O alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil do centro, quixo dun xeito moi especial celebrar o DÍA DA EDUCACIÓN, e así nos deixaron este maravilloso vídeo. Esperamos que vos guste.
O xoves día 8 de maio de 2014 os alumnos de Educación Infantil coas súas titoras, fixeron unha visita á fábrica de queixos PÉREZ OLVEIRA, para ver como é o proceso de fabricación de estes queixos tan ricos. Ao remate da visita poideron degustalos queixos insitu.
O día 21 de Marzo, coa chegada da primavera, celébrase o día da poesía. Os/as nenos/as de Educación Infantil quixemos festexalo traendo ó colexio algunhas poesías para compartir cos compañeiros/as e as mestras. Pedimos axuda ós nosos pais/nais, buscamos en libros, incluso se nos ocorreu sacar a voar a nosa inspiración e inventar algún poemiña.
A nai de Manú Yago, deulles unha charla a todos os alumnos de ed. infantil o xoves día 17 de marzo, sobre os golfiños e outros animais mamíferos, dentro do Proxecto que están a traballar as mestras de ed. infantil durante este curso e que esta relacionado co tema do mar.
Os alumnos de ed. Infantil, visitaron a fábrica de queixos Lácteos Pérez (A Pereira), acompañados polas súas titoras o venres día 18 de febreiro en horario de maña.