Skip to Content

Proxectos

PROXECTOS CURSO 2012-2013

Neste curso académico temos pensado levar a cabo os seguintes proxectos que implicarán á totalidade do profesorado e que se desenvolverán ao longo de todo o ano académico 2012-2013. Para unha información máis pormenorizada, atópase na Dirección do centro toda a documentación sobre todos estes proxectos.




  • PROXECTO VOZ NATURA: O NOSO HORTO ESCOLAR 12-13


  • GRUPO DE TRABALLO: PLAN DE CONVIVENCIA ESCOLAR 12-13


  • GRUPO DE TRABALLO: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 12-13


  • PLAN PROXECTA: XOGADE 12-13


  • PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 12-13


  • TRABALLO POR PROXECTOS: A MULTICULTURALIDADE 12-13

 

O NOSO HORTO SEGUE A MEDRAR.

O noso horto segue a medrar día a día. Agora que nos adentramos na primaveira, comezan a dar os seus froitos todos os traballos feitos meses atrás. Temos, no invernadoiro, as seguintes plantacións: Plantas aromáticas: lavanda e romeu; Plantas medicinais: menta e manzanilla; Hortalizas e verduras: leituga, pementos de Padrón, Ourense e morróns, puerros, cogombros, cebolas, cenorias, repolo e brocoli; Frutais: amorodos. Dende eiquí e ata o remate do curso, continuaremos a traballar neste noso proxecto.

"TRABALLANDO NO HORTO" (PROXECTO VOZ NATURA CURSO 10-11)

Dende setembro comezouse a recoller todo aquilo que se plantou a finais do curso pasado (tomates, pementos de Padrón, pementos morrós,...) e tamen se repartiron entre os alumnos flores e algunhas árbores pequenas que os propios alumnos foron vendo medrar durante varios meses. No mes de febreiro, coa axuda de algúns pais e membros da comunidade educativa, preparouse a terra do invernadoiro co fin de comezar a traballar no proxecto. Removeron a terra e preparárona para a plantación. Despois se lle votou como abono escremento de coello, e todo iso se removeu. ¡Xa estaba todo preparado para comezar a plantar!. Na penúltima semana de marzo, cada curso, orientados pola encargada, a mestra Susi, plantáronse amorodos e leitugas. Seguiremos nas vindeiras semanas plantando diversas hortalizas, frores, plantas aromáticas, etc... os alumnos encargaranse do regado e coidado das mesmas.

Distribuir contido


by Dr. Radut