Skip to Content

Biblioteca

23 DE ABRIL, CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O martes, día 23 de abril pola tarde, celebramos o DÍA DO LIBRO. Fixemos unha actividade chamada "AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES" consistente en que o alumnado dos cursos máis altos lle lea varios contos ao alumnado dos cursos máis baixos en calque lugar do centro. Posteriormente lector e oínte fixeron un debuxo acerca do contido do conto lido!!! Unha estupenda tarde de lectura!!!


Obradoiro sobre violencia e creación de espazos seguros 16-04-24

O Día 16 de abril tivemos un "Obradoiro sobre a violencia e a creación de espazos seguros para a infancia e a adolescencia", a través da POIG (Plataforma Organizativa da Infancia de Galicia) para o alumnado de 3º, 5º e 6º de Primaria. Nestes obradoiros de aproximadamente 2 horas, traballouse con grupos temas como Os Dereitos da Infancia, a non violencia e a nova Lei de Infancia (LOPIVI).

VISITA-CHARLA DO ESCRITOR DAS "FORMIGAS": PERE TOBARUELA

O xoves día 4 de abril, visitou o noso centro o escritor PERE TOBARUELA, moi coñecido polos seus libros de formigas, entre outros!!! Tivo unha charla fantástica co alumnado de 3º a 6º de educación primaria, os cales levan lídos moitos dos seus libros mesmo no clube de lectura neste curso. Explicoulles, entre outras moitas cousas, o porque desa temática dos seus libros, e como facía para crear esas historias. Foi un pracer poder contar coa presenza deste escritor no cole. Ata a próxima!!!

DÍA DA POESÍA 21-03-24

O xoves día 21 de marzo, celebramos no cole o DÍA DA POESÍA. Fixemos unha actividade, nas aulas, que consistía en que cada neno e nena elaboraba unha poesía propia ou dun autor e a ilustraba do mellor xeito posible. Logo se enrolaban a modo de "papiro" e se introducían nunha urna que estaba ubicada na Biblioteca. No recreo todo o alumnado do colexio, colleu da urna unha poesía, que non fose a súa, para levar de recordo para casa de este día tan fermoso.

Nova Formación de Radio para entrevistar a Roberto mestre de Informática 14-03-24

O alumnado de 3º a 6º de primaria, recibiu outra Formación de Radio a cargo de Verónica. Nela o alumnado de 5º e 6º de primaria, aproveitaron para facerlle unha entrevista a Roberto, mestre de Informática nas actividades extraescolares. Todo un pracer!!!

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres 8 de marzo, celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. No cole traballouse nas aulas sobre distintas mulleres que tiveron unha certa importancia ao longo das súas vidas e posteriormente estes traballos foron expostos no pasillo do centro.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 23-02-24

O Venres día 23 de febreiro de 2024, celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, cunha serie de actividades nas aulas e no pasillo do cole. O alumnado elaborou unhas mans nas que plasmaron algún dos poemas de Rosalía máis importantes, que con posterioridade lle leron ao resto de compañeiros. Todo esto amenizado con música de fondo de Amancio Prada como "Adiós ríos, adiós fontes" ou "Campanas de Bastabales". Estas mans quedaron moi bonitas e expuxéronse no pasillo. Un día "moi da nosa terra"!!!.

FORMACIÓN DE RADIO PARA INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA.

A través da convocatoria de Radio na Biblio e cos cartos que nos foron concedidos, contratamos a Santiago García Nieto para dar a Formación de Radio para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de ed. primaria, xa que o resto de primaria xa ten Formación de Radio a través da ONG Ayuda en Acción. Así tiveron o primeiro contacto os días 15 e 16 de febreiro. CONTINUARÁ...

Proxecto Integrado de Centro 23-24: "A VIDA SAUDABLE"

Xa está en marcha o noso espazo sobre o Proxecto Integrado de Centro para este curso 23-24 que está baseado na "VIDA SAUDABLE". O alumnado rematou de colorear o cartel do Proxecto e xa temos unha chea de libros sobre esta temática para poder ler.

FORMACIÓN DE RADIO. Temos nova formadora: Verónica!!!

O 18 de xaneiro de 2024, arrivou ao noso cole unha nova formadora, colaboradora coa ONG Ayuda en Acción, chamada Verónica que virá a partir de agora e ata final de curso a dar as charlas de FORMACIÓN DE RADIO para o alumnado de 3º a 6º de educación primaria. Toda unha sorte contar con xente tan agradable e profesional.

25N-DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebrouse o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Nos no cole celebrámolo o luns 27, despois do recreo saimos ao patio coas nosas camisetas reivindicativas (tiñamos pensado sair polo pobo, pero o mal tempo impediuno). O alumnado de 6º fixo a lectura dun manifesto informativo do porque desta celebración neste día. Despois todois xuntos bailamos e cantamos unhas cantas cancións-protesta contra a violencia de xénero. "NON HAI EXCUSA".


