Skip to Content

Educación infantil

Visita a nova biblioteca

O pasado mes de outubro, despois de meses preparando a sorpresa, os alumnos e alumnas de INFANTIL, 1º, 2º e 3º de PRIMARIA, coñeceron a nova Biblioteca.

 

 

Para ese día tan especial para o noso Centro, contamos cunha contacontos, Alba, que nos deleitou co conto "Oito patas":

 

Os nenos e nenas gozaron da historia:

e tamén dicir, que polas caras de sorpresa que tiñan ao entrar, encantoulles a NOVA BIBLIOTECA!!!

 

 

infantil 3 anos : Proxecto peixes.

Como remate final do proxecto  levado a cabo neste último trimestre, -"Cabaliño de mar"- , elaboramos un acuario cos principais animais que estudiamos...

                         E quedounos así de ben !

                                                Hai  polbiños e corais...

                    Peixes espadas e cabaliños de mar...

                                       Fixemos varios acuarios...

... E así posamos moi orgullos@s dos nosos traballos !

                         Infantil , 3 anos

Infantil 3 anos e as tartarugas

Nesta ocasión os nenos e nenas de 3 anos Infantil estudiamos as tartarugas.

Sorprendeunos saber que os cangrexos son depredadores delas.

Esta é a tartaruga que fixemos na clase,esperemos que vos guste !

 

 

Taller de filloas

 

Outro taller que fixemos os nenos e nenas de 5 anos foi o das filloas.

Despois de oir a explicación, escribimos ou debuxamos nun folio as cousas que necesitábamos para facer unhas boas filloas.

 

Despois pasamos á acción. Comenzamos por medir todos os ingredientes da receita: auga, leite, ovos, fariña...

 

Despois chegou o turno para bater toda a mixtura.

Que canso é esto de bater!

 

 

Despois de quedar a masa ben finiña, Charo púxose a facer as filloas.

 

 

Esta saiu cunha forma ben curiosa.

A quen semella?

 

E despois de poñerlles un chisquiño de azúcar, puxémonos a comelas.

Que ricas que estaban!

 

 

 

 

A ver se podedes ver o vídeo.

 

Taller Picassiano

Neste segundo trimestre os nenos e nenas de 5 anos estamos a facer cousas no “Taller de Picasso”; Pablo, para os amigos.

Empezamos cos “selfies”; perdón, autorretratos, pois fixo moitos e con diferentes estilos pictóricos ao longo da súa vida. Xa empezou de moi novo a argallar cos trebellos de pintura, vendo ó seu pai pintar. De feito, facíao tan ben que moitos de nós pensamos que pintaba mellor de neno que de maior. O que pasa é que a el gostáballe debuxar e pintar coma nós; dixo de sí mesmo: ”…dende neno pintaba como Rafael, pero levoume toda unha vida aprender a debuxar como un neno.”

Así que, ímos ver cómo o facemos ao seu estilo; “Picasso style”.

Que o disfrutedes!

1ª sesión

O primeiro que fixemos foi o noso autorretrato ca ténica do collage:

 

2ª sesión

Cubismo

Despois de rematar os autorretratos comenzamos xogando cos bloques lóxicos e as regretas, para facer figuras e construccións arquitectónicas.

 

E logo tivemos que debuxar as nosas obras de arte:

 

3ª sesión

PERÍODO AZUL

Utilizamos a técnica de esgrafiado para facer algo parecido á obras do período azul:

 

 

TALLER DO ANTIGO EXIPTO COS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

Esta vez atopámonos no antigo Exipto.

Despóis de escoitar historias de momias e faraóns, comenzamos a facer un amuleto da boa sorte: unha cruz exipcia chamada Anj, e que significa Vida.

E así quedaron:

 

 Outro día coloreamos as figuras de dous faraóns e dunha moza exipcia. 

Despois posamos diante da imaxen do faraón. Asemella que nos falou dende o máis aló. Qué susto!

 

 

 Finalmente fixemos un colar exipcio ou Usej; a palabra "usej" significa ancho:

 

 

 

OS NENOS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E A PREHISTORIA

No mes de outubro os nenos e as nenas de 5 anos do Ceip Paradai estivemos a ver a vida dos nosos tatara...tataravós (uff), os Cromañóns, aló pola Prehistoria, cando aínda non inventaran a escrita.

Todos os xoves adicamos algunha sesión ó Taller da Prehistoria: escoitamos o conto de Croniñón, e tamén  cantamos a canción do mesmo nome. Logo fixemos as pegadas coas nosas mans (como se facía nas paredes das covas, ou algo así) en papel continuo de cor marrón, que despois decoramos cun debuxo. Tamén posamos nun "photocall" coas nosas mellores galas, un vestido feito de pel de leopardo, non sí?, e deixamos para o final a construcción dunha maqueta, con plastilina, dun poboado primitivo, anque aínda non está rematada.

Velaquí unha mostra do que fixemos. Esperamos que vos guste:

Por fin temos as fotos da maqueta.

Uns fixemos o chan, as pedras e un río, con peixes, a cova, uns cromañones quentándose na fogueira e asando algun peixe, un bisonte ou unha cabra, vai ti a saber, unha mamá mamut e a súa cría, un dentes de sabre, e qué máis?

