Skip to Content

E.D.N.L.

FIESTA VOZ NATURA 2014 07-06-14

Este sábado día 7 de xuño de 2014, terá lugar a FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA 2014 en horario de 11 a 19:30 horasno Parque Deportivo Acea de Ama no Burgo - Culleredo (A Coruña). Para ver todo tipo de información picade no cartel. Unha parte pequena dos nosos traballos do proxecto integrado deste curso xa están expostos na carpa de Voz Natura, para que podades pasar a velos.

                            

V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2012

Levouse a cabo este ano o V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Houbo un premiado por cada ciclo e a gañadora será enviada a tódolos nenos e a outros estamentos como representación do noso centro. As gañadoras por ciclos foron:



  • ED. INFANTIL: JORGE OTERO PITA

  • 1º CICLO DE PRIMARIA: IRIA LÓPEZ CARREIRA

  • 2º CICLO DE PRIMARIA: MARIO MOURELLE TORRADO (Esta foi a gañadora)

  • 3º CICLO DE PRIMARIA: VANESA CAL LÓPEZ.

   


             ED. INFANTIL                                 1º CICLO E.P.                                      3º CICLO E.P.



                                                   POSTAL GAÑADORA DO V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2012

RECITAL DO POEMA DE CELSO EMILIO FERREIRO "Deitado frente ao mar". 12-12-12

O día 12 de decembro de 2012, ás 12:00 horas da mañá, tivo lugar na Biblioteca do centro un recital por parte de alumnos/as do colexio do poema de CELSO EMILIO FERREIRO titulado "Deitado frente ao mar", co gallo da conmemoración do 100 aniversario do nacemento do escritor galego. Picando na foto veredes as fotos de este recital. Picando no mural, veredes a páxina web do artista, onde podedes sacar máis información.


 

CONCERTO DIDÁCTICO NA PICOTA: SON+D2

O vindeiro xoves, día 17 de novembro, terá lugar no auditorio do Concello (A Picota), o Concerto Didáctico a cargo do grupo "Son+d2". O concerto terá lugar ás 11 da mañá e é para tódolos alumnos do centro. Eiquí vos quedan una enlaces para poder ver o tríptico do concerto e máis unha unidade didáctica do mesmo.



UNIDADE DIDÁCTICA

LETRAS GALEGAS 2011 NA PICOTA 18-05-11

O mércores día 18 de maio, fomos todo o colexio á Aula da Cultura do Concello, para ver a actuación do grupo de animación musical "Os Tres Tenedores" e para conmemorar o día das Letras Galegas 2011, que este ano adicouselle a LOIS PEREIRO. Como remate dos actos, fíxose entrega duns agasallos, por ciclos, a aqueles alumnos e alumnas que gañaron o concursos literario, a traves dos equipos de normalización dos tres centros do Concello.


 


PÁXINA WEB DO GRUPO

LETRAS GALEGAS 2011 ADICADAS A LOIS PEREIRO

                                                         


                              BIBLIOGRAFÍA E LIGAZÓNS DE INTERESE


                                  COORDINADORA GALEGA DE ENDL

Distribuir contido


by Dr. Radut