Skip to Content

Actividades

REUNIÓN de Martín Mejuto (colaborador coa ONG) cos pais/nais e alumnado de 1º e 2º 13-12-23

O mércores 13 de decembro programouse  na titoría do alumnado de 1º e 2º de primaria, unha xuntanza entre os/as pais/nais e o alumnado, que xunto co psicólogo Martín Mejuto (que traballa co alumnado HHSS grazas á colaboración da ONG Ayuda en Acción)  e as colaboradoras da ONG, levaron a cabo unha sesión a base de xogos que fixeron interrrelacionarse ás familias, nun momento de lecer cos seus fillos.

ACTIVIDADES ANPA CURSO 2013-2014

RESULTADOS DOS CUESTIONARIOS DE CONVIVENCIA NO CENTRO CUBERTOS POLAS FAMILIAS

Estes son os resultados totais dos cuestionarios cubertos por vostedes. Os números que aparecen nas casillas, indican o número de respostas. Como poden comprobar os resultados indican que vostedes perciben unha moi boa convivencia no colexio. Esto é un mérito de toda a comunidade educativa, e tanto ao profesorado e ao persoal non docente (cociñeiras e conserxe), anímanos a seguir na liña de traballoque vimos desenvolvendo. Si queredes ver estos resultados, picade na imaxe.


ACTIVIDADES ANPA 2012-2013

OS PAIS NO CENTRO/PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA


Existe unha boa colaboración cos pais. Iso maniféstase en varias accións:


·         A nivel individual  asistindo as citas que se fan dende as titorías, equipo directivo e departamento de orientación.


·         A nivel colectivo. Na asistencia ás reunións cos  titores/as, ás charlas da Escola de Pais, na asistencia a actividades culturais do centro, ás xornadas de convivencia…


·         Destacar a colaboración desinteresada de 47 familias (representan un alto porcentaxe deste séctor) na vixiancia dos nenos no comedor. Recordar que dende fai 3 cursos e  por unanimidade, os pais/nais colaboradores, decidiron crear unha conta con todos eles titulares e acordaron que figuraran como autorizados para facer movementos na conta as nais e pais representantes das familias no consello escolar. Dende fai 2 cursos os abonos polas gardas realizadas, son ingresados nesta conta conxunta. Con estos ingresos que  financianse: excursións escolares, actuacións culturais, xornadas de convivencia, etc… 


Destacar moi especialmente, o labor que ven realizando a asociación de nais e pais ANPA “San Cosmeiro”, colaborando co colexio na mellora das instalacións, colaborando e financiando actuacións de títeres, teatro…, na organización de actividades culturais do centro (entroido, magosto…), nas xornadas de convivencia que vimos celebrando dende fai 5 cursos (ruta de senderismo, actuación cultural, comida de convivencia…).


 


Ademais para os rapaces e rapazas, están a organizarse actividades. Ata o de agora hai programadas:




















ACTIVIDADE


LOCAL


DÍAS


HORARIO


Informática


Sala de informática


Luns


16:30 a 17:30 horas


Piscina


Piscina municipal do concello de Santa Comba


Pendente do comezo


Venres


19:15 a 20 horas


 


 

CHARLA DA ESCOLA DE PAIS 13-04-12

O venres, día 13 de abril, celebrouse na aula de audiovisuais unha charla da Escola de Pais, organizada polo Departamento de Orientación, co título "Que podemos facer para fomentar a lectura e mellorar o rendemento académico dos nosos fillos", a cargo de Mª Pilar Allariz Villanueva da Asociación NERIA.

Distribuir contido


by Dr. Radut