Título | Resumo |
---|---|
SEMANA DA PRENSA | |
Senta un anaquiño e le un pouquiño |
Inauguramos un novo espazo escolar: un recuncho especial dedicado á lectura compartida! “Senta un anaquiño e le un pouquiño” é unha casiña onde poderedes atopar diversos libros, a cal está deseñada para fomentar o intercambio de libros entre a nosa comunidade educativa. O concepto é sinxelo: podes deixar un libro do que xa gozaches e coller outro que esperte o teu interese. Deste xeito, promovemos a lectura colaborativa e ofrecemos unha oportunidade para descubrir novas historias e aventuras. Convidamos a todas as familias a participar neste emocionante proxecto! Esperamos vervos pronto en “Senta un anaquiño e le un pouquiño” Equipo biblioteca e Equipo Patios.
|
Guia de comunicación segura |
Para escoitalo: |
Obradoiro de escritura de rap |
Hoxe, o alumnado de 3º de EP tivo a oportunidade única de participar nun obradoiro de escritura de rap, impartido por Pedro Iglesias. Foi unha experiencia que non só lles permitiu explorar a súa creatividade, senón tamén aprender sobre a importancia e o poder da palabra.
Durante o obradoiro, os alumnos e alumnas foron guiados por Pedro para explorar diferentes temas e técnicas de escritura de rap. Con este obradoiro queremos animar aos nosos alumnos e alumnas a explorar diversas formas de expresión artística, e este obradoiro foi un exemplo perfecto. A través da música e a poesía, os estudantes puideron expresar as súas ideas, sentimentos e pensamentos.
Agradecemos a Pedro por compartir o seu talento e inspiración con nós, e esperamos seguir ofrecendo experiencias enriquecedoras como esta no futuro.
Equipo de biblioteca. |
11 DE FEBREIRO DE 2024: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA |
O pasado 11 de febrero conmemorarmos o Día da Muller e da Nena na Ciencia, por inciativa da Asamblea das Nacións Unidas. Polo que no 2º ciclo traballaron co kit de materiais achegado pola Xunta de Galicia en relación ao Programa de Polos Creativos. Que experiencia máis enriquecedora!
|
DÍA DE ROSALÍA |
O 23 de febreiro celebrase o Día de Rosalía e no noso cole tivemos unha visita moi especial: un ano máis volveu a visitarnos Rosalía! Desta vez, a nosa autora máis célebre necesitaba a axuda dos alumnos e alumnas do Pedro Caselles para poder escribir o seu poema “Adiós ríos, adiós fontes”. E tal dito, tal feito! Ao longo do día levamos a cabo a actividade “Palabras que fan poesía” enmarcada no proxecto do cole “Somos artesáns” e coa axuda dos nenos e nenas de 5o recreamos os versos deste poema escribindo coa pluma.
Pica na imaxe e visualiza o traballo tan fermoso que se levou a cabo. |
Visita autores |
Celebrando a literatura galega na nosa biblioteca escolar! Este mes, os alumnos de terceiro tiveron a honra de recibir unhas visitas moi especiais na nosa biblioteca escolar. A escritora María Lado, autora do libro "Caramomia", e o talentoso Pere Torabuela, autor de "Formigas", brindáronnos coa súa presenza.
Ao longo deste curso escolar os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo literario destes autores galegos contemporáneos. Leron con entusiasmo as súas obras, explorando as historias cautivadoras e os personaxes memorables que crearon. Durante a súa visita, o alumnado realizou diferentes preguntas a Maria Lado e a Pere Torabuela, compartiu as súas impresións sobre os libros e profundizou no proceso creativo que deu vida a “Caramomia” e a “Formigas”. Esta actividade non só fomenta o amor pola lectura entre os nosos alumnos e alumas, senón que tamén lles brinda a oportunidade de interactuar directamente cos autores, enriquecendo a súa comprensión da literatura galega contemporánea e fortalecendo a súa habilidade para expresarse na nosa lingua materna. Agradecemos sinceramente a María Lado e Pere Torabuela pola súa xenerosidade ao compartir o seu tempo e coñecemento con nós. A súa visita deixou unha pegada, inspirándoos a seguir explorando o fascinante mundo da literatura galega. Continuemos celebrando e promovendo a nosa rica herdanza literaria na nosa querida biblioteca escolar!
|