E como complemento ás actividades sobre a Prehistoria, realizamos unha visita ao museo provincial de Lugo, onde nos esperaban unhas experiencias moi interesantes.

E asi, damos por rematado esta mostra.

Ata outra, amiguiños!

 

Día das Letras Galegas.

O 16 de maio celebramos no centro o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a María Victoria Moreno.

Comezamos cun recital dos alumnos de 3º sobre a autora:

 

 


E como sorpresa, descubrimos que o noso orientador Francisco Prado, foi alumno de María Victoria Moreno, a quen se lle addica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

A continuación, disfrutamos dunha obra de teatro titulada "CLÍNICA: TODO É UN CONTO", dos alumnos e alumnas de 6º.

 

A sorpresa para os rapaces, foi que ... tiñamos a actuación do MAGO DEIMI!!!

 

Aquí uns poucos voluntarios:

E como remate final do día de celebracións, tivemos contancontos simultáneos, que eran dos propios pais e nais dos nosos alumnos,  en diferentes instalacións do centro:

- No patio azul, os alumnos de infantil:

 

- Na biblioteca, os nenos de 1º e 2º:

 - Os alumnos/as de 3º e 4º , na aula de música:

 - Os alumnos de 5º e 6º na sala de multiusos:

 

 

Visita dunha contacontos ós nenos e nenas de Ed. Infantil

Érase que se era unha contacontos (por cortesía da editorial Edelvives) que veu visitar os nenos e nenas de educación infantil do CEIP Paradai, para contarnos contos marabillosos…De feito, viña vestida como unha princesa das Mil e Unha Noites, e tiña enriba dunha mesa obxectos que parecían máxicos e dos que saían sons engaiolantes.

Presentouse como unha amante dos animais;  dixo que a súa profesión era terapeuta animal, e que de cativa quería ser… cabalo! Cando un ano os Reis Magos a agasallaron cun xogo de indios e vaqueiros, ela desfíxose dos persoaxes e quedou cos cabalos de xoguete: “correde, correde, que veñen os homes”, lle dicía ós cabalos.

Despóis desa introducción viñeron tres contos: O RATO E O LEÓN, A CASIÑA e O SAPIÑO VEXETARIANO. Neste derradeiro conto, axudámoslle a rematar os pareados, porque era en verso.

Gustounos moito a todos, e nos finais dos contos cantamos COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.

Ata outra!

 

Un paseo polo Río Rato

 

O día 24 de maio de 2018 os alumnos de 5º e 6º de Ed. Infantil gozamos dunha saída escolar ao Río Rato, onde  observamos a natureza.

 

Paseamos polo Río Rato e vimos árbores autóctonas: bidueiras, amieiros ou freixos, fervenzas que levaban moita auga, animais: a ra de San Antón, pousada nos ranúnculos, merlos, e moitas prantas que non coñeciamos. Pareceunos todo moi bonito e interesante.

 

Tamén fomos visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño, onde hai salas de exposicións: principiamos na sala de vídeo, onde nos puxeron un vídeo moi chulo para aprender a coidar o noso medio natural. Seguimos coa Sala do Río con artes de pesca tradicionais (batuxo, nasas, redote, etc.), a Sala do Bosque, onde poidemos ver os animais que forman parte da reserva da Biosfera das Terras do Miño e escoitar os seus sons: cegoña, miñatos, lavandeira branca, xabarí, curuxa, lontra, etc.

 

Aquí temos unha escolma das fotos que se fixeron. 

Non deixedes de facerlle unha visita. Paga a pena.

 

Onde está a Wally-Ra?

 Aí onde a vedes, esta ra pequeniña é un indicador biolóxico da calidade da auga dos nosos ríos.


 

 

 

Día do libro en Educación Infantil: ORELLAS DE BOLBORETA

Todo o alumnado de Educación Infantil traballou o libro ORELLAS DE BOLBORETA (Editorial: S.L. KALANDRAKA EDITORA)

"-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro que lles demostre, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables. "

 

Cada clase fixo un debuxo traballando diferentes texturas, que finalmente empregamos para facer este fermoso fondo para fotos:  

 

 

 

 

 

Excursión ao Castelo de Pambre E.I. 4 e 5 anos

29/05/2018 11:00
29/05/2018 12:00

Excursión ao Castelo de Pambre Educación Infantil 4 e 5 anos.

Excursión o Rato Educación Infantil 4 e 5 anos.

24/05/2018 11:00
24/05/2018 14:00

Excursión o Rato Educación Infantil 4 e 5 anos.

Celebrando o DÍA DO LIBRO en educación infantil: CONTACONTOS

O pasado 23 de abril celebramos o Día do libro ao grande, contamos coa colaboración dunha contacontos, Alba Barral:

Leunos o libro "¿Me lo prestas?"

 

 

 

 

Todos os nenos estiveron ben atentos, escoitando a historia:

Ao final obsequiounos a cada un de nós cun marcapáxinas do protagonista do libro que levamos para casa, máis outro que fixemos na clase:

 

Educación Infantil traballando no horto do centro

Neste mes de abril comezamos coas actividades do horto ó aire libre aproveitando a chegada do bo tempo.

A primeira sementa que fixemos foi de cebolas:

Distribuir contido


by Dr. Radut