CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Secretaría

Taboleiro de Secretaría

Recoller Vales de libros e Material. Fondolibros

Recoller do 6/7 - 10/7 ou en setembro

horario: 9:00 a 14:30.

 

Aberto o prazo para solicitar comedor escolar

Ata o 10 de xullo ou os primeiros días de setembro.

Queres ser colaborador/a no comedor?

Relación de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21

 

Formalización de matrícula para o curso 2020-21 (so alumnado novo)

Remata 10/7

 

Para conectarse nas reunións de videoconferencia

Vales de libros e material curso 2020-21. Fondolibros

Temos xa á vosa disposición os vales de axudas para adquisición de material escolar e de libros de texto.

Se polas condicións da convocatoria, tedes dereito a algún destes vales, podedes pasar polo colexio entre o luns 13  e o venres 17 de xullo,  en horario de 9:00 a 14:30 h.

Non precisades pedir cita previa, aínda que deberedes respectar as medidas habituais de seguridade:

  • Levarase mascarilla
  • Tedes á vosa disposición hidroxel para desinfectar as mans ao chegar.
  • Traede bolígrafo propio para asinar a recollida
  • Se hai que facer cola, gardarase en todo momento a distancia de seguridade.

A quen afecta?

Vales de axudas de material:  Todos os cursos teñen dereito a esta axuda, dependendo das condicións da convocatoria.

Vales de axuda para adquisición de libros de texto: alumnado de  1º e 2º curso.

 Fondolibros:

Os libros de texto para 3º e 4º serán adxudicados como préstamo  en función do baremo correspondente.  Temos publicada a listaxe provisional de reparto de fondos, que podedes consultar na Secretaría ou chamando aos teléfonos 886110737 e 886110738. O prazo para reclamacións está aberto ata o xoves 9,  incluído. O venres 10 publicarase a listaxe definitiva.

Solicitude de praza no comedor escolar para o curso 2020-21

Nestes momentos non saiu a convocatoria.

Formalización Matrícula para o curso 2020-21

Quen ten que realizar este trámite?

Todo o alumnado que se escolarice por primeira vez no colexio.  Os nosos alumnos/as xa renovan automáticamente a matrícula sen precisar ningunha xestión.

Cando hai que facelo?

O  prazo establecido pola Consellería de Educación vai dende o día 1 ao 10 de xullo.  No colexio establecemos un horario de 9:30  a 13:30 horas

Que documentación hai que traer?

Para a formalización de matrícula teredes que traer ao CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán a seguinte documentación:

  • Anexo III de formalización de matrícula 
  • Folla Complementaria de matrícula
  • 2 fotos de carnet.
  • 1 fotocopia do DNI dos titores legais.
  • 1 fotocopia do libro de familia de tódalas páxinas que estén cubertas.
  • 1 fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)
  • 1 Fotocopia da cartilla sanitaria.
  • Certificado de matrícula do centro no que estaba escolarizado.
  • Certificado de empadronamento (solicitádeo no concello de Tomiño dicíndolle que é para o noso cole

Casos especiais:

  • En caso de separación ou divorcio  Sentencia Xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor (En caso de separación)
  • En caso de Alumnado ACNEAE: informes médicos achegados pola familia.

Como podo resolver calquera dúbida?

Podes enviar un correo a cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal, ou chamar aos números 886110737 ou 886110738,  no mesmo horario de 9:30 a 13:30 h.-

Axuda fondo libros e material curso 2020/2021

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/2021

A Conselleria de Cultura e Ordenación Universitaria convocou O Fondo Solidario  e Axudas para adquirir Libros de texto e Material escolar en Educación Primaria e Secundaria para o Curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020).  Esta Orde ten por obxecto regular o procedemento relativo á:

  •  Participación no fondo solidario de libros. Alumnado de 3º, 4º Primaria.
  •  Axudas para adquirir libros de texto.  Alumnado de 1º e 2º Primaria
  •  Axudas para adquirir material escolar. Alumnado de 1º a 6º de Primaria
  •  Presentación de solicitudes. Do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020.

