CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue derosa_outeiro

A NOSA ARTE RUPESTRE

Os corredores do Caselles locen moito ultimamente. Nenos e nenas dos diferentes cursos estiveron estudando e investigando sobre os petroglifos da zona. Cada curso ocupouse dun xacemento, e reflectiu unha parte destes petroglifos no seu mural correspondente. O resultado foi do máis vistoso e fermoso. Preme na imaxe para velos todos.

 

TRABALLANDO NO XARDÍN

Aproveitando o bo tempo, e para escapar da rutina por un día, varias nenas e nenos de 4º e 6º estiveron dándolle un repasiño aos xardíns, e aínda que lles custou empezar porque había moitísimas herbas, ao final quedaronlle perfectos!!!

Preme na imaxe para ver máis fotos.

TALLER DE MATEMÁTICAS

Nenos e nenas de 3º tiveron un día especial e moi matemático... Ao logo de toda unha mañá estiveron levando a cabo unha serie de talleres para traballar de forma distinta as matemáticas: mediron lonxitudes e capacidades, pesaron, fixeron a compra, calculo mental, divisións,... e todo mediante xogos.

Para ver as fotos preme na imaxe:

INAUGURANDO O NOVO SALÓN DE PLENOS CON TONUCCI

Hoxe 2ºA foi de visita ao Concello, pois foron os elexidos para representar ao noso colexio na inauguración do novo salón de plenos.

Alí xuntáronse con nenos e nenas dos outros colexios de Tomiño e estiveron na compaña do eminente psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci, onde realizaron un pequeno acto de inauguración na súa compaña.

Para ver imaxes da xornada preme na foto.

 

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe nenas e nenos de 6º curso recibiron un curso de primeiros auxilios da man das doutoras Laura Silva, Montse Rodríguez e Elisa Asuín do PAC de Porriño e Paula Fernández de Tui.

Comezaron cunha explicación xeral para todos e despois pasouse a parte práctica, na que se separou ao alumnado en pequenos grupos. Valéndose de monecos especiais estiveron practicando reanimación cardio-pulmonar e a maniobra de Heimlich.

Finalmente cada asistente recibiu un pequeno diploma como o  modelo.

Desde o CEP Pedro Caselles queremos agradecer a estas doutoras o seu esforzo e traballo desinteresado .

Para ver imaxes e videos da xornada premer AQUÍ

 

DÍA DO LIBRO NA BIBLIO-CASELLES

A nosa biblioteca segue en obras, o traballo e moito e non fomos quen de dar rematado para o día do libro, pero iso non nos impediu celebrar este día.

Nenas e nenos do Caselles estiveron debuxando a portada do seu libro preferido. Uns trouxeron o seu libro favorito da casa, outros debuxaron algún que tiñan lido na biblio, e outros deixáronse levar pola fantasía e debuxaron a portada dun libro inventado.

Para ver as creacións dos nosos nenos e nenas premede na imaxe.

 

NA BUSCA DO TESOURO

Os nenos e nenas de 2º A estiveron moi ocupados buscando un tesouro polo colexio. Catro equipos seguiron unhas pistas que os levaron a lugares do colexio nos que había actividades que lles daban a seguinte. Ata conseguir un pedazo do mapa do tesouro. 
Cando todos os grupos xuntaron os seus anacos de mapa. Bravo, atoparon o tesouro!!!!
A cooperación tivo premio!

 

FACENDO PAN

Este xoves nenas e nenos de primeiro aprendemos a facer pan,.... e saliunos boísimo.

A profe foi explicando o que tiñamos que facer, e nos soíños fomos quen de facer o noso propio pan. Fixemos seis equipos e con fariña, auga, sal, levadura e un pouquiño de aceite de oliva fixemos a masa. Logo tivemos que esperar moitísimo para que a levadura fixera crecer o masa. Despois repartimos a masa entre tódolos nenos e nenas do equipo e fixemos barras, bolas, churros e chapatas e puxémolos en bandexas de forno. Por último levámolas bandexas a cociña onde José Manuel, Benito e Ramón as meteron no forno.

Cando voltamos do recreo comemos o pan, e invitamos a tódolos nosos profes e aos nenos e nenas de 2º. Non sobrou nadiña!!!

Se queredes ver tódalas fotos de como fixemos o noso pan premede enriba da foto.

AS CARTAS DE 4º

Nestas últimas semanas o alumnado de cuarto estivemos traballando as cartas e as postais. Hoxe puxemos en práctica todo o aprendido: cada un de nós escribiu unha carta , fomos ata a oficina de correos, pagamos o selo e depositamos a carta no buzón. Os funcionarios tamén nos explicaron varias cousiñas como por exemplo qué é un apartado postal, ou algo moi curioso como que todas as cartas teñen que ir a unha oficina que está en Santiago para seleccionalas alí. ..aínda que a carta sexa para Tomiño!!!!....tamén nos falaron da importancia de poñer o código postal.

Saimos moi contentos desta actividade porque aprendemos moito e nos deron un regaliño!!!

Para ver máis imaxes preme na foto

OS NOSOS PEQUENOS ESCRITORES: Poemario de 6ºB

Nenos e nenas de 6ºB crearon este bonito libro de poesías, aproveitando os seus coñecementos literarios e os seus coñecementos dixitais.

O resultado foi un fermoso libro de poemas do que podedes disfrutar neste artigo. Tamén disfrutan del o alumnado de 1º e 2º curso, xa que estes artistas van a ir polas aulas a facer unha lectura e presentación do traballo, así coma un breve taller de poesía para os máis pequenos.

 
Distribuir contido