ABN

Tags:

O alumnado de 5 anos traballamos moito cos números na nosa aula.

Xogamos e aprendemos a numeración co panel do 100, resolvemos crucinumeros e descompoñemos coas nosas casiñas de descomposición.

 

ABN en 5 anos
Tags:

O alumnado de 4 anos na nosa aula traballamos a numeración con xogos de ordear, na recta numérica e na táboa do 100.

Tamén descompoñemos números coas nosas casiñas e na asamblea diaria contamos cantos nenos/as veñen a escola.

ABN en 4 anos
Tags:

Estimando cantidades: En que bote hai máis pompóns?

Primeiro observamos os botes. Despois collemos a tarxeta que ten o noso nome e colocámola no bote que pensamos que ten a maior cantidade de elementos. Ao final da votación facemos reconto dos pompóns que hai en cada bote. Quen acertaría?

 

ABN en 3 anos
Tags:

O alumnado de 2º pasamos unha mañá moi divertida aprendendo a multiplicar coas nosas novas bólas e cubiteiras.

 

Que divertido é multiplicar!! Mirade que ledicia!!

 

Aprendendo a multiplicar en 2º
Tags:

Como actividade motivadora para a introducción do tema das fraccións, decidimos convidar ao noso alumnado a unha merenda saudable na que tiveran que axudarnos a repartir, en partes iguais, todos os alimentos que levabamos.

A PARVA CON FRACCIÓNS - 3ºEP
Tags:

Durante o primeiro trimestre do actual curso 2018-2019, as alumnas e alumnos de 3ºA e 3ºB participaron no proxecto do "Xogo da Escoba". Este proxecto consistiu na aprendizaxe e práctica do tradicional xogo de cartas e a participación nun torneo que se celebrou entre as dúas aulas.

Os obxectivos que a conseguir foron, entre outros, os seguintes:

Proxecto "Xogo da Escoba" - 3ºEP
Tags:

Clicando na imaxe inferior podedes ver un vídeo onde recollemos os nosos primeiros pasos na ensinanza da matemáticas empregando o método ABN.

ABN: matemáticas para a vida
Distribuir contido