Skip to Content

Circulares informativas

CIRCULAR DO INICIO DO CURSO 2020/21

A través da seguinte circular informativa de inicio de curso queremos darvos a benvida ao CEIP P. Wenceslao Fernández Flórez e informarvos de aspectos relacionados cos seguintes temas:

  • Profesorado e titorías
  • Calendario escolar
  • Instrucións aos pais/nais de alumnos/as
  • Comedor escolar e madrugadores
  • Actividades extraescolares de tarde
  • Biblioteca (servizo de tarde)
  • Currículo de primaria. Horas semanais
  • Páxina web

Descargar a circular.

PREPARANDO A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Estimadas familias do alumnado;

O xoves 30 de xaneiro celebraremos no colexio o "Día Escolar da non Violencia e da Paz".

Para isto necesitamos que ese día veñan vestidos cunha camiseta, camisa, xersei, sudadeira branca (sen debuxos nin letras). Se non a tedes lisa, poden darlle a volta e traela do revés, ou traer unha camiseta interior. A cuestión é non gastar e ir todos da cor da paz para bailar xuntos e cantar a canción "We are de world".

Aproveito a ocasión para saudalos.

Nuria Calvo, coordinadora do Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

PREPARANDO O MAGOSTO 2019

Benqueridas familias, 

Unha vez máis necesitamos a vosa colaboración para celebrar o Magosto no centro o luns 11 de novembro. 

A partir do xoves desta semana, todo o alumnado terá que traer unha presa de castañas cortadas, que despois comeremos asadas o día 11.

Cada nena/o traerá tamén un recipiente para recoller as castañas asadas e gardar as cascas o día da festa, e así ter as mans libres.

Deixámosvos unha idea de como podedes facelo... 

Forrar, decorar, colgar do pescozo e a desfrutar da festa sen manchar o noso cole!

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

RECORDATORIO DE DÍAS NON LECTIVOS

Comunicámosvos que o próximo xoves 31 de outubro (Día do ensino) e o venres, 1 de novembro (Día de todos os Santos) non haberá clases.

RECORDATORIO DE INFORMACIÓN SOBRE AS SAÍDAS E ENTRADAS NO CENTRO.

Estimadas familias:

Lembrámoslles unha serie de indicacións que son importantes para un bo funcionamento do centro: 

  • Nas entradas ao centro, ás 9.00 horas, o alumnado deberá permanecer nas filas, polo que pregamos que as familias se retiren das mesmas para non bloquear as portas e axilizar a subida ás clases.
  • Se por calquera motivo, non se chega puntual e as filas xa están subindo, deberase avisar ao profesorado, quen indicará en que momento poderá subir o alumno/a. Recordámosvos que os pais non poden acceder ao centro polas escaleiras de acceso do alumnado. 
  • Lembrade que o alumnado non autorizado a marchar só durante as saídas, deberá ser recollido polos seus pais/nais/titores legais ou persoa autorizada, polo que pedimos que vos acheguedes as portas do centro para recoller as nenas e nenos de xeito que os mestres/as poidan ver quen os recolle. De non ser así o alumnando non poderá saír do colexio.

Moitas grazas.

A dirección

CIRCULAR DO SAMAÍN 2019

Benqueridas familias,

Un ano máis imos celebrar a festa do Samaín na nosa escola co tradicional concurso de cabazas.

O alumnado que queira participar deberá traela decorada da casa, co nome e o curso nun lugar visible.

O tema deste ano serán os inventores e as inventoras.

A partir do día 28 de outubro, luns, poderanse traer ao centro.

O día 30 será o último día de exposición e cada alumno/a levará a súa cabaza.

Un saúdo!

 

CIRCULAR DE INICIO DO CURSO 2019/2020

Publicamos a circular de inicio de curso, con toda a información relevante para estes primeiros días. 

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA PARA 6º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Co permiso de cambio de datas, concedido por Inspección educativa, para a realización da Avaliación final de Educación Primaria, comunícovos que estas probas se realizarán os días 28 e 30 de maio (recordade que o 29 de maio os alumnos/as de 6º teñen programada a saída en bicicleta).

Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística, matemática, ciencia e tecnoloxía e inglés Son probas de carácter estrictamente informativo e orientador. É dicir, que os seus resultados non computarán en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin terán efecto nos seus expedientes. As probas realizaranse ao longo da mañá co seguinte horario:

DIA HORA PROBA
28/05/2019 9:15-10:15 Competencia lingüística (Castelán). Caderno 1
10:15-10:30  Descanso
10:30-11:00 Competencia lingüística (Castelán). Caderno 2
11:00-11:15 Descanso
11:15-12:15  Matemática
12:15-12:30 Descanso
12:30-13:30 Ciencia e tecnoloxía
30/05/2019 9:15-10:15 Competencia lingüística (Galego). Caderno 1
10:15-10:30 Descanso
10:30-11:00 Competencia lingüística (Galego). Caderno 2
11:00-11:15 Descanso
11:15-12:15 Competencia lingüística (Inglés). Caderno 1 
 12:15-12:30 Descanso
12:30-13:30 Competencia lingüística (Inglés). Caderno 2

Para máis información consultar O DOG 3 de maio de 2019 no que se recolle a RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019 onde figuran as instruccións para o desenvolvemento da avaliación final de primaria..

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA PARA 3º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Os días 28 e 29 de maio realizarase a avaliación individualizada en 3º de E. Primaria na que se avaliarán as competencias en comunicación lingüística e matemática.

Son probas de carácter estrictamente informativo e orientador. É dicir, que os seus resultados non computarán en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin terán efecto nos seus expedientes.

As probas realizaranse ao longo da mañá co seguinte horario:

DIA HORA PROBA
28/05/2019  10.30-11.30 Competencia lingüística. Caderno 1
 11:30-12:00 Descanso
 12:00-12:50 Competencia matemática. Caderno 1
29/05/2019  10:30-11:30  Competencia lingüística. Caderno 2
11:30-12:00 Descanso
     12:00-12:50 Competencia matemática. Caderno 2

 

Para máis información consultar O DOG 3 de maio de 2019 no que se recolle a RESOLUCIÓN 12 de abril de 2019 onde figuran as instruccións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º de primaria..

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias;

Comunicámoslles que o luns, 20 de maio de 2019 non haberá clases por decisión do Consello Escolar do centro, atribiución que lle dá a Xunta de Galicia a todos os centros que teñan un dous días de festas locais coincidentes con días non lectivos.

Moitas grazas

Distribuir contido


by Dr. Radut