Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Último día do curso escolar

22/06/2022 14:40
Europe/Madrid

50 Aniversario

16/05/2022 12:00
Europe/Madrid

O noso camiño

As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria participan durante este curso no programa Vexo, Veo, Xacobeo, incluído dentro do Plan Proxecta +, a través do cal buscamos espertar o seu interese polo Camiño de Santiago, signo da nosa identidade cultural. Con este proxecto aproximamos ós nenos/as ao coñecemento do Camiño de Santiago dende as súas distintas vertentes (cultural, social, natural, histórica…) e fomentamos valores moi ligados a este camiño como son a solidariedade, a axuda, a tolerancia, a igualdade e o respecto, a través de actividades cooperativas (como contacontos,  cancións, dramatizacións, xogos manipulativos,…) dada a súa importancia nesta etapa educativa.

Comezamos o proxecto da man da nosa mascota, a tartaruga Tina Calixtina que nos acompaña ao longo do curso e nos axuda a descubrir distintos aspectos sobre o Camiño de Santiago, sobre a súa historia e orixe, a preparación da viaxe e o que necesitamos levar na mochila así como a vestimenta. Investigamos sobre as cunchas, as frechas amarelas e elaboramos unha credencial para logo conseguir un selo na saída que faremos ao albergue próximo ao colexio. Tamén investigamos sobre o tramo do camiño que pasa ao carón do noso centro  coñecido como “ A VÍA DA PRATA”, identificando os monumentos, paisaxes naturais e albergues que podemos atopar nese traxecto, aproximádonse a eles a través das distintas linguaxes artísticas e plasmandoo nun mural que forma parte do noso recuncho do Camiño de Santiago, situado no corredor de Educación Infantil, no que ademais disto dispoñemos de distintos obxectos relacionados con este tema proporcionados por distintos membros da comunidade educativa (familias e profesorado) como contos, revistas, cunchas, credencial, bordón, cabaza, etc.

 

ENTREGA DE COPIAS DE PROBAS ESCRITAS ÁS FAMILIAS

Como facer a solicitude de copias de probas escritas.

A nai/pai/titor legal do alumno/a solicitará por escrito copia das probas escritas que desexe revisar, relacionando en dito escrito a área ou áreas e datas das probas das que solicita copia. EN NINGÚN CASO SE ACEPTARÁ UNHA PETICIÓN MASIVA.

Prazo de solicitude e resposta.

A nai/pai/titor legal do alumno/a entregará a solicitude por escrito cunha antelación  de cinco días lectivos.

Onde facer a solicitude.

A nai/pai/titor legal do alumno/a entregará a solicitude por escrito na secretaría do centro, dentro do horario de atención ao público establecido para cada curso escolar e recibirá no acto copia da solicitude con rexistro de entrada asinado pola secretaria/o.

Cantas solicitudes se poden facer.

A nai/pai/titor legal do alumno/a poderá  facer unha única solicitude por trimestre, podendo solicitar copias do trimestre anterior.

De cada exame só se entregará unha única copia.

Formato das copias.

A nai/pai/titor legal do alumno/a recibirá fotocopia do orixinal da proba solicitada en formato papel tamaño DIN-A4. E deberá aboar a cantidade de 0,05€ por cada carilla fotocopiada.

Lugar de recollida das copias.

A nai/pai/titor legal do alumno/a  que asinara a solicitude presentada poderá recoller as copias solicitadas, transcorrido o periodo establecido, na secretaría do centro dentro do horario de atención ao público da secretaria/o do centro. Deberá aboar previamente a cantidade establecida e asinar a recollida das copias.

50 ANIVERSARIO

É necesario reservar a través do correo electrónico do colexio ceip.xoaquin.loriga@edu.xunta.gal indicando o número de entradas que se solicitan (máximo 3 entradas).   

 

      

 

  • Vai haber menú para alérxenos.
  • De 14:40 ás 15:40 haberá atención por parte dos colaboradores/as de comedor para o alumnado que non marche ao rematar os pinchos (será un recreo).
  • Haberá servizo de transporte como é habitual.

Vacacións semana santa

11/04/2022 09:00
18/04/2022 09:00
Europe/Madrid

Novidades protocolo 04/03/2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

  • Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables. Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.
  • Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.
  • Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.
  • A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.
  • Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.
  • No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas. 

 

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut