Iniciar sesión |
ÚLTIMA SEMANA!!!!Bo día!!!! Está chegando o fin de curso e con el, as vosas merecidísimas vacacións!!! Como sabemos que xa estades moi cansos e o fixestes xenial ata agora, para esta semana, propoñémosvos pouquiñas actividades!!! Ademais, cremos que vos resultarán divertidas!!!!Para coñecer o que debedes facer cada día tedes que clicar sobre o cartel. Como podedes ver, o xoves, teremos todo 3º unha gran festa online e o venres unha gran despedida. Os vídeos que vos pedimos intentade enviárnolos o día que corresponde, para evitar que algún se extravíe!!! Agárdanos unha magnífica semana!!!!
|