Skip to Content

Idioma extranxeiro

FACE 2 FACE TEATRO EN INGLÉS NA PICOTA 13-12-16

O martes día 13 de decembro de 2016, fomos á Aula de Cultura da Picota para ver a actuación do grupo de teatro FACE 2 FACE, que levou a cabo dúas sesións de contacontos en inglés: un para o alumnado de ed. infantil e 1º e 2º cursos de ed. primaria titulada "JUNGLE FEVER", e outra para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria co título de "CINDERELLA". Foron dúas sesións e mentras uns vían o contacontos os outros visionaban unha serie de curtas sobre o espacio, e viceversa. Esta actividade fíxose co colexio de Pino de Val.


   

TEATRO EN INGLÉS: FACE 2 FACE 17-12-12

Os nenos e nenas de primaria foron á Aula da Cultura do Concello de Mazaricos (A Picota), o luns día 17 de decembro de 2012, para ver unha obra teatral en inglés do grupo de teatro FACE 2 FACE.


ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011. Eiquí podedes atopar toda a información necesaria.

CONCERTO PARA OS ALUMNOS DE 6º DE CANCIÓNS EN INGLÉS DE DANI GRIFFIN EN SANTIAGO 22-02-11

Os/as alumnos/as de 6º curso de ed. primaria, asistiron a un concerto de cancións en inglés de DANI GRIFFIN (escoitadas e traballadas xa no colexio) no Palacio de Congresos de Santiago, en horario de 11 a 14 horas. Foron acompañados pola súa titora Elena e o seu mestre de inglés Andrés.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut