Pérdida de Avaliación Continua (GP)

Tal como se recollle no Artigo 13 do NOF (Normas de Organización e Funcionamento) o alumno que falte a clase pode perder o dereito á avaliación continúa.

Artigo 13. Perda do dereito á avaliación continua

O alumnado perderá o dereito á avaliación continua se, por calquera circunstancia, falta 4 veces no Trimestre a clase nas materias dunha sesión semanal ou 7 no caso de materias de dúas sesións semanais (sexan ou non xustificadas indistintamente). En calquera caso, as faltas que leven aparellada unha perda de avaliación continua deberán de estar perfectamente documentadas nos sistemas dos que dispón o Centro, das que deberá ter coñecemento oportuno a Xefatura de Estudos, xa sexa a través do seguimento do Plan Acción Titorial ou nas sesións de Comisión de Coordinación Pedagóxica.

A perda do dereito á avaliación continua en dúas ou máis materias, sendo unha delas a especialidade instrumental e con polo menos un 60% das faltas sen xustificar, terá a consideración de falta grave e aplicaranse as medidas correctoras correspondentes.

O alumnado que por faltas de asistencia perda o dereito á avaliación continua, perderá tamén o dereito adquirido sobre o horario das clases que acordou cos profesores/as ao inicio do curso, podendo dispoñer de ditos horarios outro alumno/a, sempre que a porcentaxe de faltas inxustificadas fora do 60% do total no trimestre e o 60% do total anual.

En caso de faltas xustificadas, o/a alumno/a será remitido aos acordos do departamento.

Queda a criterio do/a profesor/a, e no seu defecto do propio Departamento da materia, establecer as medidas que estime oportunas para avaliar ao alumnado en caso de perda de avaliación continua por causas xustificadas.

 

 En calquera caso, o alumnado sempre terá dereito a dúas convocatorias: a ordinaria de xuño e a extraordinaria de setembro.