Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Folla notificación cambio de parada de autobús

No caso de precisar un cambio de parada de autobús, débese notificar ao centro cubrindo a seguinte solicitude, (é recomendable facelo a principio de curso). Para isto debemos ter en conta:

  • As paradas de autobús deben ser as mesmas toda a semana. Non se pode variar de parada en días aleatorios.
  • Pódese solicitar unha parada distinta da habitual un ou varios días concretos pero de xeito contante e regular ao longo do curso escolar, por exemplo, todos os martes unha parada distinta.
  • Pódese solicitar unha parada de recollida de mañá e unha parada de recollida da tarde distintas e poden ser no mesmo autobús ou con cambio de autobús (se hai prazas libres). Asímesmo, esta elección tamén debe ser constante ao longo do curso.
  • Pode descargar a solicitude de cambio de parada aquí:

                                                               flecha-imagen-animada-0311

                                            

Anexo V: Solicitude de Permisos e licencias

ANEXO V AUTOEDITABLE PARA DESCARGAR:

PERMISOS E LICENZAS PARA O PROFESORADO

                                                                               flecha-imagen-animada-0147           

                                                                                       

Regulamento pais separados

Circular 1/1997, do 3 de marzo, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa do 29 de xaneiro de 1997 sobre información aos pais separados ou divorciados dos resultados da avaliación dos seus fillos.

En tódalas disposicións referidas á avaliación está previsto que dita información se dirixe ó pai e a nai (ou de se-lo caso, ós titores legais) como unidade familiar, sen facer referencia a outro tipo de situacións.

A citada obriga lévanos a unha casuística diversa en situacións de separación xudicial ou divorcio, cando o cónxuxe que non ostenta a custodia legal dos seus fillos desexa ter información dos resultados escolares destes.

Se ben a regulamentación dos dereitos derivados destas situacións familiares, ou outras, non é competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta pode dictar normativa ós centros de ensino, en uso da súa capacidade organizativa, co fin de dar resposta a unha demanda social.
Consonte co anterior, díctase a seguinte CIRCULAR:

1. O pai ou a nai separados ou divorciados que non teñan asignadas a garda ou custodia legal dos seus fillos e desexen obter información sobre os resultados da avaliación destes deberán solicitala ó centro educativo no que os seus fillos estean escolarizados, a través de escrito dirixido ó Director, achegando copia fidedigna da sentencia xudicial de divorcio, separación ou nulidade.

2. Se o dictame da sentencia tivese unha declaración expresa sobre o particular, os centros ateranse ó disposto nela.

3. Se o dictame da sentencia non tivese declaración expresa sobre o particular, o centro emitirá a información sobre o rendemento escolar do seu fillo ó proxenitor que non ten encomendada a custodia do alumno, sempre que non fose privado ou excluído da patria potestade. Os centros non proporcionarán a información ó cónxuxe privado ou excluído da patria potestade, agás que por orde xudicial se indique o contrario.

4. No suposto que un centro reciba unha solicitude para facilitar información directa ó proxenitor que non teña a custodia ou garda legal, nos termos e circunstancias contemplados nos puntos anteriores, comunicará ó pai ou nai que a teña, a pretensión do solicitante e concederalle un prazo máximo de dez (10) días para que poida formula-las alegacións que estime oportunas. Indicaráselle que pode ter coñecemento da copia da sentencia aportada polo outro proxenitor para contrastar si é a última dictada.

5. Rematado o prazo sen formular alegacións ou cando estas non aportaren nada que aconselle varia lo procedemento, o centro deberá facer chegar ó mesmo tempo ó proxenitor solicitante copia de cantas informacións documentais entregue á persoa que ten a custodia do alumno. Asemade, o profesor-titor e os demais profesores poderán facilita-la información verbal que estimen pertinente.

6. Esta situación prolongarase automaticamente agás que algún dos proxenitores aportara novos elementos en relación con modificacións en canto á potestade, garda ou custodia.

7. Se o documento informativo prevé a devolución cun “recibín” do proxenitor ó que se destinou, este virá obrigado á súa devolución, e no caso de reiterado incumprimento, o centro non estará obrigado a continuar coa remisión dos ditos documentos informativos.


Algunhas cuestións relacionadas con pais separados ou divorciados.

Que se entende por patria potestade?

Podemos definila como o conxunto de facultades e deberes que corresponden aos proxenitores para o cumprimento da función de asistencia, educación e coidado dos menores.

Exércese conxuntamente por ambos proxenitores ou por un só, co consentimento expreso ou tácito do outro. Ademais, serán válidos aqueles actos que realice un deles conforme ao uso social e ás circunstancias de urxente necesidade. En caso de desacordo, calquera dos dous podería acudir ao xuíz.

Que se entende por garda e custodia?

É unha das prerrogativas e deberes da patria potestade, aínda que, mentres a patria potestade refírese á responsabilidade xeral na toma de decisións que afectan aos menores, a garda e custodia ten un contido máis inmediato de coidado e atención sobre eles, que comprende os aspectos derivados do quefacer diario: alimentación, coidado, educación, estudo, etc.

Pode suceder que a tutela e a garda do menor estea atribuída á Xunta de Galicia por tratarse de casos de orfandade, desamparo, etc., e o menor se encontre en situación de acollemento familiar ou residencial. Nestas situacións, o titor legal ou persoa designada pola Administración farase cargo das relacións co centro.

En caso de separación, nulidade ou divorcio, a sentenza xudicial establece a que cónxuxe se atribúe a garda e custodia ou se esta é compartida, fixando tamén, na maioría dos casos, o exercicio conxunto da patria potestade e o réxime de visitas ou de convivencia.

Que debemos ter en conta na recollida no centro dos menores?

Haberá que atender aos termos establecidos na sentenza.