FORMACIÓN DE RADIO. ENTREVISTA ÁS COCIÑEIRAS DO COLE

Hoxe pola mañá, día 22 de novembro, e dentro da Formación de Radio co alumnado de 3º a 6º de primaria, levamos a cabo unha entrevista ás cociñeiras do cole, Sheila e Mariví, para falar sobre alimentación axeitada e equilibrada, como traballo sobre o Proxecto Integrado de Centro deste curso sobre "A VIDA SAUDABLE". Foi un pracer contar con xente tan profesional coma elas.!!!

ACTIVIDADES COA ONG AYUDA EN ACCIÓN 23-24

Un ano máis, e xa van catro, seguimos a desenvolver no centro unha serie de actividades gracias á inestimable axuda da ONG AYUDA EN ACCIÓN (reflexada en Jenni e Lorena), sin a cal sería imposible levar a maioría destas actividades adiante. Este curso estamos levando a cabo charlas sobre ESPAZOS SENSORIAIS, Formación de RADIO, Formación de Impresora 3D, Informática para o alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria, Formación de IOGA para nenos e nenas e Obradoiros de Habilidades Sociais grazas ao psicólogo Martín Mejuto.





O NOSO HORTO ESCOLAR, un ano máis (Voz Natura)

Un ano máis e xa van moitos, continuamos a traballar no noso HORTO ESCOLAR, plantando co alumnado repolo, leituga, etc...que posteriormente usamos no comedor do cole. Facemos esta actividade xa que estamos co proxecto de VOZ NATURA, tamén un ano máis.



Celebración DÍA DA INFANCIA 2023 na CdC Santiago

O luns 20 de novembro de 2023, para conmemorar o DÍA DA INFANCIA, convidaron ao alumnado de 5º e 6º e aos seus titores Lara e Óscar, a participar nunha xuntanza que tivo lugar no Edificio Fontán na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Xunto con outros centros escolares o alumnado presentou determinados traballos para que se visualizara os problemas dos menores. Así o noso centro elaborou un vídeo fabuloso. Unha enorme aperta a tod@s polo voso traballo!!!!

Actuación de Galeatro "COMECHÍNS" para celebrar o Día das Bibliotecas

Para celebrar o Día das Bibliotecas, trouxemos ao colexio a actuación de Galeatro que leva por título "Comechíns", moi axeitado para traballar o Proxecto Integrado do centro sobre "Vida Saudable". Tivemos dúas sesións de teatro, unha para os pequenos e outra para os maiores, na Biblioteca do centro. O alumnado aprendeu certas cousiñas da alimentación saudable, que de seguro lles ven de maravilla.

I ENCONTRO DE FORO DE FOROS DA CAIA EN SEGOVIA

O fin de semana do 10 ao 12 de novembro a alumna de 6º de primaria LUCÍA MOURELLE TORRADO, desprazouse a Cuéllar (Segovia) como representante da CAIA (Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia) de Galicia para levar a cabo o I Foro de Foros.

O Foro de Participación da Infancia e laAdolescencia de Castilla y León xunto coa Consellería de Familia da Junta de Castilla y León fixeron unha proposta para realizar o I Encontro Nacional de foros/consellos da infancia de outras CC.AA.
Querese crear un espazo onde compartir experiencias sobre a participación infantil e adolescente para a elaboración dunha axenda común. Todo unha honra contar cunha alumna nestes encontros.

CINEDOMEVR 360º E PLANETARIO 3D

O martes día 24 de outubro disfrutamos no cole da actividade de CINE en 360º para todo o alumnado do centro. Fixéronse varias sesións de cine dependendo das idades do alumnado, nas que se viron pelis sobre ciencia e astronomía. Unha vez máis Pau David fixo as delicias dos asistentes.

Teatro "O ESPANTALLO AMIGO" Os Quinquilláns

O luns 23 de outubro en horario de mañá na Casa da Cultura da Picota, levouse a cabo a representación teatral "O ESPANTALLO AMIGO" a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS. Unha máxica historia basada nun libro de Xosé Neira Vilas, co que o Concello agasallou ao alumnado que asistiu.

Escoitando o noso podcast sobre o Prestige en Radio Xallas

O 2 de outubro tivemos a posibilidades de escoitar nas aulas a través de RADIO XALLAS, un podcast que grabaron o curso pasado os alumnos de 5º e 6º sobre O PRESTIGE. Que emocionante!!!!!

Visítanos a ESCOLA DE MÚSICA DE MAZARICOS

A principios de curso, visitóunos a ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE MAZARICOS, para dar a coñecer as actividades musicais que imparten no Concello entre o alumnado do centro, para ver se a algún dos presentes lle gustaría practicar algún destes instrumentos. Foi unha mañá de concerto moi agradable.

Presentación da ESCOLA DE MÚSICA DE MAZARICOS

Xa comenzado o curso, visitáronnos os integrantes da ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE MAZARICOS par deleitarnos cos seus instrumentos e animar ao alumnado a anotarse ás clases de música que levan adiante estes profesionais. Pasamos un rato de música, ben agradable.

