OS PAIS NO CENTRO/PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA
Existe unha boa colaboración cos pais. Iso maniféstase en varias accións:
A nivel individual asistindo as citas que se fan dende as titorías, equipo directivo e departamento de orientacióN. A nivel colectivo. Na asistencia ás reunións cos titores/as, ás charlas da Escola de Pais, na asistencia a actividades culturais do centro, ás xornadas de convivencia…
Destacar a colaboración desinteresada de 47 familias (representan un alto porcentaxe deste séctor) na vixiancia dos nenos no comedor. Recordar que dende fai 3 cursos e por unanimidade, os pais/nais colaboradores, decidiron crear unha conta con todos eles titulares e acordaron que figuraran como autorizados para facer movementos na conta as nais e pais representantes das familias no consello escolar. Dende fai 2 cursos os abonos polas gardas realizadas, son ingresados nesta conta conxunta. Con estos ingresos que financianse: excursións escolares, actuacións culturais, xornadas de convivencia, etc…
Destacar moi especialmente, o labor que ven realizando a asociación de nais e pais ANPA “San Cosmeiro”, colaborando co colexio na mellora das instalacións, colaborando e financiando actuacións de títeres, teatro…, na organización de actividades culturais do centro (entroido, magosto…), nas xornadas de convivencia que vimos celebrando dende fai 5 cursos (ruta de senderismo, actuación cultural, comida de convivencia…).
Ademais para os rapaces e rapazas, están a organizarse actividades. Ata o de agora hai programadas:
ACTIVIDADE | LOCAL | DÍAS | HORARIO |
Informática | Sala de informática | Luns | 16:30 a 17:30 horas |
Piscina | Piscina municipal do concello de Santa Comba Pendente do comezo | Venres | 19:15 a 20 horas
|