Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Colaboradores/as no comedor escolar

Aberto o prazo de inscrición para colaboradores de comedor curso 2023/24

Ata o 8 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e vixiancia no comedor escolar.

A documentación a entregar é a seguinte:

  • Solicitude de colaboración ANEXO III
  • Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais (acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais).
  • NIF, ou no seu caso NIE
  • Certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta
  • Correo electrónico de contacto

O horario de comedor será de 14:40 a 15:45

A atención do comedor consistirá en atender o servizo de comedor do alumnado e o recreo escolar.

Percibirase unha cantidade económica trimestral polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración, (12,50€ por día), así mesmo, lembramos o carácter non altruista da colaboración.

O persoal terá dereito á comida no centro de 14:00 a 14:40.

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut