CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Enquisa de diagnose da Convivencia 2021

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (director, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP e 6ºEP" en
https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

As familias enviaraselle as claves a través dos seus fillos, e ao resto daselle as claves no centro.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

AXUDA:

* Manual de uso dos Cuestionarios.

* Cuestionario en pictogramas.

* Preguntas frecuentes.