CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue derosa_outeiro

4ºA : O VALOR DA NATUREZA

Hoxe alumnos e alumnas de 4º A estivemos traballando o valor da natureza e o respecto deica ela. Aproveitamos este día primaveral para desfrutar da gran riqueza natural do noso patio e de tódolos agasallos  que este nós dá.

TRABALLANDO NO XARDÍN

Hoxe tivemos unha clase un pouco distinta, aproveitando a pronta chegada da primavera, nenos e nenas de 6º saímos a poñer bonitos os nosos xardíns. Armados de sachos e anciños, e baixo a  supervisión da profe Carmén fixemos un traballo xenial, pero non demos rematado. Xa vos iremos mostrando como vai a cousa.

Preme na imaxe para ver as fotos.

INAUGURACIÓN DA PISTA DE ATLETISMO

Este venres 10 de marzo, tivo lugar unha xornada de atletismo organizada por AGRUDEBAM para inaugurar a pista de atletismo feita polo Concello de Tomiño para uso do noso centro en horario escolar e do público en xeral polas tardes e nas fins de semana.

Acompañáronnos neste acto inaugural o inspector de educación da zona Carlos Alberto Antuña, a alcaldesa Sandra González, o concelleiro de Deportes Ismael Troncoso, a concelleira de Cultura Cristina Martínez e o equipo directivo da ANPA Mosteiro.

Na xornada participaron os nenos e nenas de 5º de Primaria dos  colexios de Tomiño e do Rosal: CPI Manuel Suárez Marquier, CEIP de Tebra, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP de Barrantes, CEIP de Sobrada e o anfirión, o CEP Pedro Caselles Beltrán.

As probas nas que participaron foron: 60m lisos, 500m lisos, lanzamento de Vórtex, salto de lonxitude, lanzamento de peso e relevo 4x60 m. O profesorado de Educación Física dos diferentes colexios foron os responsables de organización e desarrollo da xornada, axudados polo alumnado de 6º de primaria do Caselles. O resto de nenos e nenas do noso centro tamén participaron asistindo como público e animando aos participantes.

As fotos da xornada podedes velas na páxina de AGRUDEBAM. Aquí vos deixamos un pequeno video resumo:

 

 

 

ENTROIDO PREHISTÓRICO

Venres de Entroido no Caselles, venres de desfile, e este ano acompañados polo sol e a calor.

A festa do Entroido xa empezou o xoves coa degustación de postres do certame gastronómico.

O venres todas as clases prepararon os seus disfraces e arredor das once demos comezo o noso desfile. Este ano o tema central foi a prehistoria, para ir entrando xa no tema estrela deste curso: Arte rupestre e mitoloxía galega.

Ante numeroso público desfilaron ata a praza do Seixo os trogloditas de 1º, os cazadores e cazadoras de 2º, os castros de 3º, arqueólogos e arqueólogas de 4º,  recolectores e recolectoras de 5º e os druídas de 6º. Para ver tódalas imaxes preme na foto.

 

Agradecer a todas as familias a súa colaboración nesta celebración.

 

1º VISITA O MUSEO DE PONTEVEDRA

Este venres, día 10 de febreiro, 1º curso fixo  unha saída didáctica á cidade de Pontevedra.  Visitamos o museo acolléndonos ao programa da Deputación “Coñece o Museo” e máis concretamente á actividade “De nómades a sedentarios”.

Nenos e nenas fixeron un percorrido guiado polas salas dedicadas a prehistoria e historia antiga de Galicia. Desfrutaron e aprenderon moitísimo, preguntando e respondendo a preguntas que lles facía Sergio, o noso guía.

Ao remate desta actividade, e aproveitando unha soleada mañá, estiveron xogando no parque da praza de Barcelos.Un día redondo para todos!!!

Esta saída foi totalmente subvencionada pola Deputación.

Para ver as fotos do día preme na imaxe.

TRABALLAMOS COS ALIMENTOS

Hoxe nenos e nenas de 4ºA estiveron aprenderon sobre os alimentos dunha forma diferente. A clase dividiuse en tres grupos, cada grupo tivo que investigar sobre o tipo de alimentos que lle correspondeu para despois plasmar nun mural os resultados.Para ver as fotos premer na imaxe.

FESTIVAL DE NADAL 2017

E despois do parón do curso pasado, retomamos a "normalidade",  e este ano voltamos ao noso xa tradicional festival de Nadal.

Este ano aproveitamos as presentacións do Festival para que nenas e nenos aprenderan un pouquiño máis da prehistoria e dos nosos antepasados, para ir entrando xa no tema do proxecto deste ano, que xirará entorno a arte rupestre e a prehistoria.

 

VIDEOS DO FESTIVAL

 

 

Se queredes ver as fotos da xornada premede na imaxe.

CELEBRANDO O NADAL

Para celebrar estas festas os nenos e nenas do Caselles estivemos facendo uns preciosos beléns e uns móviles de nadal na clase de relixión. Premede na imaxe para ver as fotos e comprobar o bonitos que nos quedaron!

PLENO INFANTIL POLOS DEREITOS DO NENO

Cinco nenos de 6ºB do CEP Pedro Caselles acompañados da súa titora, participaron este venres no Pleno Infantil organizado polo concello de Tomiño con fin de conmemorar o Día Internacional da Infancia  e o aniversario da Convención sobre os Dereitos  do Neno.
Todos os colexios e o instituto de Tomiño enviaron a súa representación a este acto. Ao Pedro Caselles tocoulle a defensa do dereito á participación. Todo o alumnado de 6º B se implicou na investigación e realización do traballo que se levou a pleno, aínda que so se permitiu acudir a unha pequena representación do curso.
 FOTOS

 

FESTA DO OUTONO: CROS, XOGOS POPULARES E MAGOSTO

Despois de aprazalo a causa da chuvia, este martes celebramos por fin a nosa festa do outono. O día axudou cun clima inmellorable.

Comezamos a xornada co xa tradicional Cros Solidario do Outono, este ano a recadación será para mellorar a nosa recén estreada aula de informática. Preme na foto para ver as imaxes:

 

 

Despois xogos populares: peóns, canicas, petanca, chave,... e as fogueiras para asar as castañas, cos nenos e nenas de 6º como monitores, aos que felicitamos pola gran labor realizada.

Preme na imaxe para ver tódalas fotos:

 

 

 

Distribuir contido