Skip to Content

Educación infantil

A primeira nevada do inverno

O mércores 18 de xaneiro foi un día moi especial para o alumnado do CEIP Paradai. A estación do inverno trouxo o mellor xogo para os pequenos: as bolas de neve.

 


 


 

 

Magosto en Infantil!

Xa estamos en tempo de castañas, e nada mellor que comelas asadas na festa do Magosto.

Samaín ca bruxa Amalurra

Ja, ja, ja, ... Esta vez tivemos con nós á bruxa Amalurra, que da moito medo, pois veu co Samaín.

Antes mandounos unha carta con instruccións para procurar unha lista de ingredientes moi raros (ollos de dragón, dentes de morcego, escamas de peixe globo, etc.) para facer ela unha pócima moi perigosa na festa de Samaín...

 

 

Visita ao MIHL - A REVOLTA DOS CLICKS

O 27 de outubro visitamos a exposición "A Revolta dos Clicks" no MIHL. Alí, despóis dunha explicación sobre a orixe dos bonecos de Playmobil, poidemos ver maquetas (dioramas) da Galicia medieval: campesiños traballando na terra, pescadores nas súas barcas, pitas e porquiños, a praza co mercado, mosteiros e castelos con damas e cabaleiros, batallas con moitísimos soldados ... 

Qué ben o pasamos!

Outono no noso colexio

Neste mes de outubro, despois de recoller follas e froitos do outono para, ca axuda das nosas familias, facer unhas fermosas manualidades, expuxémolas na entrada do edificio principal. Alí posamos diante delas. 

 

Tamén nos veu visitar unha meiga moi especial, a profe Alba, para contarnos un conto do outono...

 

A CAPILARIDADE DAS PLANTAS

Coa chegada da primavera en infantil fixemos un experimento con caraveis que cambiaron de cor branca a azul.

PLANTACIÓN NO HORTO

Comenzamos a plantación de bulbos e verduras no noso horto.

Día da Paz

 En 6º de Infantil festexamos o día da PAZ empregando a arte de Picasso como medio de motivación e para rematar xornada fixemos unha festa.

 

 

 

 

 

É TEMPO DE NEVE

É tempo de neve e o alumnado de infantil fixeron con ela pegadas e siluetas de animais,bonecos...

BOTELLAS DA CALMA

   Os  nen@s de tres anos elaboraron unhas botellas sensoriais.

As botellas da calma.

ARTE OUTONAL

Os nen@s de infantil utilizaron distintos elementos naturais:follas secas,noces,castañas,piñas...propios do outono para realizar fantásticas obras de arte.

DIVERSIÓN COAS CORES

Os nen@s de infantil fixeron varias actividades lúdicas  para coñecer e experimentar coas cores.

Distribuir contido


by Dr. Radut