Skip to Content

1º Curso

TRABALLOS REALIZADOS POL@S NEN@S DO 1º CICLO SOBRE O PROXECTO DOS INUITS

 


Este curso, os/as alumnos/as de 1º ciclo de E.P., estamos traballando a Cultura dos INUITS. Para elo vimos a película "Nanook, el esquimal", e con anterioridade ollamos libros sobre este tema, que se atopan expostos no centro. Os nenos/as de 1º curso, fixemos a nosa propia AURORA BOREAL, que nos quedou moi bonita. Seguirémosvos informando de todos aqueles traballos que vaiamos facendo.


    



Estivemos investigando como se alimentaban e descubrimos que cazaban caribúes, focas, morsas, bois almiscleiros e osos polares entre outros animais árticos. Para facelo utilizaban o arpón kakivak, o unaaq e máis modernamente rifles.


O noso libro de contos

Xa chegamos ao remate da actividade que fixemos neste curso, os nosos contos! E para telos todos xuntos fixemos unha libreta con todos os nosos traballos e levalos de recordo. Espero que vos guste! E o ano que ven máis!!!!!!!


Os Bolechas perderon o can

E aquí tedes o derradeiro conto desta actividade de lectura dos rapaces e rapazas de 1º de E.P. A encargada de lelo foi Yanira e escolleu un conto dos Bolechas titulado "Os Bolechas perderon o can". Como sempre deíxovos os debuxos e traballos que fixeron nesta ocasión Yanira e Nuria. Espero que todos os contos gustáranvos moitísimo!!


O casamento da pola

Xa pasaron moitos días sen noticias nosas... pero aquí voltamos cun novo conto "O casamento da pola" que leu Claudia. Podedes ver as actividades que fixeron ela e Adrián. Espero que vos gusten!


O leite de Adela

Hola unha semana máis! Preséntovos o conto que se encargou de lernos Alex Otero!! "O leite de Adela". A nós gustounos moito espero que a vós tamén!!


Os Bolechas fan pis

A pasada semana foi Sheila quen nos trouxo un libro, nesta ocasión escolleu un conto dos Bolechas onde nos contan unha máis das súas historias. Como sempre aquí vos deixo os traballos que fixeron Sheila e Yanira. Ata a próxima semana!!


Los dos conejos

Como tivemos unha semana de vacacións isto dos contos quedouse un pocuco parado pero xa estamos aquí de novo!!


Faltounos por poñer o conto que nos trouxo Alex Insua: Los dos conejos. Podedes ver o seu traballo e máis o de Adrián!


El chichón de Pino

Voltamos ós contos!! Esta semana podedes ver o que trouxo Carlota. Deíxovos aquí o seu debuxo e o seu traballo xunto co de Mario:



A nosa Orla!!

Entre tanto conto dímonos conta de que non nos presentamos formalmente!! Como xa seberedes somos os rapaces e rapazas de 1º de Educación Primaria do curso 2010/11 e para que nos poñades cara e así vos acordedes de nós cando vexades os nosos traballos.... esta é a nosa Orla con todos nós!!  A que saímos moi ben!! 


                                        


E para que non teñades dúbida cos nosos nomes (xa que na foto non se ven moi ben...) imos a escribilos empezando dende arriba á esquerda:  Mario, Carlota, Pablo, Nuria, Claudia, Adrián, Fran, Sheila, Alex Otero, Yanira e Alex Insua.


Agora xa nos coñecedes a todos!!!!!!!!!

Bob Esponja "Buenos tiempos"

Esta semana foi o turno de Adrián que leu un conto moi animado das aventuras de Bob Esponja. Para que vexades o ven que debuxan e o moito que traballan deíxovos os debuxos e actividades feitas por Adrián e Alex Insua.


   


                               


La familia Drac

Hola a todos de novo!  Esta semana Mario leunos un misterioso libro no que hay un dragón... o de abaixo é o seu debuxo e tamén podedes ver ó de Claudia.


                      


E agora as actividades que fixemos sobre o conto:


                   

El patito feo

Pablo leunos o conto do Patito feo e unha das actividades que fixemos foi elixir a parte do conto que máis lle gustou a cada un. Aquí podemos ver o que máis lle gustou a Pablo, Carlota, Adrián e a Alex Otero.




 

Os Bolechas van en caravana

Nuria elixiu este conto dos Bolechas para contarnos a súa historia, este foi o debuxo que fixo e para que vexades outro máis aquí vos deixo o de Sheila.


La casita de chocolate

Fran foi o primeiro ó que lle tocou traer un conto para ler na clase e escolleu "La casita de chocolate", aquí podedes ver o seu debuxo e tamén o de Alex Insua.


    

Os nosos contos preferidos

Fai un tempo os rapaces e rapaces de 1º curso (2010/2011) estamos a traer das nosas casas os contos que máis nos gustan para poder lerllos ós nosos compañeiros e logo traballar con eles, así melloramos a nosa lectura e escritura. 


Ó longo do curso iremos poñendo algúns dos debuxos e actividades dos contos que leeremos ata final de curso, espero que vos guste!!

O entroido deste ano

Este ano, os nenos e nenas de 1º curso disfrazámonos de trasnos, xa que estamos aprendendo moitas cousas novas sobre a mitoloxía galega. Un dos seres máis interesantes son os trasnos; estes seres fan moitas bromas, sempre andan coxos e teñen a man esquerda furada.


Nós divertímonos moito e fixemos algunha que outra trasnada... pero non llo contedes a ninguén.


 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut