Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B).
- FONDO SOLIDARIO de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Para acceder ao fondo solidario deberán devolver antes do 21 de xuño os libros recibidos do fondo solidario no curso 2023/24 en perfecto estado, quedando excluído desta devolución o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS de texto para o alumnado matriculado en 1º, 2º de Educación Primaria e en EE, tamén aquel alumnado de NEAE que a xuizo do centro docente non poida empregar o material didáctico existente no colexio.
- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado de EP e EE.
PRAZOS DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO·
- Devolución dos libros do curso 2023/2024: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
- Presentación de solicitudes: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
- Publicación do listado provisional: 1 DE XULLO
- Reclamacións: 2 E 3 DE XULLO
- Publicación de listado definitivo: 4 DE XULLO
|
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: os modelos de solicitude obteranse por vía electrónica na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e posteriormente optarán por dúas formas de presentación:
- Presentación no centro: imprimir solicitude e o anexo II, asinala e entregala coa documentación acreditativa.
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://www.sede.xunta.gal)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Formulario ED330B (ANEXOS I E II)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde da convocatoria, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
- No caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor
- Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xuficial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada
- Resolución administrativa ou xudicial da acreditativa da situación de acollemento
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos SS.SS ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que os proxenitores ou titor/a legal carezan de DNI e NIE.
- Copia DNI ou NIE do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.
|
OBRIGAS:
- Ter devolto os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/2024 en bo estado.
- Conservar en bo estado os libros de texto e material reutilizable.
- Destinar o importe do vale a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
- Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
O alumnado de Educación Infantil non ten que solicitala.
O alumnado de 6º de Ed. Primaria ten que solicitala no IES que lle corresponde, ao ter EDIXGAL só teñen que solicitar a axuda para material escolar e non para libros de texto.
A solicitude será única para todos os fillos/as.