DÍA DAS MATEMÁTICAS - 2º DE PRIMARIA

Tags:

O martes 14 de marzo celebramos o Día das Matemáticas facendo unha actividade moi divertida que nos propuxo o pirata Palopincho.

Esta consistiu en superar unha serie de retos matemáticos de medida e cálculo, co obxecto de obter os cartos suficientes que nos permitan pagar a pasaxe de embarque no barco pirata que zarpará, moi pronto, na busca dun gran tesouro.

DÍA DAS MATEMÁTICAS - 2º DE PRIMARIA