Enlace onde se pode cubrir as solicitudes:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Documentación a presentar

  • Anexo I e Anexo II.
  • Fotocopia do DNI, do libro de familia e outra documentación complementaria de ser o caso. Importante en caso de separación ou divorcio hai que presentar a sentencia xudicial e/ou o convenio regulador da custodia.
  • Os datos dos membros computables da unidade familiar e renda son a efectos do 31 de decembro de 2018 ( casillas 435 e 460).

Tramitación:

Segundo a normativa, e tendo en conta a realidade actual, será preferible a tramitación de forma telemática, para o que precisaredes contar cun certificado dixital no ordenador ou a Chave365.

Como alternativa, poderedes presentar no colexio a documentación indicada. Neste caso, respectando estas indicacións:

Horario:  de luns a xoves, de 9:30 a 14:00 h, seguindo este calendario:

Días: 25 a 28 de maio

Alumnos:  Os que pasan para 2º e para 3º

 

Días: 1 a 4 de xuño

Alumnos:  Os que pasan para 4º e 5º

 

Días: 8 a 11 de xuño

Alumnos:  Os que pasan para 6º, así como os novos alumnos que veñen doutros centros.

 

Días: 15 a 18 de xuño

Alumnos:  os que veñen para 1º procedentes do CRA Mestre Manuel Garcés

 

Todos eles poderán vir nos días e no horario indicado. Se algunha familia non pode realizar este trámite neses días, deberá chamar ao colexio para acordar outro momento, dentro das posibilidades:  886110738  886110737.

Procedemento para os que acudan ao colexio a realizar esta xestión:

Deberán respectar en todo momento a normativa sanitaria establecida segundo os protocolos de seguridade:

  • Virá unha soa persoa
  • Traerá mascarilla
  • Respectará en todo momento a distancia de seguridade no caso de ter que facer fila.
  • Procurará tocar o mínimo de obxectos no centro.
  • Traerá un bolígrafo para poder completar información no seu caso.
  • Traerá a documentación cuberta, con todos os datos e asinada pola totalidade das persoas que teñan que asinar. (Se non ten medios para descargar e imprimir esa documentación, poderá recollela aquí)
  • Manterase aberto o portal de vehículos para que accedades ao recinto en coche, aparcando no patio central ou no aparcadoiro de profesores.

Enlaces importantes:

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2020-21

REÁBRESE O PROCESO DE SOLICITUDE  DE MATRÍCULA NO COLEXIO. 

Para alumnado procedente doutros centros

Prazo: do luns 11 ao luns 18 de maio

Está aberto o prazo para solicitar a matrícula de alumnado no curso 2020-21

Poderedes facelo no colexio, presentando o documento que se adxunta, ou ben a través da aplicación web admisionalumnado.

Atenderase con cita previa; o horario de Secretaría para chamar é de luns a venres, entre 9:25 horas e 12:00 horas.

As persoas que xa chamaron ao centro en época de confinamiento serán chamadas entre o luns e o martes dende o colexio.

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 18 de maio

Podedes consultar máis información no seguinte enlace

Formulario de solicitude para presentar no centro: Anexo I e Anexo II

Nota: O alumnado que fixo reserva dende o CRA ou o que reservou para o IES non ten que facer nada neste momento;  o seu prazo de formalización de matrícula é do 1 ao 10 de XULLO. (Pero de todas formas avisaremos)

Proceso de matrícula para curso 2019-20

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A totalidade dos solicitantes de admisión foron admitidas, por non ter superado o número de prazas ofertadas.  Están publicadas no taboleiro de Secretaría do centro as relacións de admitidos. Póndense consultar en horario de apertura do colexio (9:25 a 14:40 e 16:00 a 18:00 horas)

................

Está aberto o prazo de matrícula para o curso 2019-20.   Se queredes solicitar praza no colexio  para o próximo curso, podedes facelo a través da aplicación web ou presentando un impreso (Anexo II) no colexio.

Prazo:   entre o 1 e o 20 de marzo (incluídos)

prazas ofertadas:

Curso Prazas ofertadas
21 + 6 (*)
23
19
17
11
10

(*) Prazas reservadas para NEE

 

 

Para descargar o modelo Anexo II podes pinchar no enlace da imaxe. Alí accederás a toda a información do proceso.

