CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Secretaría

Vacacións Semana Santa

Hoxe comezamos as vacacións de Semana Santa. Esperamos que disfruten os vosos fillos/as.

Estaremos de volta o martes 19. 

Boas vacacións

Xornada de portas abertas

O martes 8 de marzo de 2022 de 17 a 18h faremos unha xornada de portas abertas no centro.

Reserva a túa visita no 886110738.

(Cliquea na imaxe)

Reserva de praza para o alumnado do CRA 2022/2023

Todo o alumnado procedente das unitarias do CRA que fixo reserva como centro adscrito no noso colexio entre o período comprendido entre o  11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, está admitido.

Podedes consultar, se queredes, a listaxe na secretaría do centro.

O próximo paso, para vós, será a formalización de matrícula  do 20 ao 30 de xuño.

Nese momento teredes que traer ao CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán a seguinte documentación:

  •  Anexo III de formalización de matrícula.
  •  Folla complementaria de matrícula.
  •  2 fotos de carnet.
  •  1 fotocopia do DNI dos titores legais.
  •  1 fotocopia do libro de familia de tódalas páxinas que estén cubertas.
  •  1 fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten).
  •  1 fotocopia da cartilla sanitaria.
  •  Certificado de empadronamento (solicitádeo no Concello de Tomiño, dicíndolle que é para o noso colexio).

Casos especiais:

  •  En caso de separación ou divorcio Sentencia Xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  •  En caso de Alumnado ACNEAE, informes médicos achegados pola familia.

O documentos, preferiblemente, deben ser firmados por os/as titulares da patria potestades ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesario a sinatura de ambos proxenitores/as.

Para resolver calquera dúbida:

  • Enviar un correo ao cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal
  • Chamar ao número 886110738 no mesmo horario de 10:00 a 12:00.

 

Proceso de Admisión de alumnado curso 2022/2023

Admisión de Alumnado para o curso 2022/2023

O período de admisión para o curso 2022/2023, comprende dende o 1 de marzo ao 21 de marzo de 2022.

Quen ten que facelo?

Alumnado que queira cambiar de centro educativo.

Cando hai que facelo?

Dende o martes 1 de marzo ata o luns 21 de marzo (incluído)

Onde o pode facer?

  •  No colexio, presentando a documentación que se adxunta (a partir do xoves 3 de marzo)
  •  A través da páxina web admisionalumnado (Dende o 1 de marzo)

En que horario?

Atenderase no horario de secretaría de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas.

Que documentación hai que traer?

  • Formulario de solicitude para presentar no centro: Anexo II
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue.
  • Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.
  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador  onde conste a custodia.
  • En caso de Alumnado con necesidades educativas especiais, informes médicos.

Os documentos, preferiblemente, deben ser firmados por os/as  titulares de patria potestade ou representante legais. No caso de separación ou divorcio, será necesario a sinatura de ambos proxenitores/as.

Como podo resolver calquera dúbida?

  • Podedes enviar un correo a cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal
  • ou chamar ao teléfono 886110738

Documentación de axuda se queredes tramitalo vía web:

Manual Familias

Prazas ofertadas:

  • 1º de primaria: 13+6* prazas
  • 2º de primaria: 17 prazas.
  • 3º de primaria: 21 prazas.
  • 4º primaria: 26 prazas.
  • 5º de primaria: 20 prazas.
  • 6º de primaria: 21 prazas.

(*) prazas reservadas para Necesidades Educativas Especiais

Reserva de praza e admisión para curso 2023/24

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24

Solicitude de Reserva

Novas:

No taboleiro de secretaría, pódese consultar:

* Todo o alumnado que fixo reserva de praza no CEP Plurilingüe Pedro Caselles, está admitido.

   Tendes a relación de alumnado do CRA Mestre Manuel Garcés que solicitou reserva de praza no taboleiro de secretaria do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán.

* Relación de alumnado do noso centro que solicitou reserva de praza no IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).

do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

O 16 de xaneiro comeza o proceso para escoller centro educativo para o curso 2023/24.  

Este proceso poderase seguir nesta páxina, que iremos modificando conforme avance o calendario.

A aplicación admisionalumnado permitirá realizar distintas actuacións relacionadas co proceso, e tamén nela hai axudas para resolver dúbidas.

O primeiro paso: reserva no centro de adscrición

Os alumnos e alumnas do noso centro que rematan curso este ano (os de 6º), deberán confirmar, se o desexan, a reserva no seu centro de adscrición: o IES Antón Alonso Ríos. Isto garantizaralles a praza por pleno dereito nese centro.

Para iso debedes cubrir o documento de reserva, que poderedes facelo por tres métodos, tal como se explica nesa páxina, e presentar no noso colexio (non tedes que ir ao IES Antón Alonso a solicitalo). O prazo para realizar este procedemento comeza o día 16de xaneiro e remata o 6 de febreiro.

Modelo de reserva de praza

Que ocurre se non fago a reserva?

Posteriormente poderei solicitar praza nese centro, pero xa terei que presentala alí, e a adxudicación de praza dependerá das vacantes disponibles.

E para o resto do alumnado, se non quero cambiar de centro, teño que facer reserva?

Non. Se o voso fillo ou filla vai continuar no CEP P. Pedro Caselles, non tedes que facer nada, a renovación é automática.

Solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo de 2023

Cando podo facer o proceso de Admisión? Do 1 ao 20 de marzo

Quen pode facelo? Quen non fixo reserva de praza noutro centro.

Modelo de solicitude de admisión

 

 Normativa legal de referencia:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Renovación Consello Escolar

Rematado o proceso de votacións, quedou configurado o novo Consello Escolar. Presentáronse 5 mestres/as e 4 pais/nais, cos que se cubriron a totalidade das prazas vacantes.

O proximo curso volverá a celebrarse o proceso de renovación parcial, xa que o que rematamos, correspondía ao ano 2020.

Podedes consultar a configuración do Consello Escolar no seguinte enlace.

 

 

Axuda Fondo libros e material curso 2021/2022

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocou o fondo solidario e axudas para adquirir libros de texto e material escolar en Educación primaria para o curso 2021/2022 ( Orde do 6 de maio de 2021. Está Orde ten por obxecto regular o procedemtno relativo á:

  • Participación no fondo solidario de libros. Alumnado de 3º e 4º de primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto. Alumnado de 1º e 2º de primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar. Alumnado de 1º a 6º de primaria.
  • Presentación de solicitudes. Do 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021.

Enlace onde se pode cubrir as solicitudes:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Documentación a presentar:

  • Anexo I e Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademáis, a sentenza xudicial e /ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Os datos dos membros computables da unidade familiar e renda son a efectos do 31 de decembro de 2019.

Explicación máis detallada pinchar aqui

Enlaces importantes:

 

 

 

Enquisa de diagnose da Convivencia 2021

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (director, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP e 6ºEP" en
https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

As familias enviaraselle as claves a través dos seus fillos, e ao resto daselle as claves no centro.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

AXUDA:

* Manual de uso dos Cuestionarios.

* Cuestionario en pictogramas.

* Preguntas frecuentes.

 

 

 

Distribuir contido