Título | Resumo | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chegou a primavera ao Caselles! |
Todos/as xuntos/as desfrutamos, máis que nunca, nestes últimos días da boa compaña. Non só dos nosos compañeiros e compañeiras de clase senón tamén do sol! Que gozada poder ter clases ao aire libre! E especialmente, degustar os libros da nosa Biblio!
|
||||||||||||||||||||||||
Día da biblioteca 2020 |
Os nenos e nenas do CEP Plurilingüe CEP Caselles Beltrán recibiron unha pequena sorpresa polo "Día da biblioteca". Uncas escribiu unha carta para cada un dos cursos, onde nos anunciaba que se iniciaría o préstamo de libros e de paso nos preguntaba polos nosos gustos lectores. Aquí queda un vídeo a modo de resumo do día. |
||||||||||||||||||||||||
Relatos para Samáin |
Temos uns audios moi terroríficos, para escoitar a noite do 31 de outubro... ou cando queirades. Poñede atención!
|
||||||||||||||||||||||||
Esta semana no Caselles! |
Os nenos e nenas de primeiro curso de EP desfrutaron dentro do espazo da biblioteca da clásica película Matilda, rindo a escachar e aprendendo o valor de ser diferentes así como a coñecer non só o que debemos mellorar senón tamén os aspectos positivos de cada un. Por outra banda, no CEP o alumnado de terceiro e cuarto recibiu a visita do equipo de balomán Mecalia- Atlético Guardés, unha gran sorpresa para todos e todas. O motivo foi darlle visibilidade ao deporte feminino así como ao esforzo e constancia para conseguir o que queres. Esta visita xurdiu da semana da muller, onde o profe Adrián falounos da súa labor como entrenador dun equipo feminino do seu Concello.
|
||||||||||||||||||||||||
Maleta viaxeira |
Bo día! Chegou ao centro a maleta viaxeira, que contén libros e xogos relacionados co proxecto de centro “O camiño de Santiago”. A partires de hoxe están á vosa disposición na biblioteca do Caselles, animádevos! |
||||||||||||||||||||||||
25N: Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller |
Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Na biblioteca podedes atopar libros sobre esta temática, que como sabedes están á vosa disposición, expostos xunto ao precioso mural feito polos vosos compañeiros e compañeiras.
Valiente: Cuando su alma se quebró, María Míguez
|
||||||||||||||||||||||||
23 de setembro, día de Rosalía |
Hoxe, polo aniversario do seu nacemento, celebramos o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida). O noso alumnado transplantou e coidou durante toda a semana as plantas, decorando os seus tarros, e escribindo neles os seus mellores pensamentos.
Esta mañá, clase por clase, colocaron as flores no xardín de Rosalía e leron os fermosos pensamentos que escribiron. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos charlaron e á que puideron facer preguntas. Grazas por facelo tan fermoso!
Podedes ver todas as fotos pinchando AQUÍ.
“Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”. Rosalía de Castro
#SementandoPensamentos |
||||||||||||||||||||||||
8 de marzo, Día da Muller |
Para conmemorar este 8 de marzo, Día da Muller, o alumnado do centro creou un “Photocall” con plumas que previamente decoraron escribindo o nome da muller máis importante da súa vida.
Ao longo do día o alumnado fotografouse no seu "photocall" do día da muller. Podedes ver as fotos facendo clic AQUÍ.
No Instagram do Caselles tedes un vídeo sobre recomendacións lectoras para este día. Podedes velo AQUÍ. |
||||||||||||||||||||||||
Día Internacional contra a Violencia de Xénero |
Como todos os anos por estas datas, o cole inúndase dunha marea morada que pretende "arrasar" esta lacra social que tanto nos avergonza. Nesta ocasión, o equipo de biblioteca achegou unha proposta de traballo empregando a canción "BÁGOAS NA PEL", do grupo "Volta e dalle", como lazo comunicativo para toda a comunidade escolar. Os primeiros cursos encargáronse de escribir nuns círculos sobre o respeto entre xéneros e os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º, prepararon as distintas palabras que conforman o retrouso. Tamén mostramos o traballo das compañeiras de cuarto curso de E.P que fixeron este fermoso mural para concienciarnos da importancia deste día. A súa vez, aproveitaron para recordarnos os dereitos dos nenos e nenas. Agardamos que o resultado vos guste tanto como a nós.
|
||||||||||||||||||||||||
Derradeiro día con Luis "O Caruncho" |
Danos moita mágoa pero como normalmente se di...Todo o bo remata! Foron tres días estupendos onde creamos, compartimos, cantamos e rimos. Quedándonos, eso si, algo para sempre: esta grata experiencia e un aire espontáneo que seguro nos acompañará alá onde vaiamos. Agora somos improvisadoras e improvisadores de primeira
Xa víchedes as fotos da primera sesión, pero aquí quedan un par máis da segunda e desta última: *Segunda sesión:
*Terceira:
|
||||||||||||||||||||||||
Semana Cultural no CEP |
Onte comezou a Semana Cultural no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán. O certo é que foi un inicio ben emocionante. As actividades, que tiveron lugar na biblioteca entre onte e hoxe, foron desfrutadas (polo momento) polos cursos de 1º,2º e 4º. Porén, todos os grupos disfrutarán o que queda de semana doutras dinámicas, algunha moi apetitosas xa o veredes. Aquí quedan algunhas imaxes do Contacontos acompañado cuns trucos máxicos a través da imprenta de xelatina, realizado por Moncho Leal (antigo mestre do Rosal) e a conferencia sobre Ecosistemas e Reciclaxe de Ángel Estévez (Enxeñeiro químico en Leuwarden, no norte de Holanda).
|
||||||||||||||||||||||||
ECO-ARTE NO CASELLES |
Como xa estaba anunciado na blog da biblioteca, os nenos /as voluntarios de 6º estiveron preparando unha actividade con motivo do “Mes da Ilustración” para compartir con todos nós. Eles atoparon na nosa biblioteca 6 libros nos que se contaba a vida de grandes ilustradores-pintores moi famosos en todo o mundo. No momento Lector, levaron a cabo unha representación do conto para cada curso na biblioteca, mantendo todas as normas anti-COVID. Así para os nenos/as de 1º, Sira, Carmen e Xoel contáronnos o conto de Vincent Van Gogh , un pintor que diesfrutaba moitísimo pintando xirasois amarelos. Para os nenos/as de 2º, Diego e Javi foron os encargados de representar o conto de Velázquez con monicreques. Contáronnos que a Velázquez gustáballe moito pintar princesas e infantas. Para os nenos/as de 3º, Antía e Kaitlinfixeron con calcetíns uns monicreques para falarnos da vida de Picasso. Fixérono moi ben! Para os de 4º, Chiara , Victoria e Rocío léronnos o conto de Botero. A ese pintor encantáballe pintar persoas e animais ben gordos! En 5º, Dani e Braisforonuns estupendos contacontos para lernos a vida de Gauguin e ensináronnos moitos cadros dese pintor. Por último para 6ºCatuxa e Breogán foron os encargados de contarnos o conto de Chagall por medio dunha representación moi ben feita. Pero, ao acabar cada unha das representacións propuxéronlle un reto a cada aula: facer un cadro dese pintor con material reciclado. O chamado ECO-ARTE. Quixemos pois, con esta actividade, fusionar as actividades da biblioteca ca celebración do Mes da Ilustración e co proxecto do noso CEP: o Ecomedor. Parecéunos unha actividade preciosa e que poñía en marcha rápidamente a nosa imaxinación e creatividade. Froito diso xurdíu unha exposición de nivel dun museo importante, ao que podedes acceder de xeito virtual xunto co resto das imáxenes a través duns links na seguinte publicación. Cada cadro é auténtico e froito da imaxinación de cada grupo/aula. |
||||||||||||||||||||||||
A diversidade enriquécenos |
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (o próximo venres, 3 de decembro), queremos recordarvos que na Biblio do Caselles contades co recuncho da diversidade, onde podedes atopar libros sobre esta temática, xunto a outras como: diversidade familiar, diversidade cultural, igualdade de xénero, educación emocional…
Polas capacidades diversas.
Se queres… poden!
|
||||||||||||||||||||||||
Decoración do día das letras |
Estes días todas e todos estiveron, ademais de celebrando o día das letras na Semana Cultural, decorando os diferentes espazos do CEP. Aquí quedan algunhas mostras aínda que non todas.
Viva as nosas letras! Seguiremos celebrando este día o que resta de semana.
|
||||||||||||||||||||||||
Entrega de premios do concurso "Unha mente que invente" |
Hoxe fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso da biblioteca “Unha mente que invente”, no que o noso alumnado converteuse en científicos e científicas realizando uns inventos marabillosos. Os gañadores do primeiro concurso da Biblioteca para este ano escolar foron:
Todas as fotos AQUÍ
Parabéns a todos e moitas grazas por participar!
|
||||||||||||||||||||||||
O Caselles no Camiño: terceiro: de Redondela a Pontevedra |
O alumnado de terceiro fixemos este programa de radio para falarvos da etapa do camiño entre Redondela e Pontevedra. Esperamos que vos guste!
|
||||||||||||||||||||||||
Lecturas pola paz |
Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (o pasado 30 de xaneiro) o alumnado de 4ºB elaborou este bonito mural que agora decora a entrada da nosa biblioteca. Xunto a el, podedes atopar lecturas recomendadas sobre esta temática.
Dende a Biblioteca do Caselles, defendemos a paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. |
||||||||||||||||||||||||
Samaín no C.E.P Plurilingüe Pedro Caselles |
|
||||||||||||||||||||||||
2 de maio, Día Contra o Acoso Escolar |
Hoxe, 2 de maio, é o Día Contra o Acoso Escolar.
Dende a biblio do Caselles, recomendamos diferentes lecturas para a prevención e sensibilización sobre o acoso, porque entre todos podemos combatelo. #DiNonAoAcosoEscolar!
|
||||||||||||||||||||||||
Contos de medo |
Na entrada da biblioteca tedes unha selección de libros terroríficos para que gocedes da lectura. Atrevédesvos? |
||||||||||||||||||||||||
Día do libro! |
Este 23 de abril o CEP Pedro Caselles rebosaba de "Sanchos", "Quixotes" e "Dulcineas" grazas ao fotocol que podedes ver na imaxe. Ademais os voluntarios e voluntarias deixaron o centro ambientado en relación a este día, e o certo é que lles quedou marabilloso! Non credes? Non puidemos realizar os "obradoiros roteiros" por mor do tempo, xa que son ao aire libre, pero esta semana esperamos que o tempo nolo permita. Estamos desexándoo!
|
||||||||||||||||||||||||
Seguimos empapad@s de cultura! |
Hoxe o noso cole, e máis en concreto o alumnado de 4°, recibiu na biblio a unha moi grata visita: Antonio García Teijeiro, poeta/escritor Premio Nacional de Literatura Infantil. Deixou a todas e todos cun bo sabor a mar (máis ben doce e non salgado).
Ademais, os nenos e nenas de terceiro de EP, pudieron crear a súa propia pizza grazas ao chef Adrián Estarque da pizzería Fariña en Baiona. Ese si que foi un sabor ben salgado!
E que continúe a Semana Cultural!
|
||||||||||||||||||||||||
Semana da prensa no Caselles |
A semana pasada celebramos “A semana da prensa”. Por este motivo, na entrada da nosa biblioteca instalouse o “Quiosco Caselles” con prensa diversa a disposición do alumnado, tanto para o seu gozo no tempo de lecer como para o seu traballo na aula; xunto co profesorado. |
||||||||||||||||||||||||
Concurso: "Unha mente que invente" |
Atrévete a por a proba o teu inxenio e participa no concurso da biblioteca "Unha mente que invente". Pasa pola biblioteca, recolle un dos "sobres sorpresa" e... A inventar!
|
||||||||||||||||||||||||
O Caselles no camiño: sexto: de Padrón a Santiago |
E por fin toca facer a última etapa: de Padrón a Santiago. Pero ollo, que é moi longa! Imos poñer aquí dous audios, xa que teñen tanto que contarnos os equipos de xornalistas de 6ºA e 6ºB.
|