Síguenos nas redes sociais!
RECORDATORIO DE INFORMACIÓN SOBRE AS SAÍDAS E ENTRADAS NO CENTRO.
Estimadas familias:
Lembrámoslles unha serie de indicacións que son importantes para un bo funcionamento do centro:
- Nas entradas ao centro, ás 9.00 horas, o alumnado deberá permanecer nas filas, polo que pregamos que as familias se retiren das mesmas para non bloquear as portas e axilizar a subida ás clases.
- Se por calquera motivo, non se chega puntual e as filas xa están subindo, deberase avisar ao profesorado, quen indicará en que momento poderá subir o alumno/a. Recordámosvos que os pais non poden acceder ao centro polas escaleiras de acceso do alumnado.
- Lembrade que o alumnado non autorizado a marchar só durante as saídas, deberá ser recollido polos seus pais/nais/titores legais ou persoa autorizada, polo que pedimos que vos acheguedes as portas do centro para recoller as nenas e nenos de xeito que os mestres/as poidan ver quen os recolle. De non ser así o alumnando non poderá saír do colexio.
Moitas grazas.
A dirección