Título | Resumo |
---|---|
inauguración da biblioteca |
O venres 29 inauguramos a nosa biblioteca |
Día da Biblioteca |
O día 24 de Outubro celebrouse o Día da Biblioteca. Durante esa semana decoramos libros e marcapáxinas. Quedaron preciosos! Ademais recordamos as normas da biblioteca para facer un bo uso deste espazo.
|
TEATRO NA BIBLIO! |
O pasado mes de marzo adicámosllo ó teatro. Nenos e nenas de todos os cursos prepararon dúas obras de teatro moi divertidas, O Caracol Cardiño e O Elefante e os Cegos. Unha vez preparadas representáronas nos momentos lectores para que os demais compañeiros/as puideran disfrutar delas. Contamos cuns actores e actrices marabillosos!
|
Radio Uncas na casa 2 |
Aquí estamos coa segunda entrega de Radio Uncas desde a casa! Nesta ocasión as compañeiras e compañeiros de segundo curso veñen contarnos que tal están a ser os seus días de confinamento. Desfrutade! Radio Uncas na casa 2 Alumnado de 2º: Estamos confinados |
NOVIDADES |
Pásate pola biblioteca, contamos cunha chea de novidades! Xa temos a revista O Papagaio nos nosos estantes así que podedes achegarvos a ollala! Ademais de novos libros sobre alimentación, ecoloxía, cociña … Todos eles súper interesantes e desexando ser lidos! Estes son soamente unha pequena mostra de todas as novidades que vos esperan! |
Radio Uncas na casa 3 |
Benvidos unha semana máis a Radio Uncas na casa! As compañeiras e compañeiros de 4ºB traen, nesta ocasión, un programa cargadiño de novidades e de informacións interesantísimas. Animádesvos a escoitalo? Ides desfrutalo!
Miña casiña meu lar Alumnado de 4ºB |
ANTONIO REIGOSA |
O PRÓXIMO VENRES DIA 4 TEMOS O PRACER DE RECIBIR NO COLEXIO O AUTOR ANTONIO REIGOSA CO MOTIVO DO SEU LIBRO " A ESCOLA DE BRIADOR" QUE OS NENOS E AS NENAS DE 6º CURSO LERON O ANO PASADO.
ESPERAMOS PASAR UN RATO AGRADABLE CON EL E APRENDER MOITAS COUSAS
|
CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO! |
Nesta xornada contamos con dúas actividades moi interesantes. Por unha parte, a mamá de Julia, de cuarto, cóntanos o conto "El frasco de la melancolía", unha obra do Dr. Eduard Estivill e Montse Doménech, que nos fará reflexionar sobre o sentido da felicidade. Moi atentos!!! Ademais, os nenos de segundo, preséntannos uns libros desplegables que fixeron a partir do seu conto favorito! Quedan incribles, animádevos a facer o voso!!!
|
MES DA ILUSTRACIÓN |
Durante o mes de xaneiro dende a biblioteca estivemos a traballar A ILUSTRACIÓN. Nun principio realizamos un concurso no que os participantes debían adiviñar qué artista se agochaba tras as pistas. Foron varios os cativos que lograron dar ca solución: CASTELAO! NORABOA ÓS GAÑADORES/AS!
Ademais realizamos un mural no que se expuxeron varias obras deste coñecido autor.
|
Facemos bonecos de neve! |
Durante o mes de decembro aproveitamos os momentos lectores para preparar un mural invernal!
|
Día de Rosalía |
|
Programa de Radio Escolar 2º Primaria |
Hoxe nenos e nenas de 2º de primaria subimos ao estudo de Radio Uncas para realizar un programa cunha temática que xirou ao redor dos hábitos saudables incidindo na importancia de cada un deles e recolleron unha estatística dos alimentos e dos tipos de exercicio que máis gustan e os que menos prefiren.Desfrutade do programa!