Tamén podes recoller o impreso na Secretaría do centro (horario:  de 9:25 h  a 12:00 horas),  e  consultarnos para dúbidas no tfno 886 110 737.

Solicitudes usuarios servicio de comedor

Solicitude de praza no comedor

Está aberto o prazo para presentar solicitudes de comedor no colexio para o próximo curso escolar 2018/19. 

Sen non o fixestes aínda, lembrade que cada ano hai que solicitar de novo este servicio. Para iso hai que presentar impreso   na secretaría do centro.  No documento que vos adxuntamos xa veñen incluídas as instrucións. Lembrade que debe vir asinado polos dous proxenitores, no seu caso.

 

Persoal para colaborar no comedor.

Está aberto o prazo para solicitar ser colaborador/a no servizo de comedor escolar do centro.

E requisito imprescindible ser nai /pai /titor legal de alumnos do centro.

De entre as solicitudes recibidas seleccionaranse as que dende o Consello Escolar se consideren máis idóneas para esta colaboración.

Esta colaboración ten carácter altruísta, a título de colaboración social desinteresada, ainda que a Consellería aboará unha compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados, que será de 9,39 € cada día de asistencia.

Podedes recoller a solicitude na Secretaría ou descargándoa aquí.

Para presentala, podedes facelo ata o día 13 de xullo, ou tamén durante o mes de setembro (preferentemente nos primeiros días)

Horario de Secretaría:  10:00 a 13:00 h.

 

Axudas libros, fondolibros e axudas material

Vales para adqusición de libros

Comunicamos que xa temos a disposición das familias os vales para axudas de adquisición de libros en 1º e 2º curso.


 

Vales para adquisición de material escolar

Tamén están listos os vales para adquisición de material escolar nos 6 cursos de primaria. 

Nos dous casos teredes que pasar a recollelos na Secretaría en horario de 10:00 a 13:00 horas. 


 

Fondolibros:

Dado que nos cursos 5º e 6º somos centro EDIXGAL, non funciona nestes o préstamo de fondolibros, quedando soamente para 3º e 4º.

Está publicada a lista provisional de alumnado co número de libros adxudicados do fondo (alumnado de 3º e 4º curso de primaria)  Esta primeira listaxe será provisional, e poderá sufrir modificacións en base a reclamacións ou erros. Ábrese o prazo de reclamacións a este listado ata o venres, día 6 de xullo.

O luns 9 de xullo publicaranse nos mesmos medios a relación definitiva, xa cos libros concretos que se prestarán a cada alumno.

En todo caso,  os libros de préstamo que se adxudiquen, entregaranse a cada alumno no mes de setembro, comezado o curso.

Matrícula para o curso 2018-19

Rematado o proceso de matrícula para o curso escolar 2018/19,  estes son os datos de alumnado inscrito:

Curso Nº alumnos/as matriculados/as
28
30
34
38
40
31

 

Matrícula fóra de prazo.

No caso de que por circunstancias extraordinarias, teñan que cambiar de centro ao fillo/a, como traslado de domicilio ou de traballo, pode matricularse en calquera momento do curso escolar, pero coas condicións seguintes:

  • Unha causa xustificada dentro das contempladas para este tipo de matrícula
  • Autorización da Inspección Educativa.

Para iso deberase presentar na Secretaría do centro a solicitude específica:

Solicitude admisión fóra de prazo

Tamén deberá presentarse o Anexo A que figura máis abaixo.

 

Formularios de admisión ordinarios (no período de matrícula)

Anexo II

Anexo A

Acompañaredes tamén outra documentación que podedes ver nestas instrucións

O horario preferente para atención na Secretaría será de 9:30 a 13:00 horas durante este período. Se tivérades dificultades, consultade telefónicamente para ser atendidos noutro momento.

 

Podedes consultar calquera dúbida no centro, ou chamando aos números:

886 110 737      886 110 738    886 110 736

Folleto informativo do colexio

 

Equipo Directivo

ven ao cep pedro caselles from Alfonso Lorenzo on Vimeo.

Distribuir contido