3º Primaria

Bo día!!Xa estamos a venres e practicamente de vacacións!!!Así que un último esforzo antes de desconectar por uns días do cole!

As actividades para hoxe son de Matemáticas e Plástica. En mate seguimos traballando o paso do tempo e as horas. Ó rematar, tedes un debuxo en Plástica. Como son pouquiñas tarefas a foto  co debuxo debedes enviárnola hoxe, venres.

 

 

E agora sí, FELICES VACACIÓNS!! Traballastes moito ó longo de todo o trimestre así que aproveitade para descansar e facer aquelo que máis vos guste!Disfrutade dunhas vacacións diferentes e MOITO ÁNIMO!!!

Os nenos de 3º quedamos na casa e dende elas mandámosvos esta mensaxe: "TODO VAI SAÍR BEN!".

 

Para acceder as imaxes clicade na foto.

MOITO ÁNIMO!!!

Bo día!!!Xa estamos a piques de rematar esta semana!!!

As tarefas para hoxe son de Lingua Galega e Matemáticas!En Matemáticas podedes empregar os magníficos reloxos que fixestes para realizar unha das actividades.Nesa actividade tedes que calcular o paso do tempo e coa axuda dos reloxos farédelo de forma máis visual.

A traballar!!!

 

 

Ó rematar hoxe repasaremos todas as operacións (sumas, restas, multiplicacións e divisións) a través deste xogo. Debes estar moi concentrado para lograr superalo!!!

E por último, acórdate de ler!!!!

MOITO ÁNIMO E FELIZ XOVES!!!

 

Bo día!!!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Lingua Castelá. Antes de realizar as tarefas de Matemáticas dedicade 3 minutos a ver un vídeo no que se repasa: que é un polígono?, como se calcula o perímetro? e como se chaman os polígonos segundo o número de lados?

Información que vos será necesaria para realizar as actividades.

Fai clic en VÍDEO.

Ó rematar repasade as táboas do 8 e do 9 a través deste xogo. Recordade, ademais, ler 10 minutos en voz alta e 10 en voz baixa. Podedes aproveitar e descargarvos algún libro que vos guste. No vídeo da publicación anterior explícavos como.

FELIZ MÉRCORES!!!

 

Os nenos de 3º dámoslle a benvida a Primavera cunhas preciosas manualidades!!!

Para velas simplemente tedes que clicar enriba da imaxe. 

 BO TRABALLO!!!!

Bo día!

As tarefas para o día de hoxe son de Matemáticas e Ciencias. Con respecto a Ciencias, sabedes que o proxecto no que estabamos a traballar no cole, E-Comedor, está relacionado ca alimentación, reciclaxe... Nese sentido as tarefas de hoxe van destinadas a refrescar esta última temática.

 

 

Unha vez rematadas as actividades, practicade as divisións sinxelas a través deste xogo. Onte repasamos as táboas do 2,3 e 4, polo que hoxe podedes centrarvos nas táboas do 5, 6 e 7.

Non vos esquezades de ler dez minutiños en voz alta e outros dez en voz baixa.

FELIZ MARTES!!!

 

Bo día!!!Moi bo comezo de semana!!!

Hoxe comezamos cunhas tarefas de Lingua Galega, como tedes o libro de texto na casa, se necesitades consultar calquera dúbida podédeslle botar un ollo. Ó rematar Lingua hai tarefas de plástica. Comecemos!!!

                             

 

Cando acabedes estas actividades practicade as divisións a través destos xogos:Xogo 1, Xogo 2 e Xogo 3. A través deles repasaredes as táboas do 2, 3 e 4. Mañá máis!!!

FELIZ DÍA!!!!!!

Distribuir contido