CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Medidores de CO2

Manter a porta e  algunha ventana aberta  que favorezan a ventilación cruzada, é unha das mellores formas de ventilar as aulas. Grazas á nosa ANPA Mosteiro, todos os cursos do centro dispoñen dende hoxe de medidores de dióxido de carbono (CO2) nas aulas.

Así o recomendan  desde "Schools for Health" de Harvard ou desde  o CSIC.

Ao respirar, entre outros gases e partículas, exhalamos dióxido de carbono. Cantas máis persoas, canto máis axitada sexa a súa respiración, canto máis pequena é a habitación e canto peor ventilada está, máis dióxido de carbono se irá acumulando. Por iso a concentración de CO2 serve para avaliar o potencialmente perigosa que é unha estancia, e se a estratexia de ventilación utilizada está resultando eficaz.

As principais autoridades sanitarias, como a OMS ou os CDC, coinciden en que a ventilación dos espazos de traballo é importante para mitigar a transmisión do coronavirus. Optar por espazos ao aire libre sempre que sexa posible, e no seu defecto favorecer a renovación do aire nos espazos cubertos. 

No noso centro ademais das recomendacións sanitarias de manter a hixiene de mans,  levar mascarilla e distancia social, agora contamos cun elemento máis  de seguridade a través destes medidores. 

Unha vez máis, o noso agradecemento á ANPA Mosteiro