 

INICIO DO CURSO 23-24

O luns 11 de setembro comezamos este novo Curso 23-24. Esperemos que sexa continuación de todos estes anteriores cursos. Para comezar o día o mestre de Música Óscar preparou unha canción para darnos todos a coñecer e romper o xeo do 1º día. BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 23-24!!!!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

O 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECA. E no noso centro, para celebralo, tivemos unha actividade, o martes día 25 de outubro, co grupo GALEATRO que representou en dúas sesións na Biblioteca do cole "AS AVENTURAS DE MARIÑA" sobre o exceso de plástico nos nosos mares, enlazando así co noso Proxecto Integrado de Centro sobre "A PEGADA ECOLÓXICA".

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER RURAL 15-10-22

Hoxe 14 de outubro celebramos o DÍA DA MULLER RURAL. Grazas a moitas das mulleres que se adican á agricultura, que labran a terra e plantan sementes, nacións enteiras poden alimentarse. Para conmemoralo, xuntámonos todos no pasillo do centro e entre outras actividades, o alumnado de 6º de primaria fixo unha lectura para recalcar o labor da muller no campo; despois visualizamos no pasillo os debuxos que se fixeron nas aulas para tal conmemoración; e finalizamos esta celebración sacando todo o alumnado unha foto co noso maravilloso mural sobre a muller rural, que se atopa na entrada ao centro. Con estes actos queremos facerlles unha homenaxe, porque valoramos moito o seu esforzo, a súa adicación, e porque nos sentimos moi orgullosos delas. Parécenos un traballo moi digno, nun entorno privilexiado, e gustaríanos que todas as nenas do cole que soñan con traballar no rural o teñan máis doado.

OBRADOIROS CON AYUDA EN ACCIÓN: DEREITO Á PARTICIPACIÓN INFANTIL 13-10-22

O xoves día 13 de outubro de 2022, en horario de mañá, levamos a cabo coas nosas compañeiras de Ayuda en Acción Lorena e Jenni, uns obradoiros para 3º e 4º de primaria e para 5º e 6º de primaria, co fin de traballar o DEREITO Á PARTICIPACIÓN INFANTIL. Traballouse en grupos e expoñendo ideas e tomando decisións, co fin de que a todos os nenos e nenas se lles teña en conta. As ideas aportadas foron recollidas para envialas con posterioridade á Plataforma de Organizacións da Infancia en Galicia, que con estas opinións dos rapaces, daranlle luz e as terán en conta na celebración do DÍA DA INFANCIA o vindeiro 20 de novembro.

TOUPICIENCIA E A XANELA DO MAXÍN VISITAN A NOSA BIBLIOTECA 24-05-22

Tivemos a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Mario pertencente á Compañía Teatral "A XANELA DO MAXÍN" co seu espectáculo TOUPICIENCIA. Mario xunto coa Toupiña transformaron un anaco da Biblioteca nun laboratorio no que quedou moi claro que o máis importante é ler para descubrir cousas fantásticas. Aquí vos quedan as imaxes de ese día.

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC 05-05-22

O pasado día 28 de abril foi o DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC, e no cole fixemos varias actividades para celebralo. Unha delas, a máis emotiva, foi a de invitar ás familias a vir ao centro e falarnos sobre como a tecnoloxía mellorou as nosas vidas e os nosos traballos. Acompañáronnos Estefanía, Simón e Mónica, Nais e pai do alumnado de 3º e 4º de Primaria. Os tres fixeron unha exposición dos seus traballos en tres ámbitos diferentes: o forestal, o administrativo e o da saúde bucodental. Gracias a todois eles.

VISITA O NOSO COLE "AYUDA EN ACCIÓN" 17-03-22

A ONG "Ayuda en Acción" que desenvolve un proxecto no noso colexio dende o pasado curso, estivo esta semana no cole para ter reunións co profesorado, a ANPA e o alumnado, para analizar a situación na que nos atopamos e sacar conclusións de que camiño queremos seguir. Moitas grazas por todo!!!!!!

VISITA DE JOSEFINA F. LING. UNHA MULLER ASTRÓNOMA 09-03-22

Fixemos unha actividade máis relacionada co proxecto deste curso. Visitounos unha Astrónoma experta JOSEFINA F. LING, que traballa no Observatorio Astronómico Ramón María Aller en Santiago de Compostela, e cuio principal traballo e observar e estudar as ESTRELAS DOBRES. Tamén é a comisaria da Exposición "Astrónomas" que tivemos exposta no pasillo do colexio. Tivo unha charla cos nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º na Biblioteca e logo cos de 3º a 6º de Primaria. Fixéronlle moreas de preguntas e todos quedamos abraiados coa súa presenza. Picade nas imaxes para ver as fotos de ese día.

Distribuir contido


by Dr. Radut