Síguenos nas redes sociais!
PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA PARA 6º DE PRIMARIA
Estimadas familias:
Co permiso de cambio de datas, concedido por Inspección educativa, para a realización da Avaliación final de Educación Primaria, comunícovos que estas probas se realizarán os días 28 e 30 de maio (recordade que o 29 de maio os alumnos/as de 6º teñen programada a saída en bicicleta).
Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística, matemática, ciencia e tecnoloxía e inglés Son probas de carácter estrictamente informativo e orientador. É dicir, que os seus resultados non computarán en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin terán efecto nos seus expedientes. As probas realizaranse ao longo da mañá co seguinte horario:
DIA | HORA | PROBA |
28/05/2019 | 9:15-10:15 | Competencia lingüística (Castelán). Caderno 1 |
10:15-10:30 | Descanso | |
10:30-11:00 | Competencia lingüística (Castelán). Caderno 2 | |
11:00-11:15 | Descanso | |
11:15-12:15 | Matemática | |
12:15-12:30 | Descanso | |
12:30-13:30 | Ciencia e tecnoloxía | |
30/05/2019 | 9:15-10:15 | Competencia lingüística (Galego). Caderno 1 |
10:15-10:30 | Descanso | |
10:30-11:00 | Competencia lingüística (Galego). Caderno 2 | |
11:00-11:15 | Descanso | |
11:15-12:15 | Competencia lingüística (Inglés). Caderno 1 | |
12:15-12:30 | Descanso | |
12:30-13:30 | Competencia lingüística (Inglés). Caderno 2 |
Para máis información consultar O DOG 3 de maio de 2019 no que se recolle a RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019 onde figuran as instruccións para o desenvolvemento da avaliación final de primaria..