Skip to Content

Educación infantil

Visita da ilustradora Patricia Padulles en Infantil

O pasado 18 de abril os nenos e nenas de educación infantil, gozaron da visita da ilustradora Estefanía Padulles que  nos presentou o seu último traballo:

Aprender a ler é unha das tarefas máis emocionantes na vida dun neno.

Aprender é abrirse ao mundo e os nenos aprenden vivindo e experimentando.

 Hai que insistir na necesidade de mostrar aos nenos pequenos non só imaxes senón tamén boas ilustracións que os estimulen.

Cando se inicia na aventura de ler, os nenos descobren un mundo moitísimo máis amplo, con infinitas posibilidades de vivencias e de información que motivan a súa imaxinación e os seus desexos de aprender e onde o actor é el mesmo e non os adultos. 

 Cando empezan a interpretar as letras e os seus debuxos a súa imaxinación voa con liberdade observando minúsculos detalles que probablemente a vista do adulto pasa por alto.

 Cando un neno abre un libro sente atracción polas súas ilustracións xa que comprende as súas mensaxes antes que ningún outro idioma.

O texto e a imaxe compleméntanse para facilitar ao neno a mellor comprensión da lectura.

 

"Rompendo estereotipos" en Educación Infantil

Hai uns días celebramos o día da muller co lema ROMPENDO ESTEREOTIPOS, onde os nenos de infantil puideron ver que "bailar" profesionalmente non só fano as mozas.
O 8 de marzo puidemos contar coa axuda dos bailaríns de 
Gravity, e os nenos pasáronllo xenial aprendendo un BAILE, vese no seguinte vídeo:

 

 

" Os Indios"

Emmarcado dentro do proxecto "OS INDIOS", os nenos e nenas de 5 anos completaron a súa experiencia construíndo un poboado indio, un gran "tipi" e unhas bolsiñas.

 

Para iso foron recolectando paiños, terra, musgo, follas... e demais materiais que foron atopando na natureza.

Compuxeron o seu propio "tipi" decorándoo con pinturas de distintas cores e motivos alusivos.

 

 

Así mesmo elaboraron "Totems" con materiais de refugallo:

Este é o resultado final:

 

 

 

Os nenos e nenas de 5º Educación Infantil inventamos contos

 

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil inventaron un conto a través dunhas caixas de zapatos e despois contaronlle os alumnos/as de 5º e 6 º de primaria.

Podedes ver todo o relato do conto, neste video:

 

Apicultura. Facendo unha colmea

Continuando co aprendizaxe dos oficios, traballamos na apicultura facendo unha colmea, que é onde habitan as abellas e fan o mel e a cera:

E ata cada un poido facer as súas propias abelliñas:

Inventamos contos en Infantil,5 anos

Presentámosvos un collage feito pola nosa compañeira Silvia no que se recolle dun xeito moi atractivo un resumiño dos contos que foron ideando e máis tarde representando.

Lembrades o día que veu a tele ao cole?Pois est@s son os artistas que contaban a historia diante das cámaras como se fosen actores e actrices profesionais !

Moitas grazas por este traballo tan ben feito e por enviarnos esto tan bonito ,a tod@s !

 

Escribimos o nome,Infantil de 3 anos

Dirán algunhas persoas que a lectura e a escritura en Infantil -e máis se se trata de alumn@s de 3 anos - é algo moi difícil de acadar.Pero esquecen o impacto que as novas tecnoloxías provoca nestas idades  tan temperás.

 

Aprender a escribir o noso propio nome empeza por recoñecer as letras que o compoñen,por ler esas letras,sinalalas,facer o trazo no aire...Se a todo iso lle poñemos unha música atractiva que che vaia estimulando os acertos nunha pizarra dixital como a desta aula,só queda practicar !

 E lembrade que o reforzo nas familias é fundamental para el@s !

Froita no recreo de Infantil

Esta primeira semana de reparto de froita no cole foi todo un éxito ! E debedes saber que non só estamos conseguindo que se alimenten dun xeito máis saudable,senón que tamén facemos fincapé na sicomotricidade fina ou hábitos de hixiene ao ter que pelar estas mandarinas...coa axuda das profes,claro!

Mirade este grupo de nenos e nenas de 3 anos,totalmente autónom@s,concentrándose en facelo o mellor posible ! De seguro que algún adult@ quedará abraiad@ ao ver como o fill@ come no seu mantel individual con total normalidade !  Un traballo na escola que se complementa na casa con naturalidade,e todos content@s !

Entroido en Infantil

Despois de longas  pero moi produtivas sesións de traballo, o resultado cos disfraces de Infantil non podía ser mellor ! Ollade est@s pescadores coa súa cana lista para lanzar:

E que dicir d@s apicultores ,non lles falta detalle ! Xa os veredes no Desfile de Antroido como locen os seu traxes  ao son da música! 

E xa só faltan os máis pequen@s,eses xastres e costureiras que fixeron moito máis colorido o noso Entroido en Paradai ! Grazas a tod@s !

Moitas grazas tamén ás familias pola vosa colaboración  !

animación

DÍA DA PAZ EN INFANTIL

Chegaron os picariñ@s de Infantil ao edificio principal do cole moi

ilusionados por participar no día da Paz

Esperaron a súa quenda moi formaliños

Tanto os maiores coma os máis pequen@s

E seguían espreando mentres se colocaban os seus traballos

 

 

I

Para rematar lendo con moito xeito !

 

 

5 ANOS A e B NA BIBLIOTECA

Como parte da programación de animación á lectura,o alumnado de 

Infantil de 5 anos A e B asistiu a un espectáculo moi especial: a 

teatralización do conto A min non me comas!.

Os actores e actrices foron un grupiño de 5º A

Pasaron máis risas que medo!

VENRES LÚDICOS

Chega outro xeito de xogar coas palabras na aula  da man dos pícar@s de 5 anos A e B :

 

Mais tamén hai tempo para o tradicional :

 

 ou o sempre divertido Twister!

 

 

 Botádelle un ollo premendo AQUÍ

 

PROXECTO DE INFANTIL

Emezan o 2018 os nenos e nenas de 5ºA de Infantil coa forza dos

MARES!

Van seguir traballando por proxectos e desta vez tócalles a Auga.

Mirade que ben lles quedou !

 

Decidiron elexir como fío condutor entre  o 1ºtrimestre e o 2º,

diferentes seres máxicos da auga e de aí saíron estas fermosas

sereas e tritóns no seu recreo do fondo do mar ...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut