DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro celebrase o Día de Rosalía e no noso cole tivemos unha visita moi especial: un ano máis volveu a visitarnos Rosalía! Desta vez, a nosa autora máis célebre necesitaba a axuda dos alumnos e alumnas do Pedro Caselles para poder escribir o seu poema “Adiós ríos, adiós fontes”.

E tal dito, tal feito! Ao longo do día levamos a cabo a actividade “Palabras que fan poesía” enmarcada no proxecto do cole “Somos artesáns” e coa axuda dos nenos e nenas de 5o recreamos os versos deste poema escribindo coa pluma.

 

Pica na imaxe e visualiza o traballo tan fermoso que se levou a cabo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer