Skip to Content

SAMAÍN 2.020

O venres día 30 de outubro, celebramos o SAMÍN no cole. Foi diferente ao doutros anos pero aínda así mereceu a pena adicarlle toda a xornada a unha das actividades que máis nos gustan. Durante a mañá, nas diferentes aulas léronse e contáronse historias relacionadas co medo, realizamos un obradoiro de música e preparamos petiscos terroríficos para comer antes do recreo. Tamén fixemos actividades de plástica, por grupos e nas diferentes aulas, mantendo en todo momento os agrupamentos de convivencia no colexio.

Ao mediodía, antes de xantar, entregamos os premios ás CABAZAS máis votadas polo alumnado, e tamén aos relatos de medo, no que xa imos pola X Edición. En canto ás cabazas, a participación foi moi elevada. Ademáis de participar na súa elaboración toda a familia, despois tiñan que enviala a través dunha foto para o concurso. As gañadoras foron: 1º Alicia Alvite Ramos (3º E.P.); 2ª foi Sofía Mourelle San Martín (INF-4); e 3ª a cabaza de Sara Labandeira Gerpe (5º E.P.).

 

Houbo tamén unha "Mención da honra" para a cabaza presentada por Daniel Ínsua Moldes (1º E.P.) que tamén tería que estar entre as premiadas por ser unha das máis votadas, pero como é norma no centro, tentamos que cada ano leven premios persoas distintas, aínda así como as súas votación foron tantas, decidimos telo en conta e entregarlle un diploma e un agasallo. Dani ese día non poido asistir ao cole polo que recolleu o premio a súa titora Sonia.

Tamén se entregaron os premios aos Relatos de Medo. En Infantil presentaron un conto en cada aula, e así obtiveron dous diplomas e dous agasallos para toda a clase: un para o alumnado de Infantil de 3-4 anos, e outro para Infantil de 4-5 anos. Premendo nas imaxes poderedes descubrir as súas terroríficas historias.

En canto a Educación Primaria, outorgáronse catro premios: 

Na aula de 1º e 2º, Olalla Suárez Grille

En 3º e 4º, Íker Freire Cambeiro

En 5º e 6º, o premio foi para Brais Carreira Antelo.

Tamén se concedeu un "Premio Especial" a Alejandro Villar Negreira, quen presentou unha historia creada por el na aula de P.T.

   



page | by Dr. Radut