O alumno entregarase xeralmente ao proxenitor co que conviva e exerza a custodia, sen prexuízo de que este poida autorizar ben o outro proxenitor ou unha terceira persoa para que o recolla no seu nome.

A sentenza dispoñerá, así mesmo, se algún día á semana o recolle o pai ou a nai non custodio ao rematar as clases, ao ter este ese día ao seu cargo ao menor. Este proxenitor, en exercicio da súa patria potestade, podería tamén autorizar a outra persoa  para recoller ao alumno no seu nome.

En todo caso, o centro deberá aplicar os protocolos que se utilicen con outras familias, que xeralmente consisten en autorización asinada para delegar a recollida.

Preséntanse casos conflitivos nos que o proxenitor que ese día non ten a custodia pretende recoller ao menor á saída do colexio, ou sacalo de clase coa escusa dunha consulta médica.

Neste tipo de situacións, debe procederse conforme aos termos da sentenza ou en base á autorización concreta do proxenitor que ten a custodia, negándose a entregar ao alumno noutras circunstancias.

Que requisitos debe cumprir a solicitude de admisión dun neno cuxos pais están separados ou divorciados?

Nas solicitudes de admisión de nenos con pais separados ou divorciados requírese a sinatura dos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

De constatarse no expediente a separación ou divorcio dos proxenitores coa patria potestade compartida e a existencia dunha soa sinatura na solicitude, deberase requirir ao proxenitor que a presentou que subsane a deficiencia ou, se é o caso, xustifique o motivo da omisión por calquera medio de proba admitido en dereito.

Que sucede en caso de discrepancias á hora de matricular un neno?

De existir unha discrepancia formulada expresamente por escrito polo proxenitor non asinante, non se paralizará o expediente, sen prexuízo de que os feitos sé poñan en coñecemento da xefatura territorial para o seu traslado, se é o caso, ao Ministerio Fiscal.

En tanto o xulgado dite resolución, a Administración educativa garantirá, en todo caso, a escolaridade do menor, especialmente no ensino obrigatorio.

Procedemento recollida alumnado non transportado

RECOLLIDA DO ALUMNADO AO REMATAR AS CLASES LECTIVAS, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E EXCURSIÓNS CULTURAIS

Os alumnos serán recollidos nas instalacións do centro educativo polas persoas identificadas como os seus responsables no horario de saída ou nas comunicacións correspondentes a eventos concretos.

Estes poderán autorizar formal e expresamente a outro adulto ou a un irmán ou irmá que curse 5º e 6º de educación primaria a recoller aos pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregándoa no centro de ensino.

No suposto de país e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións previstas na sentencia xudicial, convenio regulador ou acordo provisional, que terán que presentar no colexio. Neste sentido, a persoa encargada de recoller ao alumno será a que teña ao seu favor a garda e custodia do mesmo ou o adulto ou o irmán ou irmá que curse os niveis educativos descrito anteriormente, aos que ela autorice expresamente, agás nos días de visita asignados ao outro proxenitor, nos cales poderá este recoller ao seu filio ou a súa filia.

Os rapaces permanecerán custodiados no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial a partir do horario de recollida fixado. A estes efectos, os responsables dos nenos ou os adultos ou irmáns autorizados expresamente para recollelos terán a obriga de reportar ao centro escolar calquera demora que poidan sufrir.

Transcorrido o tempo de demora comunicado sen que apareceran, efectuaranse dende o colexio chamadas aos responsables dos pequenos, que, de resultaren infrutuosas, poderán determinar a condución dos escolares ás dependencias da Policía Local ou cuartel da Garda Civil que corresponda. A reiteración en mais de 4 ocasións desta última circunstancia poderá dar lugar á comunicación dos feitos ao Servizo Provincial de Menores que corresponda, paraos efectos da apertura dunha investigación sobre abandono de menores.

DESCARGA AUTORIZACIÓN

Novidades Protocolo 07/03/2022

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral serán opropios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do caso positivo.

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do 7/3/22https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivas-contactos-estreitos

Solicitude de admisión

01/03/2022 09:00
21/03/2022 14:00
Europe/Madrid

ACTA VOTACÍÓNS FAMILIAS

Estimadas familias, podedes ver a acta cos resultados da votación para a xornada única celebrada no día de hoxe. O seguinte paso será enviar toda a documentación (votacións, informe de transporte escolar...) á Xefatura Territorial que resolverá todo o trámite.

ACTA DE ESCRUTINIO DA VOTACIÓN DA XORNADA ÚNICA

 

Procedemento pago telemático de taxas do comedor escolar

A) Pago de Taxas do servizo de comedor a través da

OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA (ATRIGA)

 

 Unha vez feito o pago débese entregar o xustificante no centro ou via email

 Pódese facer sen DNI electrónico nin certificado dixital.

 Precisas saber o número de días que asistiu ao comedor e o importe total (Preguntalo no centro)

 As entidades colaboradoras son: ABANCA, BBVA, Sabadell, Caixa Rural Galega,  Caixabank, Caja Rural de Zamora e EVO Banco, (Pode haber custo adicional)

Titorial de pago de taxas a través da Oficina Virtual Tributaria 

 

A) Pago de Taxas do servizo de comedor a través do ESPAZOABALAR

 Precisas CHAVE 365 ou certificado dixital

 Non cobran comisión 

 Non fai falla xustificar no centro o pago se se paga por ABANCA, polo resto de entidades é preciso enviar o xustificante (vía correo electrónico, en papel ou a través do móbil do colexio).

                                        

 

LEMBRAMOS QUE O ÚLTIMO DÍA DE PAGO DO COMEDOR É O DÍA 20 DE CADA MES

Chegou o entroido!

                             

Distribuir contido


by Dr. Radut