Skip to Content

CURSO ESCOLAR 2017-2018

REVISTA "O SANCOSMEIRO" Nº 30 E GUÍA DE LECTURA PARA O VRAN

Picando nas imaxes poderedes ver o nº 30 da nosa Revista "O SANCOSMEIRO" e a guía de Lectura que preparou Susi para o verán. Boas vacacións a todos e ata a volta.

  

FESTIVAL FIN DE CURSO 21-06-17

No seguinte enlace (picando na foto), poderedes ver tódalas fotos e os vídeos das diferentes actuacións do FESTIVAL DE FIN CURSO 16-17 celebrado no centro o xoves día 21 de xuño de 2017, que tivo coma fío conductor a nosa temática do Proxecto Anual que este ano foi sobre a MÚSICA.


TRABALLOS DE INFORMÁTICA DOS NENOS DE SAN COSME 16-17 (AQUELAR)

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades levadas a cabo polos/as participantes da actividade extraescolar de informática durante o curso escolar 2016-2017. Esta actividade atópase xestionada polo centro Aquelar, Psicoloxía, Educación e Xestión de Actividades a través da ANPA do C.E.I.P. Víctor Sáenz e conta con Leticia González Rama como monitora para levala a cabo. Picade na imaxe para ver a Páxina web onde aparecen os traballos.

UN DÍA DE ROCK & ROLL CON VÍCTOR 09-06-17

O venres día 9 de xuño, visitounos Víctor de Laxe. Ademais, Víctor é un músico profesional namorado do rock, e por iso aceptou a invitación que lle fixemos: facer un percorrido pola historia deste estilo musical. Foi así como, a través de vídeos e de pequenos fragmentos musicais que tocaba o propio Víctor (coa guitarra, o baixo ou a harmónica) puidemos ver e escoitar como evolucionou o rock desde os seus comezos ata agora. E incluso nos amosou como se baila o rock and roll, aínda que aquí o público amosouse un pouquiño tímido... Tamén cantamos con Víctor as cancións que nos propuxo ter preparadas ("La plaga" e "Rock del primitivo"), aínda que ao final moitas das nenas e nenos conseguiron que o noso invitado tocara os acordes de cancións que coñecían moito mellor. E rematamos baixando ao patio para montar unha curta batukada, xa que o tempo non deu para máis. Moitas grazas Víctor!!! Para poder ver as fotos de ese día preme AQUÍ.

   

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COS MONICREQUES DE KUKAS 05-06-17

O 5 de xuño é o "Día Mundial do Medio Ambiente", e para celebralo o Concello de Santa Comba invitounos a ver Os Monicreques de Kukas que representaron, no Auditorio do Edificio Multiusos, a historia "O encoro enmeigado". Desfrutamos moito con este espectáculo desta compañía creada en 1979 por Marcelino de Santiago "Kukas" e Isabel Rei, a máis antiga de Galicia. Todas as persoas que asistimos á representación desfrutamos dunha posta en escena moi fermosa e coidada (as luces, a música, os movementos dos monicreques...), polo que felicitamos á compañía polo seu traballo e agradecemos ao Departamento de Cultura e Medio Ambiente de Santa Comba pola súa invitación. Para ver tódalas fotos de ese día pica AQUÍ.

      

XORNADA DE CONVIVENCIA 2017 EN SANTIAGO

Este curso faremos a XORNADA DE CONVIVENCIA o venres día 2 de xuño de 2017 en Santiago de Compostela coas seguintes actividades: sairemos do colexio, si o tempo acompaña, sobre as 12 horas para ir nos buses ata Santiago e directamente á GRANXA DO XESTO para que os nenos xoguen no parque coa tirolina e columpios ata a hora de xantar (se chovese, comeriamos no colexio sobre as 13 horas, e despois sairiamos para Santiago). Sobre as 16 horas iremos á SGAE para ver un espectáculo infantil de Títeres Cachirulo baseado no conto de Carlo Collodi "Le aventure di Pinocchio". Ao sair poderemos xantar nese mesmo parque a comida que sobrou do xantar, e posteriormente iremos camiñando cara o Auditorio para que ás 18:30 horas vexamos un Concerto no AUDITORIO DE GALICIA, no que representarán a REAL FILARMONÍA DE GALICIA xunto co ORFEÓN TERRA NOSA (onde actuará o noso compañeiro e mestre de 1º e 2º de primaria Óscar Mato Collazo) a "Sinfonía nº 9 de Beethoven" e para rematar o "Himno de la alegría", dentro do ciclo de concertos para nenos e familias. Logo partiremos nos buses de volta cara a San Cosme. Evidentemente este programa, pode sufrir pequenas variacións ou imprevistos. Para ver tódalas fotos pica AQUÍ.

     

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, OU ACCEDER AO FONDO PÚBLICO 2017-2018

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Picando na imaxe das axudas poderedes ver toda a información relativa a este proceso, e na outra imaxe teredes acceso ao DOG da convocatoria e anexos para cubrir a solicitude e presentala no centro. Estes anexos tamén se vos proporcionarán no propio centro.

 

      

"OS ROCKENSTEIN" MUSICAL DE MALASOMBRA A PICOTA 23-05-17

O martes día 23 de maio, fumos todos (excepto os compañeiros de 5º e 6º que están de excursión na Ribeira Sacra), a un Musical para toda a familia na Aula de Cultura de A Picota para ver a obra teatral do grupo MALASOMBRA titulada "OS ROCKENSTEIN".Tamén asistiu o alumnado dos centros do C.E.I.P. de Pino de Val e o C.P.I. da Picota. Para ver máis información sobre o musical ou sobre o grupo teatral, picade nos nomes ou nas fotos. Para ver tódalas fotos pica AQUÍ.

     

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º E 6º Á FÁBRICA DA LUZ

Hoxe marchaban os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria de excursión de fin de curso á FÁBRICA DA LUZ en Parada de Sil. Ian todos (Iria B., Andrea C., Miriam, Rubén, Andrea L. e Yanira) nunha furgoneta de 9 prazas, alquilada para a ocasión, cos seus mestres Susi e Óscar. Lamentamos profundamente que Iria L., Ainhoa e Álex, non poideran ir por diversos motivos. Estarán no entorno da Ribeira Sacra durantes 3 días (do 22 ao 24 de maio). Desexamos que o pasedes fantásticamente ben. Ata o Mércores!!!!!!Se queredes información sobre a lugar onde van estar, picade na foto.

Pica AQUÍ para ver as fotos do 1º día.

Pica AQUÍ para ver as fotos do 2º día.

Pica AQUÍ para ver as fotos do 3º día.

 

Xa imos tendo as primeiras fotos dos excursionistas. Aquí van:

    

      

OS MAIOS E PREMIOS CARTEIS LETRAS GALEGAS 19-05-17

O venres día 19 de maio fixemos coincidir a celebración dos MAIOS, e a entrega dos Premios do Concurso de Carteis das Letras Galegas 2017. Despois de xantar saimos ao patio e coas frores, xestas e demais cousas que foron traendo os nenos os días anteriores nos puxemos a facer o maio. Unha vez rematado coa colaboración de todos, cantamos unha canción todos xuntos formando unha roda arredor do maio, acompañados coa música do profe Óscar e Susi. Despois fixemos a entrega dos premios do Concurso de Carteis das Letras Galegas 2017. Para ver tódalas fotos pica AQUÍ. E os premiados foron os seguintes:

  • Educación Infantil: ÁNGEL GRILLE CALVELO
  • 1º e 2º de Educación Primaria: MAI VILLAR VILAS
  • 3º e 4º de Educación Primaria: PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS
  • 5º e 6º de Educación Primaria: ANDREA LABANDEIRA OTERO
  • Premio Especial do Xurado: ÁLEX OTERO MOLEDO

  

                                                 

VISITA Ó CASTELO DE VIMIANZO E AS TORRES DO ALLO 09-05-17

O martes día 9 de maio, fixemos unha excursión, só pola mañá, para facer unha visita guiada ao CASTELO DE VIMIANZO (conserva partes do S.XIII, aínda que a maioría pertencen aos S.XIV e XV), e para visitar posteriormente AS TORRES DO ALLO, mediante unha teatralización do Grupo OS QUINQUILLÁNS. A primeira hora recorrimos tódalas dependencias (na actualidade acolle unha mostra permanente de artesanía popular) do Castelo de Vimianzo, tamén coñecido como Torres de Martelo, ás que nos ía levando e explicando o guía. Logo paseamos cos mestres polas distintas salas do Castelo e mesmo subimos á Torre do Homenaxe e paseamos polas almeas do castelo, onde nos esperaba unha fantástica vista. Máis tarde fumos Ás Torres do Allo (Concello de Zas), onde nos recibiron cunha teatralización do Grupo Os Quinquilláns, que nos serviu de guía por un dos pazos máis antigos de Galicia, construído na 1ª metade do S.XVI polo Fidalgo Gómez de Rioboo Vilardefrancos. Ao remate demos un pequeno paseo polos arredores do pazo ata chegar de volta a xantar ao colexio. Tamén ides ver as fotos dunha noticia da Voz de Galicia (edición Carballo), feitas polo fotógrafo José Manuel Casal (pica AQUÍ).

Fotos Castelo de Vimianzo AQUÍ. Fotos das Torres do Allo AQUÍ.

             

HÉCTOR LORENZO "Cousas de papá" 05-05-17

O venres día 5 de maio visitou o noso centro HÉCTOR LORENZO, que xa estivera no noso centro hai dous anos. Presentounos o seu novo traballo "Cousas de papá", libro de poemas escritos por Raúl Gómez Pato e ilustrado por Blanca Barrio. Por suposto musicado polo noso invitado. Se queredes ver tódalas fotos de ese día e os vídeos, picade AQUÍ.

   

VISITA DO BARDO ABELARDO 04-05-17

A través do Consorcio Editorial Galego, visitou o noso centro o xoves día 4 de maio, "O BARDO ABELARDO", na persoa de Servando Barreiro, que nos amosou a súa proposta didáctica, xunto co seu repertorio de cantigas tradicionais acompañado da súa concertina. Tamén rendiu un homenaxe a Carlos Casares, no ano que se lle adica o Día Das Letras Galegas 2017, a través dun percorrido audiovisual pola vida e obra do autor. Tamén nos deleitou con contos sobre as obra infantiles máis coñecidas de Carlos Casares como "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" ou "A galiña azul". Escoitamos a historia de Leoncio o inventor da Bomba da Felicidade e outras historias. Se queredes ver as fotos e os vídeos de ese día, picade AQUÍ.

  

TÍTERES CACHIRULO "DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ" 26-04-17

Visitou o noso centro a COMPAÑÍA DE TÍTERES CACHIRULO, o mércores día 26 de abril de 2017, coa a súa obra "DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ". Foi na biblioteca do centro para tódolos nenos de 12:20 a 13:30. Despois da función, tódolos nenos pasaron a ver o que se coce na parte traseira do escenario. Quedaron abraiados de tantos cachivaches que alí viron. É un espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que lucen os seus elegantes movementos nun retablo barroco. Si queredes ver de que vai a obra ou para máis información podedes picar no cartel de obra. Para ver tódalas fotos de ese día picar AQUÍ.

       

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 21-04-17

Para celebrar O DÍA DO LIBRO 2017, fixemos varias actividades o venres día 21 de abril pola tarde no patio do colexio, xa que o día era fantástico. Saimos todos ao patio e 1º Susi leeunos a todos o poema que cada ano edita a Consellería de Cultura, Educación e O.U.. Neste caso foi dun texto de Rosalía Fernández Rial. Despois cantamos e bailamos todos nun círculo a canción "O Libro Máxico" do grupo Migallas. E para rematar fixemos os apadriñamentos e amadriñamentos lectores, nos que os nenos maiores lenlle un conto aos máis pequenos en calquer lugar do centro elexido por eles, e rematan facendo entre os dous un debuxo sobre a temática do libro. Durante a vindeira semana, farase nas titorías unha actividade de creación de marcapáxinas. Para ver as fotos picada nas imaxes.

      

VISITA DE JOAQUÍN CASTAÑO-MINDFULNESS CON NENOS 21-04-17

Tivemos a gran sorte de contar no centro coa presencia de JOAQUÍN CASTAÑO, o venres día 21 de abril en xornada de mañá, para facer cos nenos sesións de mindfulness e xogos nas respectivas aulas. Antes do recreo fixo unha sesión con 1º e 2º de primaria e despois con 3º e 4º de primaria. Despois do recreo tocoulles o turno a Infantil e 5º e 6º de primaria. Tamén fixemos unha sesión de mindfulness no comedor do centro antes de que os nenos comezaran a xantar. Foi unha mañá fantática e diferente. Joaquín xantou con nós, degustando así os manxares que elaboran as nosas cociñeiras día tras día,  e pola tarde sumouse ás actividades que tiñamos previstas para a celebración do Día do Libro. Pica nas fotos para ver tódalas fotos de ese día. Se queres ver vídeos pica AQUÍ.

     

ACCIÓN DE VERÁN 2017. CAMPAMENTOS DE VERÁN.

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2017. Para ver toda a información pinchade na imaxe. 

VISITA DE CONCHA BLANCO AO CENTRO 05-04-17

Recibimos a visita da escritora CONCHA BLANCO, no noso centro, unha das escritoras en lingua galega máis coñecidas. Despois do recreo xuntámonos todos na Biblioteca e tivemos unha charla con ela. Logo asinou libros a aqueles rapaces/as que tiñan algún exemplar dela o do colexio. De seguido tódolos nenos tiñan gañas de facerlle preguntas, e ala fumos cunha batería de preguntas feitas por alumnos de tódolos cursos, ás que respondeu gostosamente. Para rematar, e antes de asinar no noso libro da Biblioteca, cantamos e lemos o poema "Un, dous, tres" do seu libro "Do, Re, Mi, Fantasía". Tamén os nenos de infantil agasallaron á escritora cuns debuxos elaborados na clase para a ocasión. Para ver máis fotos picade nas imaxes.

  

CHARLA DA ASOCIACIÓN ÁLCER PARA ENFERMIDADES DO RIL 16-03-17

O xoves día 16 de marzo dende as 12:20, tivemos a oportunidade de poder contar no colexio coa Asociación ÁLCER, para falarnos das enfermidades do Ril, para os alumnos de 5º e 6º de educación primaria. Se queredes saber máis sobre esta Asociación e informarvos sobre este xesto tan bondadoso, podedes visitar a páxina web de ALCER premendo na imaxe.

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO. GRUPO ODAIKO NO AUDITORIO 08-03-17

O mércores día 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller, viaxamos á capital galega para asistir a unha actuación do grupo de percusión ODAIKO, que ofreceu un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. Pero antes puidemos facer unha pequena parada na Praza de Abastos, para deleitarnos co peixe, marisco, froita, verduras e hortalizas, pans, queixos, comida recén cociñada, etc. É o 2º lugar máis visiatdo de Santiago. E despois do concerto, demos un paseo pola zona vella, visitamos a Catedral e as prazas que a rodean, o grupo de Infantil fixo unha parada en Correos para enviar varias cartas, saudamos ás Marías, a Valle Inclán e a Rosalía na Alameda, observamos as súas árbores, e descansamos nas escaleiras que dan entrada ao Campus universitario, onde comemos e xogamos un ratiño antes de regresar a San Cosme. Para ver as fotos de ese día, pica en calquera das imaxes.

   

QUEIMA DO MECO E XOGO DAS PIÑATAS 06-03-17

O luns día 6 de marzo pola tarde, queimamos o meco no patio e xogamos ao xogo das piñatas, que non nos dera tempo de facelo no Entroido. Así rematamos este período tan tradicional en Galicia. Pica nas fotos para ver máis.

 

ENTROIDO 2017

Celebramos o ENTROIDO 2017 o venres día 24 de febreiro en horario de mañá. A temática foi sobre a música e en concreto sobre as TRIBUS URBANAS. En educación infantil foron de RAPEIROS, en 1º e 2º de primaria foron de PUNKIS, en 3º e 4º de primaria foron de GÓTICOS e en 5º e 6º de primaria foron de ROCKABILLIES. Todos xuntos saímos a dar unha volta polo pobo de San Cosme, acompañados pola música de Marcos á gaita e Josefa que se arrancou a tocar a pandeireta. Despois subimos ao escenario no comedor para lucir os nosos traxes e bailar as diferentes músicasdas tribus. Sacamos fotos e para rematar xantamos todo aquilo que trouxeron as familias para conmemorar ese día de Entroido: orellas, filloas, rosquillas, etc... Picando AQUÍ poderedes ver as fotos de ese día.

   

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-17

Conmemoramos este día o 180 aniversario do nacemento dunha das escritoras máis importantes da nosa literatuta, ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela 1837-1885). Por iso decidimos celebralo, elaborando unha careta de Rosalía e escribindo e cantando un dos poemas máis versionados "Negra Sombra" (1880). Para ver tódalas fotos de ese día pica AQUÍ. E podes ver máis información no noso blogue da biblioteca picando AQUÍ.

       

EXCURSIÓN PALACIO DA ÓPERA EN CORUÑA "HISTORIA DO MAR" 21-02-17

O martes día 21 de febreiro fomos de excursión todo o colexio a Coruña. Os nenos de Ed. Infantil viron o AQUARIUM, e os alumnos de Primaria asistiron ao PALACIO DA ÓPERA DE CORUÑA, para ver "HISTORIAS DO MAR" representado pola ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA e coa narración de KIKO CADAVAL. Logo fomos xantar ao Monte de San Pedro (pica para ver máis fotos), para despois de xogar un rato voltar para o centro. Para ver vídeos poca AQUÍ. E para ter máis información visita o nosoi blogue da Biblioteca ou pica AQUÍ.

   

  

  

EXCURSIÓN A CORUÑA. TEATRO COLÓN. A FRAUTA MÁXICA. 14-02-17

O martes 14 de febreiro de 2017, fomos todo o colexio A Coruña, para ver no TEATRO COLÓN unha adaptación da Ópera de Mozart para nenos titulada "A Frauta Máxica", a través do grupo Ferroteatro. Posteriormente visitamos A DOMUS, antes de xantar.

 

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2017-2018

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-18

 

DÍA DA PAZ 30-01-17

Celebramos o DÍA DA PAZ o luns día 30 de xaneiro de 2017 en horario de tarde, facendo unha serie de actividades cos alumnos no pasillo do centro a través da música de Beethoven coa súa "Oda a alegría". Disfrutamos moito compoñendo parte desta partitura e logo bailamos coa canción "Don Melitón". Preme AQUÍ para ver as fotos de ese día.

   

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS OUTES 27-01-17

O venres día 27 de xaneiro de 2017 celebrouse na Serra de Outes a Fase Intercomarcal de Campo a Través, para a que se clasificaron do noso centro, PAULA BARCIA (3º), JORGE OTERO (3º) E MIGUEL BARRUL (3º). Fixérono fantástico a pesar da gran cantidade de choiva que caeu durante a carreira. Noraboa aos tres!!!!!! Picade AQUÍ para ver as fotos e AQUÍ para ver os vídeos da entrada en meta dos tres alumnos.

                  

EXCURSIÓN AO MACUF NA CORUÑA 20-01-17

O venres día 20 de xaneiro de 2017, fumos todo o colexio de excursión á Coruña para visitar o MACUF.Mentres os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º facían unha visita guiada ás exposicións de Rubén Ramos Balsa "El doble de la mitad" e de Juan Luis Moraza "Trabajo absoluto", os máis pequenos do cole, os de E.I. e 1º e 2º, facian un obradoiro sobre o medo os cales comerían posteriormente convertidos en chocolate. Despois fumos xantar ao Monte de San Pedro e os nenos disfrutaron coas vistas e co fantástico día que fixo. Preme na foto para ver todas as de ese día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut