Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Horario de atención de secretaría do 1 ao 15 de xullo de 2022

 

Estimadas familias e comunidade educativa, do 1 ao 15 de xullo o horario

de atención será de 10:00 a 14:00 horas.

Bolsas complementarias ao estudo do Concello de Lalín

Achegamos información sobre a convocatoria das bolsas complementarias ao estudo do Concello de Lalín.  As bolsas están dirixidas ao alumnado de educación primaria e educación secundaria e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 24 de maio ata o 14 de xuño ámbolos dous incluidos. Os modelos de solicitude estarán dispoñibles na páxina web e na sede electrónica do Concello de Lalín

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2022-23

Publicada no taboleiro do centro a listaxe de alumnado de nova incorporación admitido

para o curso 2022-2023.

Informámosvos que todo o alumnado que fixo a solicitude en prazo está admitido.

Directrices sobre o uso de máscaras 22/04/2022

Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara

  • As persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar.

Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara

Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de medidas de protección que, ao longo da pandemia, téñense amosado eficaces. Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro. 

Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos no ámbito educativo

Recoméndase especialmente para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos o uso de forma constante da máscara e evitar actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas (Ex.: comer ou beber en presenza doutras persoas). O uso da máscara nestas situacións debe ir acompañado doutras medidas de prevención como evitar o contacto con persoas de grupos vulnerables e reducir todo o posible as interaccións con outras persoas. Estas recomendacións deberán aplicarse durante 10 días dende inicio de síntomas, dende o diagnóstico (no caso de persoas asintomáticas) ou dende a data do último contacto (no caso de contactos estreitos). En calquera caso debe lembrarse a recomendación xeral de non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís.

 

ENLACE AO DOCUMENTO DA XUNTA

ENLACE AO REAL DECRETO 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras

Criterios de promoción do alumnado

  • A promoción nos cursos primeiro, terceiro e quinto de educación primaria será automática.
  • Ao finalizar os cursos segundo, cuarto e sexto da etapa, e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente do grupo, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de xeito colexiado, tendo en conta os criterios de promoción e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor.
  • O alumnado que acade a promoción de curso con algunha área con cualificación negativa recibirá os apoios necesarios para recuperar as aprendizaxes que non alcanzara no curso anterior.
  • O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase se, tras aplicar as medidas ordinarias suficientes, adecuadas e personalizadas para atender o desfasamento curricular ou as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno, o equipo docente considera que a permanencia un ano máis no mesmo curso é a medida máis adecuada para favorecer o seu desenvolvemento. Nese caso, o equipo docente organizará un plan específico de reforzo para que, durante ese curso, a alumna ou o alumno poida alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes.
  • Esta decisión só poderá adoptarse unha vez durante a etapa, oídas as nais, os pais ou as persoas que exerzan a titoría legal, e terá, en todo caso, carácter excepcional.

 

Aprobados no Claustro extraordinario do 21/03/2022
ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Calendario de reserva e matrícula para o curso 2022/23

 

Regulado pola Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

  • Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro: Reserva de praza no IES LAXEIRO en 1º ESO. Só para o alumnado de 6ºEP no centro de adscripción. No caso de non acudir a dito centro débese RENUNCIAR a dita reserva entregando a folla de renuncia no noso centro.
  • O 23 de febreiro: Sorteo público de 4 letras do abecedario para efectos de desempate
  • Antes do 1 de marzo: Publicación de postos escolares vacantes
  • Do 1 ao 21 de marzo: Presentación solicitude de admisión
  • Do 23 ao 5 de abril: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo
  • Antes do 25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas e reclamacións (5 días hábiles)
  • Antes do 15 de maio: Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: Formalización de matrícula

A medida que se vaian achegando as datas iremos informando da documentación necesaria e o procedemento. Podedes atopar toda a información na lexislación de referencia:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut