Skip to Content

2º Curso

TRABALLOS REALIZADOS POL@S NEN@S DO 1º CICLO SOBRE O PROXECTO DOS INUITS

 


Este curso, os/as alumnos/as de 1º ciclo de E.P., estamos traballando a Cultura dos INUITS. Para elo vimos a película "Nanook, el esquimal", e con anterioridade ollamos libros sobre este tema, que se atopan expostos no centro. Os nenos/as de 1º curso, fixemos a nosa propia AURORA BOREAL, que nos quedou moi bonita. Seguirémosvos informando de todos aqueles traballos que vaiamos facendo.


   


Estivemos investigando como se alimentaban e descubrimos que cazaban caribúes, focas, morsas, bois almiscleiros e osos polares entre outros animais árticos. Para facelo utilizaban o arpón kakivak , o unaaq e máis modernamente rifles.



Cos animais que cazaban, ademáis de comida aproveitaban as peles para facer roupa, os dentes cairos das morsas para facer unha especie de gafas de sol, os cornos para coitelos,...


Os alumnos de 1º ciclo, fixemos o noso propio INUKSHUK, un monumento da Cultura Inuit. Podedes ver máis información na folla que aparece a continuación. Pinchando na foto de grupo, veredes máis fotos de traballos realizados na clase.



         

Os Tiburóns

Os tiburóns caracterízanse por ser grandes predadores mariños cun esqueleto cartilaxinoso, múltiples fendeduras branquiais  (xeralmente cinco) ós lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbles na boca. Existen excepcións a estas características, en especial no que se refire a "grande", "mariño" e "predador". As quenllas inclúen dende variedades pequenas das profundidades mariñas, ata o tiburón Balea, o maior dos peixes, pénsase que pode chegar a 18 m de lonxitude e aliméntase soamente de plancto. O tiburón Touro pódese desprazar a lagos de auga doce e algúns ataques de tiburóns aconteceron en ríos. Algunhas das especies maiores, en especial o Mako e tiburón Branco, son homeotermos capaces de mante-la súa temperatura corporal por riba da que se atopa o medio acuático no cal viven. (WIKIPEDIA)



 Documentos Internet:


http://blogs.lavozdegalicia.es/vamosalargar/2010/05/09/319/


http://www.casaciencias.org/aquarium/


http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/05/00031196851202287250259.htm


http://www.retrincos.info/artigo/2010/06/24/ciencia/mitos-verdades-tiburones/2010062401012400538.html


http://marenostrum.org/vidamarina/animalia/peces/tiburones/index.htm


http://tiburonpedia.atspace.com/


http://usuarios.multimania.es/aguasprofundas/tipo.html


http://www.elportaldelosbarcos.es/portal/pagina_submenu.php?opcion=253&id_menus=28&id_submenu=253


 


Videos:


http://www.youtube.com/watch?v=luNdsQ2runo


http://www.youtube.com/watch?v=ruLTaeiaeaE&feature=fvwrel


http://www.youtube.com/watch?v=12FLT0FdE8w


http://www.youtube.com/watch?v=eqoT19c1Eq8


http://www.youtube.com/watch?v=Boq-2sOFmv4

CONTACONTOS DE 2º "Paco Papán"

Os/as alumnos/as de 2º curso de ed. primaria levaron a cabo o venres día 21 de maio ás 13 horas na aula de audiovisuais, a escenificación do conto "Paco Papán" para o resto do alumnado do colexio. Posteriormente interpretaron unha canción ante a atónita mirada de todos os seus compañeiros. 

Distribuir contido


by Dr. Radut