Saltar navegación.
Inicio

Información para as familias

PLAN DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2021-2022 / INFORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

Comezo das clases: O comezo das clases para o curso 2021-2022 será o día 9 de setembro, agás para o alumnado de 3 anos que comezará ao día seguinte co período de adaptación segundo lle corresponda. 

 

Información xeral para as familias relativa á organización e funcionamento do centro:Entrando no documento que aparece a continuación poden acceder á información necesaria que todas as familias deben coñecer (horarios e portas de entrada,reunións iniciais, titorias, organización...)

 

 

 

FONDOLIBROS. PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Publicadas Listaxes Definitivas de Fondolibros para Educación Primaria.

Os interesados poden consultar o expediente:

1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.

2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS

Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.

Os interesados poden consultar o expediente:

1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.

2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.

Prazo de reclamacións: As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao desta publicación.

 

 

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións 2/2021 que regulan o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2021/2022, todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor dende o 30 de xuño ao 8 de xullo de 2021.

A continuación deixámoslle acceso á circular coas instruccións necesarias para realizar a solicitude, así como o acceso a Autodeclaración Responsable e á Solicitude de colaboración no comedor:

PRAZO: As solicitudes recolleranse ata o día 8 de xullo de 2021.

Un saúdo

A dirección

 

O PASO DE INFANTIL Á PRIMARIA

Ola familias e alumnado!

O comezo de cada etapa educativa sempre conleva cambios e adaptacións á nova realidade. Por estas razóns, o Departamento de Orientación elaborou unhas pautas para axudarvos a afrontar cada unha das etapas educativas.

Agardamos que vos sexa de utilidade.

Un saúdo.

ABERTO O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022

Aberto o prazo de Formalización de Matrícula para o alumnado que acudirá por primeira vez a este centro no próximo curso 2021/2022. O prazo remata o 30/06/2021.

Horario de secretaría: Todos o días, de 12:00 a 13:30h.

 

A ENTRADA NA EDUCACIÓN INFANTIL

Para as familias do alumnado que se incorpora por primeira vez á Educación Infantil no CEIP San Vicenzo de Vimianzo, dende o Departamento de Orientación deixamos un dossier con consellos e orientacións de cara ao comezo do curso 2021/2022:

Benvidos e moita sorte!

A Orientadora

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022

Nos seguintes arquivos adxuntos poden acceder ás listaxes dos libros para o curso 2021/2022:

ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Mañá, venres 21 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021.

 

Poden consultar toda a información no arquivo adxunto

* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.

 

 

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

Todo o alumnado solicitante de admisión obtivo praza neste centro para o curso 2021/2022.

 

Poden consultar as listaxes provisionais:

 

  • Presencialmente. Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.  

 

  • Telemáticamente. Única e exclusivamente a través da aplicación  admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

Distribuir contido