de novo ingreso.

 

Para os alumnos de Acceso Extraordinario (Mantemento) o Centro reservará, como mínimo, o 5% das prazas convocadas.



page | by Dr. Radut