3º Primaria

Bo día!Que tal?

Hoxe dámoslle a benvida a xuño, o último mes de cole e despois a desfrutar das merecidísimas vacacións de verán!Risa Así que, con moitas gañas e as pilas cargadísimas da fin de semana, comezamos!!!!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Ciencias Sociais!!

En Matemáticas imos repasar varios contidos.  En primeiro lugar, tedes dous problemas relacionados co tema do Diñeiro.  Ademais, ides repasar as multiplicacións (por 10,100 e 1.000), doble e triple e divisións exactas e inexactas. Por se alguén non se acorda dalgún destos contidos, a continuación deixámosvos uns pequenos apuntes!!

Como hallar o doble e triple?

 

Que son as divisións exactas e inexactas?

Nunha división exacta o resto é igual a 0.

Nunha división inexacta o resto é distinto de 0.

Unha vez recordado isto, debedes facer os seguintes exercicios.

 

Ó rematar Matemáticas, imos centrarnos en Ciencias Sociais. Neste caso, imos ver: Que é a hidrosfera, en que estados se encontra a auga da terra? e  onde podemos encontrar dita auga?

Simplemente, debedes ler a páxina que se vos indica. Pero antes de realizar a lectura recomendámosvos ver o seguinte vídeo.

  

E xa, por último, como hoxe tedes pouquiñas tarefas propoñémosvos dous xogos:

XOGO 1: a través deste xogo repasaredes as táboas de xeito divertido. Antes de comezar seleccionades todas as táboas ata o 10, a ver se conseguides os 10 puntos!!

XOGO 2: clicando aquí, accededes a un xogo de ortografía  no que se repasa za, zo, zu, ce, ci, que e qui. Para comezar tedes que clicar sobre "Iniciar presentación". É moi sinxelo, pensade ben antes de completalo e xa nos diredes a ver se conseguistes non ter ningún erro!

E ata aquí, o traballo por hoxe!!

Recordade enviarnos, aqueles que aínda non o fixestes, as vosas criaturas fantásticas. As que recibimos, polo momento, son xenias!Estamos desexando presentárvolas!!

FELIZ LUNS!

Este mes de maio tivemos de aniversario a dous compañeiros, dende aquí, queremos felicitar e mandar moitos bicos e apertas os nosos compañeiros Ainhoa e Marcos!!

Estamos desexando vervos para facelo en persoa!Risa

MOITOS PARABÉNS!!!

A semana pasada pedíamosvos a seguinte tarefa: crear unha historia na que tanto  vós como os vosos animais forades os protagonistas.  Pois ben, cas mesmas personaxes, recibimos historias totalmente diferentes! Todas elas incriblemente orixinais! 
Para acceder as mesmas, simplemente, debedes clicar sobre o libro.
Animámosvos a lelas!!

ESTUPENDO TRABALLO!!!

Bo día!

O traballo de hoxe implica que botedes a voar a vosa imaxinación. Explicámosvos!!!

A todos nos encanta ler libros con seres fantásticos e orixinais pois transportannos a un mundo totalmente diferente ó noso e, gústanos pensar que realmente eses seres poden existir!Risa

Pois ben o traballo de hoxe consistirá en crear un ser fantástico. Para que vos sexa máis doado, primeiro, deixámosvos un exemplo, é o noso ser imaxinario. Debedes ler a descrición, gravala en audio e enviárnola. Despois, facer un debuxo de como vos imaxinades a nosa querida criatura.

Unha vez feito isto, tócache a ti crear o teu propio ser!!!Deixámosvos un guión para que vos sexa máis sinxelo!

Por último, debedes dar vida a vosa personaxe. Para iso, propoñémosvos a seguinte actividade de Plástica.

Para hoxe debédesnos enviar a gravación da lectura e o debuxo da nosa criatura.

Para o próximo luns pola mañá, a descrición do voso ser acompañado dunha foto con el/ela.

Feliz Xoves!!!!

Bo día,

As tarefas para hoxe son de Ciencias Sociais e Matemáticas. Son pouquiñas tarefas así que moito ánimo que as facedes prontiño!

En Ciencias Sociais, traballaremos O lugar onde vivimos. Sabedes que onte na videochamada falamos e explicamos cunha ficha en que país vivimos, en que comunidade, en que concello...? Pois ben, agora tedes que facer uns exercicios sobre ese tema. Se tedes algunha dúbida podedes consultar esa fichiña.

Ó rematar, faremos uns exercicios de Matemáticas. Nestes exercicios continuamos traballando o tema do Diñeiro. Xa vimos onte que á maioría se vos dá de marabilla.

Unha vez feito isto, estaría rematado o traballo por hoxe.

 

Feliz Mércores!!!Risa

 

A semana pasada propuxemos este desafío:

Que produtos se obteñen dunha granxa de galiñas, e que usos lle damos?

Pois a verdade despois de tanto pensar e investigar puidemos comprobar que das galiñas aproveitase case todo!!... e os seus productos teñen usos: culinarios, agrícolas, farmacéuticos, téxtiles, cosméticos...

Aquí deixamos algúns exemplos! Vós, practicamente, puxéstelos todos!Moi bo traballo!

Para acceder os vosos traballos e ós dos compañeiros debedes clicar sobre a imaxe!

Bo día!

Hoxe, temos unha videochamada ás 10:15!!Nesta videochamada ademais de poñernos ó día, traballaremos un pouquiño. A continuación, colgámosvos as fichas cas que imos traballar todos xuntos durante ese tempo, se as podedes ter impresas para a clase virtual xenial e, senón, como nós as proxectaremos  non pasa nada.

   

                                                             

 

 

 

 

 

Ademais deste traballo, antes ou despois da clase, debedes realizar outra tarefa. Acordádesvos do vídeo para O Día das Letras Galegas no que cada compañeiro dicía cal era a palabra máis fermosa para el? Seguro que sí. 

Pois ben, agora debedes volver a velo e elixir dúas palabras que aparezan no vídeo. Unha vez elixidas, tedes que buscar esas palabras no dicionario e escribir unha oración con cada unha.

Clicando aquí accededes ó vídeo!

E ata aquí o traballo por hoxe!!!

Feliz Martes!!!

Bo día!Que tal? Como estades?

Os luns sabemos que sempre costa un pouquiño máis, así que comezamos cun conto para alegrarvos o día.

Esta vez é Lucía a encargada de lernos o conto "Orellas de bolboreta", un conto precioso que nos fará reflexionar sobre a forma na que nos comportamos e actuamos cos demais. Moi atentos!

  

Agora contestade a estas sinxelas preguntas.

Ó rematar, continuamos con Lingua Castelá. Hoxe veremos que son "Os Dimutivos". Trátase dun contido moi sinxelo pero antes de facer os exercicios mirade este vídeo!

 

E xa para rematar, propoñémosvos un XOGO. Coñecedes o programa de televisión ¡Ahora caigo!? A maioría seguro que sí!Pois ben, hoxe repasaremos as táboas de multiplicar a través dese xogo, pensade ben as respostas antes de contestar para evitar caer. É moi divertido, probádeo!

E ata aquí, o traballo por hoxe!

Moi bo día!

 

O pasado venres propuxémosvos a seguinte actividade: crear unha orixinal flor con materiais que tiverades na casa. Pois ben, xa as temos todas e, coma sempre, os resultados non nos poden gustar máis. Dunha mesma idea, creastes manualidades super diferentes!

Aquí tedes unha mostra das marabillosas flores que deseñastes, para velas todas clicade sobre a imaxe!

Bo traballo!!!!Risa

Bo día!

Hoxe comezamos escoitando un precioso conto lido por Ainhoa, "Alegría en la granja". A nosa compañeira, engade coidadísimos efectos sonoros que aínda fan o conto máis entretido, xa veredes!Moi atentos!

 

Agora, tócavos responder a unhas sinxelas preguntas.

Ademais, sabedes que fai uns días pedímosvos unha foto cun animal. Pois ben, agora empregaremos esas fotos para crear contos incribles. Clicade sobre a imaxe para acceder á explicación completa.

Unha vez que sabedes perfectamente o que debedes facer, mirade as FOTOS, para coñecer a que compañeiros e compañeiras debedes incluír na vosa historia e que animais.

Recordade, enviarnos o conto ó noso correo. Tedes de prazo ata o luns, 25.

E finalmente, como todos os xoves, propoñémosvos un reto. Esta vez é Leo quen nos ensina ós seus fermosísimos pitiños. Tendo en conta a temática deste vídeo debedes investigar...

 

Xa sabedes que tedes tamén ata o luns para entregar o reto!

Recordarvos, por último, que hoxe tedes unha videochamada ca profe de Música ás 12, non vos esquezades!

Moi bo día!!!Risa

Distribuir contido