Celebramos o SAMAÍN o mércores día 30 de outubro durante toda a xornada. Pola mañá en horario de 11 a 12, realizáronse no comedor do centro uns OBRADOIROS DE MENÚS DE SAMAÍN, co fin de elaborar certas recetas "de medo" para xantar no recreo. Eiquí tedes unha mostra. PARA VER MÁIS FOTOS DOS OBRADOIROS PICA NA CÁMARA.
Tamén se levou a cabo o CONCURSO DE CABAZAS, que se fai tódolos anos, con gran participación por parte de todo o alumnado. As cabazas gañadoras, por ciclos, foron as seguintes. Tamén temos unha foto dos gañadores. Noraboa a tod@s!!!!!!!
GAÑADORES NO CONCURSO DE CABAZAS 2013
INFANTIL: Paula Barcia Blanco 1º CICLO EP: Ainhoa Cal Currais 2º CICLO EP: Alex Insua Moldes 3º CICLO EP: Daniel Antelo Rey Tamén celebramos o IV CERTAME DE RELATOS DE MEDO sendo os gañadores os seguintes alumnos: INFANTIL: Todo o ciclo 1º CICLO EP: Ángelo Damián Gómez Domínguez 2º CICLO EP: Gabriel Romero vecino 3º CICLO EP: Sandra López Peón Os relatos de medo gañadores neste IV Certame, podédelos ver no noso blogue da biblioteca.