Chegou o momento de despedirnos ata o próximo curso. Queremos desexarvos un estupendo verán e, darvos as grazas por este marabilloso ano no que tanto traballastes e nos fixestes desfrutar como profes.
Tan xenerosos, coma sempre, vós tamén vos quixestes despedir dos vosos compañeiros e de nós.
Desfrutade moito dunhas merecedísimas vacacións!!!
Onte publicabamos as vosas inxeniosas adiviñas. Seguro que moitos quedastes ca intriga de cal será a solución a algunha das formuladas polos vosos compañeiros e compañeiras.
Pois ben, non vos facemos esperar máis, aquí van as solucións a todas a elas.
Ademais, como sorpresa, queríamosvos ensinar un vídeo recopilatorio de todo o voso traballo nos talleres. Recordades todo o que fixemos nos talleres do cole? Pasámolo en grande e aprendimos un montón!!!Esperamos que vos guste!!!!
Xa está aquí o vídeo cas vosas adiviñas, todas elas moi inxeniosas. A ver cantas sodes capaces de resolver? Algunha non é nada sinxela pero estamos seguras que o conseguiredes!
Mañá colgaremos o vídeo cas solucións para que comprobedes se as respostas eran as correctas.
Este pasado sábado, foi un día moi especial para dous dos nosos compañeiros, Sara e Pablo estiveron de aniversario!! Ambos celebrárono cunha riquísima tarta e unha magnífica celebración familiar.
Dende aquí queremos desexarlle MOITAS FELICIDADES e enviarlle miles bicos e apertas!!
Só tedes uns exercicios de matemáticasmoi sinxelos a través dos cales repasaredes divisións, multiplicacións e series numéricas (Libro do 3º Trimestre). Farédelos rapidísimo, xa veredes!!
Agora vén o máis divertido, Ainhoa preséntanos a dous animais mariños que se atopou nunha visita á praia. Xa veredes, moi atentos!
A nosa compañeira atópase ó Señor Cangrejo ea Patricio dúas das personaxes de Bob Esponja, debuxos que estamos seguras todos vistes.
Relacionado con isto, como todos os xoves, propoñémosvos un desafío:
Converterédesvos en biólogos (científicos encargados do estudo de seres vivos) e clasificaredes ás diferentes personaxes de Bob Esponja.
Para que vos sexa máis doada a clasificación, deixámosvos unha guía, clicade para acceder a ela.
Como todos os retos, podedes entregalo ata o luns pola mañá!!!Xa é o último, animádevos!!!!
As tarefas de matemáticas son para hoxe!!!
Recordámosvos, ademais, que tedes unha videochamada cas profes de Inglés e Relixión ás 12. Non vos esquezades!!!
O último desafío que vos propuxemos consistía en investigar que era a hibernación? e que animais hibernaban?
Pois ben, neste vídeo publicamos todos os traballos que nos enviastes, pero antes, animámosvos a ver unha pequena explicación extraída do canal Woa, na que o Dr. Binocs vos explica de forma divertida en que consiste dito proceso.