Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Chegou o entroido!

                             

Solicitude de admisión e matrícula curso 2022/23

PARA O NOVO ALUMNADO NO CENTRO

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Pódese facer de varias formas:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado. Solicitudes>Admisión>crear. Podedes ver un titorial AQUÍ

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica con chave365 ou certificado dixital

  •  Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro en horario de 9:40 a 14:40

 PRAZO

 Prazo de presentación de solicitudes de admisión: Do 1 ao 21 de marzo

LEXISLACIÓN

 

RESUMO PROCEDEMENTO DESCARGA EN PDF   

LISTADO VACANTES 2022/23. VISUALÍZAO AQUÍ

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN: Domicilio familiar na área de influencia do centro

DESCARGA DOCUMENTACIÓN PARA ENTREGAR

Solicitude de praza  DESCARGA O ANEXO II   (GALEGO)

Solicitude de praza DESCARGA O ANEXO II   (CASTELÁN)

Información complementaria que se pode entregar agora ou cando se faga a formalización da matrícula (do 20 ao 30 de xuño) DESCARGA O ANEXO I

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

  • Anexo II, solicitude de admisión (ED550B)

  • Anexo I

  • Fotocopia do libro de familia

  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade social, MUFACE...

  • Certificado médico de que o nen/a non padece ningunha enfermidade contaxiosa

  • Certificado de empadroamento/ ou contrato de traballo ou certificado no que se xustifique a proximidade ao centro educativo do lugar de traballo

  • Fotocopia do DNI do solicitante (se o posúe)

  • Fotocopia dos DNIs dos proxenitores

  • 2 Fotografías tamaño carné

  • Certificado de matrícula, alumnado que proceda doutros centros

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de ser o caso.

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite en primeiro lugar

 

Información profesorado

                                                          

Declaración responsable do persoal

No caso de que un mestre/a ou persoal do centro dea positivo nun test de antíxenos, e ata que o médico dea a baixa laboral, pode cumprimentar e enviar por correo electrónico a declaración responsable e non acudir ao centro.

DECLARACIÓN RESPONSABLE DO PERSOAL

Enlace declaración responsable autotest positivo

No caso de realizar un test de antíxenos na casa e dar positivo pódese informar ao Servizo Galego de Saúde cubrindo o seguinte cuestionario, o que acelerará o proceso de notificación aos centros. Podedes cubrir dita declaración a través do seguinte enlace:

DECLARACIÓN RESPONSABLE AUTOTEST POSITIVO

Homenaxe a Jose Manuel Cangado Muíño

 

 Os seus compañeiros de equipo, amigos/as e familiares organizan un partido de fútbol na súa honra coincidindo co día do seu nacemento o 5 de febreiro. Será ás 16:00 horas no campo MANUEL ANXO CORTIZO de Lalín. 

A Comunidade Educativa do CEIP XOAQUÍN LORIGA quere unirse a esta iniciativa organizando unha xornada deportiva no pavillón escolar que leva o seu nome o venres día 4 de febreiro, na que participará todo o alumnado.

 

Horario

 

                

            ACTIVIDADES OFERTADAS POLO CONCELLO

 

SERVIZO DE CONCILIA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

QUENDA DE MAÑÁ: 7:40 a 9:40

QUENDA DE TARDE: 15:45 a 19:45

 

O servizo de Concilia levarase a cabo de setembro a xuño e deberá solicitarse no Concello e alí tramitarase e informarán do custo que conleva. O espazo onde se levará a cabo será a casa de Mestres.

 

 

SOLICITUDE XORNADA ÚNICA

PROCESO DE SOLICITUDE DE XORNADA ÚNICA 

  • Orde do 29 de maio de 2008 que regula a implantación da xornada única
  • INFORMACIÓN PROCEDEMENTO
  • PROXECTO PARA A SOLICITUDE DA XORNADA ÚNICA (PLAN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES)
  • REQUISITOS PARA QUE A XORNADA ÚNICA SEXA IMPLANTADA:
    • Acordo favorable por maioría dos tres quintos do claustro.
    • Acordo favorable por maioría dos tres quintos do consello escolar
    • Informe favorable do Servizo de Transportes da delegación provincial
    • Acordo favorable do 58 % do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado (computarase, a efectos de censo, a nai ou o pai ou un dos titores legais)
    • Plan específico de actividades extraescolares.
  • Nos vindeiros días informaremos das datas das votacións e o procedemento   

 DATA DAS VOTACIÓNS DÍA 24 DE FEBREIRO DE 2022

DE 9:00 A 17:00

Só poderá votar 1 dos proxenitores

Identificarase co DNI ou NIE

                            

 

                           

 

                           

                                 

 

Infografía

NO CASO DE DAR POSITIVO NUN TEST DE ANTÍXENOS NA CASA DÉBESE NOTIFICAR A SANIDADE NO NÚMERO DE TELÉFONO 881540045

Ou notificalo a través do seguinte cuestionario:

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE AUTOTEST POSITIVO

 

                         

Distribuir contido


by Dr. Radut