Curso 2010-11
FESTIVAL DE NADAL: Panxoliña 1º
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mér, 12/22/2010 - 13:56sentímolo, flash non está dispoñible.
FESTIVAL DE NADAL: Panxoliña Ed. Infantil
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mér, 12/22/2010 - 13:51sentímolo, flash non está dispoñible.
Bo Nadal!
Enviado por Filo o Mar, 12/21/2010 - 19:29As nenas e os nenos de 4 anos desexámosvos....Bo Nadal!
A NOSA PARROQUIA
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mar, 12/21/2010 - 00:45sentímolo, flash non está dispoñible.
MERRY CHRISTMAS
Enviado por Anónimo o Dom, 12/19/2010 - 21:47Esta é a panxoliña que aprendemos este ano na aula de Inglés. Bo Nadal e Feliz Ano!
XORNADA DEPORTIVA CO COLEXIO ANXO DA GARDA
Enviado por mikelez o Xov, 12/16/2010 - 01:14O mércores 15 de decembro visitounos o Colexio Anxo da Garda de Nigrán para compartir, durante case toda a mañá, unha xornada deportiva onde os nenos/as de 4º, 5º e 6º xogamos ao hockey, bádminton, brilé, fútbol, voleibol, balonmán e baloncesto. O máis salientable desta actividade foi o exemplar comportamento dos dous colexios tanto dentro como fóra da pista e comprobar os valores que transmite o deporte. Parabéns!!!
No vídeo de arriba podemos comprobar o ben que o pasamos.
sentímolo, flash non está dispoñible.
1º CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mar, 12/14/2010 - 19:52O día 21 de setembro convocouse desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, o I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO.
Neste centro participamos, resultando finalista, Martín Vilas Vicente, xunto con outros 4 alumnos de distintos centros de toda Galicia.
Estes alumnos están convocados a un acto de lectura pública que terá lugar o día 16 de decembro, en Santiago de compostela, no que se resolverá a fase final do concurso.
Se queredes máis información (premede aquí)
BOA SORTE MARTÍN!
Seguiremos informándovos.
O Samaín
Enviado por Anarosa o Lun, 12/06/2010 - 14:30Chegou o Samaín e nós pasámolo en grande: Decoramos a escola con vampiros, morcegos e cabazas monstruosas
Fixemos unhas deliciosas e terroríficas arañas.
Decoramos unha cabaza e observámola por dentro.
Asustamos a todos coas nosas carautas.
UUUUUUUUUUU!!!!!!!!!!!
Coñecemos a nosa parroquia
Enviado por Anarosa o Xov, 11/18/2010 - 22:47Os nenos e nenas do 1º ciclo visitaron La Melosa, unha pastelería- confitería de Vincios na que podemos degustar uns doces deliciosos.
Alí realizaron a súa investigación: como se traballa nunha pastelería, que preparan en La Melosa, en que consiste o seu traballo, cantas horas teñen que lle dedicar...
Foi moi instructivo e, ademais, os nenos e nenas ata cociñaron e degustaron, estaba todo boísimo.
Grazas a La Melosa pola súa colaboración, aprendemos moito.
Aprender pode ser moi divertido!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »