Saltar navegación.
Inicio

ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

PUBLICACIÓN DOS BOLETÍNS DE NOTAS DA 2ª AVALIACION:

A partír do venres día 3 de abril, as familias poderán ver os boletíns de notas da segunda avaliación a través da aplicación AbalarMOBIL. As indicacións para instalar a aplicación foron enviadas ás familias na segunda avaliación a través de unha circular á que poden acceder pinchando aquí:

 * As familias que teñan dificultades para instalala debido ao número de teléfono deberán comunicarllo aos titores para que informen ao equipo directivo e poder solucionalo.

AXUDAS DIRECTAS A USUARIOS GRATUÍTOS E SEMIGRATUITOS DE COMEDOR ESCOLAR:

O luns día 30 de marzo publicarase a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos (pago de 1 euro) de comedor escolar no Diario Oficial de Galicia. As axudas están destinadas a satisfacer unha compensación  de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €) no casos dos usuarios con gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos  que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo de comedor. Os beneficiarios teñen ata o día 6 de abril para formalizar as peticións. As solicitudes poderán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia, ao que poden acceder a través do seguinte enlace: 

Para ter acceso á Orde con máis información prema no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanvicenzo/system/files/ORDE_do_27_de_marzo_ALERTACOMEDORES

No seguinte enlace pode atopar a información resumida e que recolle as preguntas máis habituais. No punto 7 recóllese como é o procedemento para tramitar a axuda:

Para atender dúbida ao respecto atenderémolos no teléfono do centro 881 866 532 en horario de 10:00 a 12:00 h ao longo desta semana. Non se atenderá de forma presencial.

CARTA ÁS FAMILIAS:

No seguinte enlace poden acceder á circular, elaborada polo Claustro, onde informamos ás familias sobre como consideramos que debemos actuar ante a difícil situación que estamos vivindo e como podemos colaborar para ofrecerlles asesoramento e apoio escolar, tendo en conta os medios cos que contamos no noso centro:

Prema aquí:

 

* Na publicación que lle segue a esta seguiremos actualizando os contidos achegados por cada mestre para as distintas áreas. As actualizacións engadiranse nos espazos creados para os grupos e especialidades a modo de enlaces.