iria

Que necesitamos?

1. Un limón 2. Un vaso para poñer o zume do limón 3. Un coitelo para cortar o limón 4. Bastonciños de algodón 5. Unha folla de papel 6. Un chisqueiro ou mistos 7. Unha candea

Como o facemos?

Primeiro de todo, esprememos o limón para obter o seu zume. A continuación mollamos a punta dun bastonciño no zume do limón e escribimos no papel a mensaxe secreta sen que ninguén nos vexa. Deixaremos que o papel se seque para que a nosa mensaxe se faga invisible. Temos que esperar uns minutos. Para poder ver de novo o que escribimos, achegaremos o papel á candea acesa con moito coidado para que non se queime totalmente o papel. Isto sempre o faremos coa axuda dun adulto xa que utilizar lume é perigoso.

Que pasa?

O limón é un froito cítrico. Estes froitos conteñen un acedo que se chama acedo cítrico que é un composto orgánico. Cando o achegamos a unha fonte de calor, neste caso unha candea, xeramos unha reacción química de carbonización. A parte que ten o acedo cítrico do zume de limón se oxida deixando unha substancia de cor marrón. O acedo se descompón coa temperatura transformándose noutros produtos, entre eles o carbón. O carbón é o que dá este aspecto marrón. Se seguimos quentando podemos chegar mesmo a carbonizar o papel. Esta técnica de escribir mensaxes secretas utilizárona algúns axentes infiltrados durante a Primeira Guerra Mundial. Así enviaban cartas aos seus aliados sen que os seus inimigos puidesen ler o contido.