CAMPAMENTO DE VERÁN "OS VINCIOCAS 2022"
Estimadas familias, queremos informarvos sobre o Campamento de Verán "Os Vinciocas" que organiza a Asociación de Veciños Galiñeiro - Centro Cultural de Vincios e que se desenvolverá nas instalacións do colexio. O campamento dará comezo o 27 de xuño e rematará o 31 de agosto en horario de 9:00h a 14:30h con opción de aula matinal e/ou comedor (horario ampliado de 8:00h a 16:00h). A inscrición poderá ser por semana, quincena ou mes completo. Os socios/as da ANPA terán prezo especial de socios/as. No seguinte enlace podedes descargar as inscricións e deixalas no buzón da ANPA ou ben entregalas directamente na Asociación Veciñal.
Tamén podedes consultar clicando aquí o programa de actividades a desenvolver.
Saúdos
A ANPA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude Inscrición Campamento Vincios 2022.pdf | 106.5 KB |
Cartel Campamento Vincios 2022.pdf | 336.34 KB |
Programa Campamento Vincios 2022.pdf | 187.75 KB |