CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Secretaría

Benvidos novo alumnado

Os nenos e nenas do CEP Plurilingüe Pedro Caselles ensinan o centro ao novo alumnado que ven para primaria para o próximo curso, espero que vos guste.

 

CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

B/ Mosteiro S/N

CP 36740 - Tomiño

TFL: 886//0738//886110737

Correo: cep.pedro.caselles@edu.x unta.gal

Xornadas de portas abertas no colexio

 Con motivo do inicio do proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar, o centro organiza unhas xornadas de portas abertas para as familias.

Tendo en conta a situación COVID, queremos convidar aos titores legais de alumnos interesados en coñecer o colexio, dun xeito que se  poida garantir a seguridade.

Organizaranse tres xornadas, ás que convocaremos as familias (nais e pais ou titores legais) seguindo un procedemento de reserva previa de visita. Deberán chamar ao  886110738,  seguindo o calendario seguinte, no que priorizaremos:

  1. LUNS  8 DE MARZO, ás 16:00 horas:  familias de alumnado procedente das escolas de  Barro e Estás
  2. MÉRCORES 10 DE MARZO, ás 16:00 horas: familias de alumnado procedente da escola do Seixo.
  3. XOVES, 11 DE MARZO, ás 16:00 horas: familias de alumnado procedente das escolas de Forcadela, Vilachán, Aurora, e calquera outro centro distinto dos de adscrición.

 

Nesta visita haberá grupos limitados, facéndose  unha charla no exterior e un paseo polas instalacións educativas que estarán en todo momento ventiladas, e mantendo as normas habituais de seguridade: uso de mascarilla, hixienización de mans, etc.

No caso de que o número de visitas solicitadas supere as cifras previstas, programaríamos algunha xornada máis.

A visita terá unha duración aproximada de 60 minutos, e nela poderemos aclarar dúbidas sobre os distintos aspectos do proceso de admisión, así como das liñas xerais de funcionamento do colexio.

Por seguridade non poderán acudir os menores. Para eles valorarase a visita no final de curso, en función da situación epidemiolóxica.

 

Admisión Alumnado 21/22

Esta aberto o período de admisión para o curso 21/22.

Quen ten que facelo?

Alumnado que queira cambiar de centro educativo.

Nota: o alumnado do CRA que xa fixo reserva no centro non ten que facelo.

Cando hai que facelo?

Dende o luns 1 de marzo ata o luns 22 de marzo  (incluído).

Onde o pode facer?

Podese facer no colexio, presentando a documentación que se adxunta, ou ben a través da páxina web admisionalumnado.

En que horario?

Atenderase no horario de secretaria de luns a venres de 9:40 a 12:00 horas.

Que documentación hai que traer?

* Formulario de solicitud para presentar no centro: ANEXO II.

Como podo resolver calquera súbida?

Podedes enviar un correo a cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal

ou chamar ao teléfono 886110738.

Documentación de axuda tramitación Web:

Manual Familias

Prazas ofertadas:

1º de primaria: 16 + 6*  prazas.

2º de primaria: 19 prazas.

3º de primaria: 23 prazas.

4º de primaria: 20 prazas.

5º de primaria: 20 prazas.

6º de primaria: 17 prazas.

(*) Prazas reservadas para NEE

 

Medidores de CO2

Manter a porta e  algunha ventana aberta  que favorezan a ventilación cruzada, é unha das mellores formas de ventilar as aulas. Grazas á nosa ANPA Mosteiro, todos os cursos do centro dispoñen dende hoxe de medidores de dióxido de carbono (CO2) nas aulas.

Así o recomendan  desde "Schools for Health" de Harvard ou desde  o CSIC.

Ao respirar, entre outros gases e partículas, exhalamos dióxido de carbono. Cantas máis persoas, canto máis axitada sexa a súa respiración, canto máis pequena é a habitación e canto peor ventilada está, máis dióxido de carbono se irá acumulando. Por iso a concentración de CO2 serve para avaliar o potencialmente perigosa que é unha estancia, e se a estratexia de ventilación utilizada está resultando eficaz.

As principais autoridades sanitarias, como a OMS ou os CDC, coinciden en que a ventilación dos espazos de traballo é importante para mitigar a transmisión do coronavirus. Optar por espazos ao aire libre sempre que sexa posible, e no seu defecto favorecer a renovación do aire nos espazos cubertos. 

No noso centro ademais das recomendacións sanitarias de manter a hixiene de mans,  levar mascarilla e distancia social, agora contamos cun elemento máis  de seguridade a través destes medidores. 

Unha vez máis, o noso agradecemento á ANPA Mosteiro

 

Reserva de praza no centro adscrito IES Antón Alonso Ríos

Reserva de praza no Instituto:

Segundo a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orden de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado en centro sostidos con fondo públicos, o alumnado de 6º de primaria ten garantida unha praza no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.

Segundo o artigo 2 "o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde.

O Prazo de presentación de solicitudes estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro. O último día de prazo para entregar cuberto este modelo é o luns 8 de febreiro.

Para efectos de confrmar que queredes escolarizar ao voso/a fillo/a neste instituto, debedes presentar cuberto aquí no colexio o modelo que vai anexo adxunto. Este modelo ten que estar asinado polos dous proxenitores.

En caso de que non queirades escolarizar ao voso/a fillo/a no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño agradecemos que nolo comuniquedes por teléfono (886110738) ou cunha nota na axenda do voso/a fillo/a.

Un saúdo

O Equipo Directivo

Contitución Xunta dos nenos

Distribución de máscaras entre o alumnado 2020/2021

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os procedementos para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado no curso 2020/2021.

Prazo:

16/11/2020 - 27/11/2020

Alumnado destinatario:

a) Non ten que presentar solicitude:  Alumnado beneficiario  da axuda de material escolar no curso 2020/2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario de axuda de material no curso 2020/2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65

Presentación de solicitudes .a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

Documentación:

1. As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

 a) Solicitude (Anexo I)

b) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 c) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 d) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 Renda per cápita da unidade familiar:

É o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (Recadro 432) e a base impoñible do aforro (recadro 460) entre o número de membros computables.

Membros computables da unidade familiar:

a) Pais non separados legalmente nin idvorciados.

b) Fillos /as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente.

d)Fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

g) Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

 

Becas ACNEAE 20/21

Becas e axudas para alumnos e alumnas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo curso 2020- 2021 (Abrese enlace)

Convocatoria: 

Resolución da secretaría de estado de educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2020-2021

·       Convocatoria das axudas (abrese enlace)

 

·       Anuncio da convocatoria no BOE (Abrese enlace)

 

Prazo de presentación da solicitude:

Do 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

Quen a pode Solicitar

·      Beneficiarios:

- Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta:

a)    Alumnado con TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.

Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (trastorno do espectro autista) non incluídos no parágrafo anterior e que requiran estes apoios e atencións educativas específicas.

b)    Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas. 

     Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (trastorno do espectro autista), pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.

c)    Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Pasos para solicitala

Cliquea sobre a imaxe e levarate a sede electrónica

Como se che indica máis arriba unha vez que a teñas impresa en formato pdf,

- Firmar todos os maiores de 18 anos

traea ao centro xunto con:

- Certificado de discapacidade de, ao menos, o 33 por cento en caso de alumnos ou alumnas con discapacidade.

- Certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.

- Memoria  expedida polo Gabinete reeducador que preste o servizo na que conste  información detallada das características dos memos, incluindo número de horas semanais e especialistas que o prestan así coma o coste mensual.

- Declaración responsable da  Gabinete que imparta a reeducación.

- Fotocopia da conta bancaria onde o neno/a figure como titular ou cotitular.

- Fotocopia dos DNIs de todos os membros computables.

http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Solicitude comedor no curso 2020/21

Está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar o próximo curso escolar 2020/21.

Deberedes presentar na Secretaría  o modelo que se adxunta, debidamente cuberto. 