|
COMEZAMOS! |
O pasado mes de Outubro abrimos a biblioteca do cole con moitas ilusións e novas actividades. Este ano contamos cunha novidade que seguro vos vai encantar…. Temos unha cociña na biblio!!Nesta cociña dispoñemos dun MENÚ LECTOR. Cada mes recomendaremos diferentes libros así que… A DEVORALOS! Para ver todas as imaxes, preme aquí. |
Radio Uncas na casa 4 |
Un luns máis aquí estamos cun novo programa de Radio Uncas na casa! Esta semana son as compañeiras e compañeiros 5ºB os protagonistas do programa e veñen contarnos como foi o seu primeiro paseo tras o confinamento. Desfrutádeo! "O meu primeiro paseo"
Alumnado de 5ºB
|
NOVAS BIBLIOTECA! XA QUEDA MENOS! |
Boas nenos e nenas do CEP Pedro Caselles! No mes de setembro estivemos poñendo a punto a biblioteca para que, en canto a situación sanitaria mellore, poidades desfrutar da mesma!
Pronto vos daremos información dun xeito sorprendente do seu novo uso.
Os libros vos botan moito de menos!
|
Radio Uncas na casa 5 |
Bos días a todas e todos! Como cada luns aquí vos traemos un novo programa de Radio Uncas na casa. Neste caso o alumnado de 4ºB presenta un programa cargadiño de cousas co que despediremos a radio ata o curso que ven. Moitísimas grazas a todos os participantes e locutores/as e tamén a todas e todos os oíntes, agardamos que disfrutárades destes fantásticos programas. Bo verán!
Alumnado de 4ºB
"Miña casiña meu lar"
|
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO! |
Por fin chegou O Día do Libro! Fostes moitos os que participastes na actividade que vos propuxemos dende a Biblioteca! E como resultado, este vídeo recopilatorio de todos os libros que estades lendo!! Como vedes, profes e alumnos do Caselles, somos uns grandes lectores!!! |
Biblioteca virtual da Unesco |
Vos envío o que considero, sen dúbida, o arquivo CULTURAL máis importante que teño recibido!!! A noticia do Lanzamento en internet da WDl. A biblioteca dixital mundial. Que regalo da UNESCO para a humanidade enteira, especialmente para os xovenes Xa está dispoñible en Internet, a través do sitio http://www.wdl.org/ |
Momentos Lectores |
Durante os momentos lectores dos meses de Outubro e Novembro os cativos axudaron na catalogación de libros. Bo traballo!
|
CUMPLEUNCAS |
O pasado mes de Novembro tivemos de aniversario a varios compañeiros. Moitos parabéns!
|
Os nenos e nenas de 6º seguen formarse para ser axudantes da biblioteca. |
A #Biblio-Caselles segue a formar os seus usuarios! O martes os nenos e nenas de 6º lembraron que era o "tejuelo" e para que servía, ordearon alfabéticamente e colocaron os libros no seus andeis correspondentes! Xa case están preparados para ser #axudantes de biblioteca! Mirade canto se esforzaron!
2º sesión: 14/11/17
1º sesión
|
CUMPLE UNCAS |
Durante os meses de Setembro e Outubro tivemos de aniversario a varios compañeir@s!!!! MOITOS PARABÉNS!!! |
Regueifeir@s de élite! | |
Inauguración da biblioteca para o curso 2021-2022. |
O pasado domingo, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, onte celebramos a inauguración da biblioteca para este curso escolar coa estrea da película “Uncas, a historia do planeta que vive no Caselles”. Nesta produción os protagonistas son o alumnado voluntario de 6º de Primaria xunto coa nosa mascota, Uncas. Aquí deixamos un vídeo resumo desta xornada:
Queres coñecer esta historia ti tamén? A continuación podes visualizar a película:
|
BAILANDO AS TÁBOAS |
O alumnado de 2ºA, en colaboración coa biblioteca, bailamos as táboas de multiplicar. Este baile consiste en representar factores con diferentes movementos corporais para que os compañeiros e compañeiras adiviñen o produto. Outra modalidade é que representen o produto e o resto do alumnado digan os factores. Desta forma lúdica aprendemos xogando e consolidamos as táboas de multiplicar.
|