Prazo 1º: ata o 10 de xullo (o día 29 de xuño non estará aberta a Secretaría)

Prazo 2º: Do 1 ao 8 de setembro

Impreso de solicitude (formato PDF)

Impreso de solicitude (formato DOC)

Inicio de curso 20/21

 INICIO CURSO

Estimadas familias:

Este curso escolar, como xa
sabedes, está cheo de novidades pola nova situación que estamos vivindo pola
pandemia do COVID-19.

En primeiro lugar
tranquilizarvos, xa que dende o centro se están tomando todas as medidas
necesarias para minimizar os riscos de contaxio (hixiene, organización...)

En todo momento estaredes
informados do protocolo existente, que estará colgado na páxina web do centro,
e dos cambios que se poidan producir debido á evolución da situación.

PRINCIPALES
CAMBIOS

ACCESO AO CENTRO

Os pais/nais/titores legais,
non poderán acceder ao centro por norma xeral. Toda comunicación co mesmo, será
a través de correo electrónico, chamada telefónica... (incluso as titorías cos
mestres priorizaranse de xeito telemático ou telefónico).

 Se chegades tarde, deixaredes ao alumno/a na
porta de acceso, e este entrará para o centro.

Se tedes que recollelo antes
do final da xornada, previa chamada ao centro, poderedes entrar a secretaría a
recoller ao neno/a.

Para recoller ao alumnado ao
final da xornada, para os que non se quedan ao comedor, teredes que esperalos
na verxa exterior do recinto do cole, e os mestres que os entregan darán a
volta ao edificio administrativo para ver aos pais e facer entrega dos
nenos/as.

A
principio de curso para traer o material escolar podedes mandarllo aos nenos/as
aos poucos.


MODELO AUTODECLARACIÓN

Cubriredes o Modelo de
declaración responsable que se vos adxunta, no que vos comprometedes a non
enviar ao alumno/a se presentara calquera tipo de síntoma compatible coa
COVID19 (e tomar a temperatura antes do inicio da xornada, a cal non pode
superar 37,5ºc).

MEDIDAS NAS AULAS

Material individual e
etiquetado.

Se hai necesidade de compartir
algún, este será desinfectado.

Uso de máscara.

Limpeza das mesas e material.

Ventilación.

Hixiene de mans a entradas e
saídas así como noutros momentos da xornada escolar.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Non haberá actividades
extraescolares nin deporte escolar á espera da evolución da pandemia.

A biblioteca do centro, non
abrirá polas tardes ata o 1 de outubro. A partir desa data, só permitiremos un
aforo máximo de 10 nenos/as. Para poder facer uso deste servicio, haberá que
solicitalo cun día de antelación chamando a secretaría. En caso de superar ese
aforo, quedará fóra o alumno/a que máis días do curso leva acumulados fixera uso
da mesma. En caso de empate priorizaranse os cursos baixos e por último a orde
de presentación da solicitude.

"RIÑONERA"

Cada alumno/a terá que traer
ao colexio unha "riñonera" cun bote de xel hidroalcohólico, unha
máscara de reposto e un paquete de panos desbotables.

TRASPORTE ESCOLAR E COMEDOR


El misterio del autobús verde

O trasporte escolar seguirá
funcionando con todas as medidas de prevención: subir ordeadamente, sentarse
sempre na mesma praza e levar sempre a máscara. Non se poderá facer uso de
autobuses diferentes.

O comedor escolar usará
bandexas individuais con tapa, estarán separados por mamparas de policarbonato
e agrupados por clase.

ABALAR MOBIL

Sería convinte que todas as
familias tiverades activado o Abalar Mobil para recibir notificiacións, e
intentar reducir dende o centro as notas impresas.

O documento Plan de adaptación á situación COVID 19 no
curso 2020/2021
estará sempre actualizado na páxina web do cole e debedes
coñecelo xa que nel se contemplan todos os aspectos relacionados coa
seguridade.

Festivo


O luns 14 é festivo en Tomiñoi polo que non haberá clase.

FOLGA

O xoves 10 de setembro hai convocada unha folga de docentes. Dende o centro garantizase os servizos mínimos.


Atentamente o Equipo Directivo


Distribuir contido